Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Ponteceso - ORDENANZA REGULADORA DAS SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE PONTECESO

Publicación provisional : 11-05-2005 BOP Nº 106 -- Publicación definitiva : 11-05-2005 BOP Nº 106
Redacción Aplicable desde 30-05-2005

Redacciones Redacciones
 - Exposición de motivos
 - Título preliminar: As disposicións xerais
 - Capítulo I: Do ámbito de aplicación da ordenanza
 - Capítulo II: Disposicións comúns ás subvencións que conceda o Concello de Ponteceso
 - Título I: Os procedementos de concesión das subvencións
 - Capítulo I: O procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva
 - Capítulo II: Do procedemento da concesión directa
 - Título II: Xustificación e pago das subvencións
 - Título III: O procedemento da xestión orzamentaria e pagamento das subvencións
 - Título IV: Do reintegro das subvencións
 - Título V: Do control financeiro das subvencións
 - Título VI: As infraccións e as sancións administrativas en materia de subvencións
 - Disposición Final
   
  Exposición de motivos  
 

Exposición de motivos

   
  Título preliminar: As disposicións xerais  
 

   
  Capítulo I: Do ámbito de aplicación da ordenanza  
 

Artigo 1 O obxecto

Esta ordenanza ten por obxecto regular o réxime xurídico xeral das subvencións que outorga o Concello de Ponteceso.

Artigo 2 O concepto de subvención

Enténdese por subvención, para os efectos desta ordenanza, toda disposición de diñeiro que realiza o Concello de Ponteceso en favor de persoas públicas ou privadas e que cumpra os seguintes requisitos:

a) Que a entrega a realice sen unha contraprestación directa dos beneficiarios

b) Que a entrega estea suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, á execución dun proxecto, á realización dunha actividad, á adopción dun comportamento singular, xa realizado ou por desenvolver, ou á concorrencia dunha situación

c) Que o proxecto, a acción, a conduta ou a situación financiada teña por obxecto fomentar unha actividade de utilidade pública, de interese social ou de promoción dunha finalidade pública

Artigo 3 O réxime xurídico aplicable

As subvencións que outorgue o Concello de Ponteceso suxeitaranse ao réxime xurídico que recolle o artigo 5 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

   
  Capítulo II: Disposicións comúns ás subvencións que conceda o Concello de Ponteceso  
 

Artigo 4 Os principios xerais

1 A xestión das subvencións que outorgue o Concello de Ponteceso realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos que fixe o Concello de Ponteceso como entidade outorgante

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos

2 O Concello de Ponteceso, con carácter previo ao establecemento dunha subvención e supeditándose ao cumprimento do obxectivo de estabilidade ordamentaria, deberá concretar nun plan estratéxico de subvencións os obxectivos e os efectos que pretende coa súa aplicación, o prazo necesario para a súa concesión, os custos previsibles e as súas fontes de financiamento.

Artigo 5 Os principios específicos

1 Os recursos que o Concello destine ao desenvolvemento anual dos programas convocados na aplicación desta ordenanza financiaraos con cargo ás partidas establecidas para o efecto no orzamento que aprobe anualmente e que terán como límite as súas dispoñibilidades económicas. En todo caso, a concesión das subvencións e das axudas quedará condicionada a que exista dotación orzamentaria adecuada e suficiente para esas finalidades no momento no que resolva, sen que haxa que incrementar os créditos orzamentarios.

2 As axudas ou as subvencións terán carácter voluntario e eventual.

3 As subvencións outorgadas con anterioridade non crearán dereito ningún a favor dos peticionarios e non serán invocables como precedente.

4 Os solicitantes non poderán esixir o aumento da contía da subvención ou da axuda ou a súa revisión, agás nalgunhas circunstancias excepcionais que o motiven.

Artigo 6 Os requisitos para outorgar as subvencións

1 A aprobación das normas que establezan as bases reguladoras da concesión, con carácter previo ao outorgamento, nos termos da Lei 38/2003, xeral de subvencións, da presente ordenanza e da restante normativa de aplicación

2 O outorgamento é competencia do órgano administrativo que a concede

3 A existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente para atender as obrigas de contido económico que se derivan da concesión da subvención

4. A tramitación do procedemento de concesión, de acordo coas normas que sexan aplicables

5 A fiscalización previa dos actos administrativos de contido económico nos termos previstos nas leis

6 O órgano comptente ten que aprobar o gasto

Artigo 7 A competencia para conceder as subvencións

Serán competentes para conceder subvencións aqueles órganos que, de acordo coa normativa do réxime local, sexan competentes autorizar e dispor o gasto correspondente, sen prexuízo das delegacións poida efectuar, nos termos que preve a lexislación local.

Artigo 8 Os beneficiarios e os requisitos para obter esa condición

1 Terán a condición de beneficiarios das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que teñan que realizar a actividade que fundamentou o outorgamento da subvención ou que estean na situación que lexitima a súa concesión.

2 Cando as bases reguladoras das subvencións o prevexan expresamente, poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou de patrimonio separado que, aínda que carezan de personalidade xurídica, poidan realizar proxectos, actividades ou comportamentos ou que estean na situación que motiva a concesión da subvención.

Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, terán que constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución da concesión, os compromisos de execución que asumiu cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que se va¡ aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, haberá que nomear un representante ou un apoderado único da agrupación, con potestades bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiario lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais as persoas nas que concorra algunha das circunstancias enumeradas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 9 As obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións

b) Xustificar ante o Concello de Ponteceso o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como realizar a actividade e cumprir a finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención. O cumprimento desta obriga de xustificar equivale a render contas os perceptores das subvencións á que se refire o artigo 34.3 da Lei 7/88, do 5 de abril, de funcionamento do Tribunal de Contas

c) Someterse ás actuacións da comprobación que van efectuar os órganos competentes do Concello de Ponteceso, aportando canta información lles requiran no exercicio das actuacións anteriores

d) Comunicarlle ao Concello a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberán efectuala tan pronto como a coñezan e. en todo caso, antes de xustificar a aplicación que lles deran aos fondos que percibiron

e) Acreditar, antes de que o órgano competente dite a proposta de resolución da concesión, que están ao comente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social

f) Dispor dos libros contables, dos rexistros dilixenciados e dos demais documentos debidamente auditados nos termos que esixe a lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como de cantos estados contables e dos rexistros específicos que Res poidan esixir as bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control

g) Conservar os documentos xustificativos dos fondos que recibiron, incluídos os documentos electrónicos, en tanto que poden ser obxecto de comprobación e de control

h) Dar axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, das actividades, dos investimentos ou das actuacións de calquera tipo que sexan obxecto da subvención. A forma de realizar esta publicidade concretarase nas bases da convocatoria, nos supostos de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, e nas subvencións nominativas e directas, na resolución da concesión

i) Reintegrar os fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións

l) Cumprir as obrigas particulares que lles impoña o órgano que concede a subvención, de conformidade co que establece a norma reguladora ou, de ser o caso, as bases da convocatoria

Artigo 10 As bases reguladoras da concesión das subvencións



As bases reguladoras das subvencións do Concello de Ponteceso deberaas aprobar o Pleno dentro do mareo das bases de execución do ornamento e desta ordenanza xeral de subvencións, mediante unha ordenanza específica para as distintas modalidades de subvencións. Non é necesaria unha ordenanza especifica no caso das subvencións concedidas de forma directa, nos termos do artigo 22.2 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e dos artigos 16 e seguintes desta ordenanza xeral.

As ordenanzas específicas que recollan as bases reguladoras das subvencións do Concello de Ponteceso conterán, como mínimo:

a) A definición do obxecto da subvención

b) Os requisitos que deben reunir os beneficiarios para obter a subvención e, de ser ocaso, os membros das entidades contempladas no segundo parágrafo do apartado 3º do artigo 11 da Lei xeral de subvencións e o artigo 8.2 desta ordenanza xeral

c) A forma e o prazo de presentación das solicitudes

d) O procedemento de concesión da subvención

e) Os criterios obxectivos do outorgamento da subvención e, de ser o caso, da súa ponderación

f) A contía individualizada da subvención ou os criterios para determinala

g) Os órganos competentes para ordenar, instruír e resolver o procedemento de concesión da subvención e o prazo no que se notificará a resolución

h) A determinación, de ser o caso, dos libros e dos rexistros contables específicos para garantir a adecuada xustificación da subvención

i) O prazo e a forma que ten o beneficiario para xustificar o cumprimento da finalidade para a que o órgano concedente lle concedeu a subvención e para aplicar os fondos que percibiu

l) As medidas de garantía que, de ser o caso, considere preciso constituír a favor do Concello de Ponteceso, os medios de constitución e o procedemento de cancelación

m) A posibilidade de efectuar os pagos anticipados e os abonos a conta, así como o réxime de garantías que, de ser o caso, deberán soportar os beneficiarios

n) As circunstancias que poderán ocasionar a modificación da resolución, como consecuencia da alteración das condicións tidas en conta para conceder a subvención

ñ) A compatibilidade ou a incompatibilidade con outras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos para a misma finalidade, que procedan de calquera administración ou ente público ou privado

o) Os criterios de graduación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións. Estes criterios aplicaranse para determinar a cantidade que finalmente terá que percibir o beneficiario ou, de ser o caso, o importe que vai reintegrar. Eses criterios terán que responder ao principio de proporcionalidade

p) A obriga do beneficiario de facilitar canta información lle requira o departamento que tramita o expediente, a Intervención municipal, o Consello de Contas de Galicia ou outros organismos competentes

q) As disposicións relativas ao financiamento das actividades subvencionadas nos termos do artigo 19 da Lei 38/2003, xeral de subvencións

Artigo 11 A publicidade das subvencións concedidas

1 O Concello de Ponteceso publicará no tableiro de anuncios da Corporación as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario ao que as imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención. Ademais publicará no Boletín Oficial da Provincia un extracto da resolución pola que ordena a publicación, indicando os lugares onde está exposto o seu contido íntegro.

2. Non será necesario publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión das subvencións nos seguintes supostos:

a) Cando as subvencións teñan asignación nominativa no orzamento do Concello de Ponteceso

b) Cando o seu otorgamento e a contía a favor de beneficiario concreto resulten impostos en virtude dunha norma de rango legal

c) Cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000,00 euros. Neste suposto, as bases reguladoras deberán prever a utilización doutros procedementos que, de acordo coas súas especiais características, contía e número, aseguren a publicidade dos seus beneficiarios

d) Cando a publicación dos datos do beneficiario en razón do obxecto da subvención poida ser contraria ao respecto e salvagarda da honra, da intimidade persoal e familiar das persoas físicas, en virtude do que establece a Lei orgánica 1/1982, de 5 de maio

   
  Título I: Os procedementos de concesión das subvencións  
 

   
  Capítulo I: O procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva  
 

Artigo 13 A Iniciación

1 O procedemento para conceder as subvencións iniciarao a administración sempre de oficio mediante a convocatoria que aprobe o órgano competente e de conformidade coas súas correspondentes bases reguladoras

2 As convocatorias terán como mínimo o contido que recolle o apartado 2º do artigo 23 da Lei 38/2003, xeral de subvencións

3 As solicitudes presentaranas as persoas interesadas no Rexistro Xeral do Concello de Ponteceso e dirixiranas ao alcalde. As solicitudes terán que reunir os requisitos establecidos nas normas de procedemento administrativo común, axustaranse, de ser o caso, ao modelo normalizado e reunirán os requisitos que, de ser o caso, esixa esta ordenanza xeral, a ordenanza que recolla as bases reguladoras e a convocatoria específica

4 Coa solicitude o solicitante achegará os documentos e as informacións que determinen as bases reguladoras da subvención ou a convocatoria específica. A normativa reguladora da subvención poderá admitir que o solicitante substitúa algúns documentos que ten que presentar por unha declaración responsable súa. Neste caso, antes de resolver a concesión, a administración poderá requirirlle que, nun prazo non superior a 15 días, presente a documentación que acredite que son certos os datos contidos na declaración.

No caso de que a solicitude dos interesados teña deficiencias, a administración terá en conta o que establece o apartado 5 do artigo 23 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 14 A instrución

1 A instrucción do procedemento para conceder as subvencións corresponderalle ao órgano que a administración designe na convocatoria. No caso de que falte a designación específica, a instrución corresponderalle aos técnicos dos servizos municipais da concellaría que promova a convocatoria.

O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos cales teña que formular a proposta de resolución.

2 As actividades da instrución comprenderán, dentro dos termos dos apartados 3º e 4º do artigo 24 da Lei xeral de subvencións, as actuacións de:

a) O pedimento de cantos informes estime necesarios

b) A avaliación (e a preavaliación, de ser o caso) das solicitudes ou dos pedimentos

c) A proposta de resolución provisional, debidamente motivada, á vista do informe do órgano colexiado ao que se refire o apartado 4 do artigo 24 da Lei xeral de subvencións, que haberá que notificarlle aos interesados para que no prazo de 10 días poidan alegar o que estimen pertinente. A administración poderá prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin teña en conta outros feitos nin outras alegacións nin probas que as que aduzan os interesados. Neste caso, a proposta de resolución que formule a administración terá o carácter de definitiva

d) A proposta de resolución definitiva, unha vez que a administración examine as alegacións dos interesados

3 As propostas da resolución provisional e da definitiva non crearán fronte á administración ningún dereito a favor do beneficiario que propón, en tanto non notifique a resolución da concesión

4 O expediente da concesión das subvencións conterá o informe do órgano instrutor, no que conste que a información que consta no seu poder desprende que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder a elas

Artigo 15 A resolución e a súa notificación. A reformulación das solicitudes

1 A resolución da concesión da subvención será motivada, de conformidade co que dispoñen as bases reguladoras das subvencións. Deberán acreditar no procedemento, en todo caso, os fundamentos da resolución que a administración adopte.

Na resolución, ademais de constar o nome do solicitante ou a relación de solicitantes aos que a administración lle concede a subvención, constará, de ser o caso e de maneira expresa, a desestimación do resto das solicitudes.

2 O prazo máximo para resolver e para notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de 6 meses. O prazo computará a partir da publicación da corresponderte convocatoria, agás que a convocatoria pospoña os seus efectos a unha data posterior.

O vencemento do prazo máximo ser que a administración lles notificase a resolución lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude da concesión da subvención.

3 A administración notificará a resolución nos termos do artigo 26 da W xeral de subvencións.

4 Nas bases reguladoras da concesión das subvencións, a administración preverá a posibilidade de reformular as solicitudes, de acordo co que dispón o artigo 27 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

   
  Capítulo II: Do procedemento da concesión directa  
 

Artigo 16 As subvencións nominativas

Os convenios serán o instrumento habitual para canalizar as subvencións previstas nominativamente no orzamento do Concello de Ponteceso. A resolución da concesión e, de ser o caso, os convenios a través dos cales a administración canalice estas subvencións establecerán as condicións e os compromisos aplicables, de conformidade co que dispón esta ordenanza e a Lei 38/2003, xeral de subvencións.

Artigo 17 As subvencións que teñen o outorgamento imposto ao Concello por unha norma de rango legal

O procedemento para conceder as subvencións será o que resulte de aplicación, de acordo coa súa propia normativa.

Artigo 18 As subvencións reguladas no parágrafo c) do apartado 2 do artigo 22 da Lei xeral de subvencións

1 O Pleno da Corporación aprobará, por proposta dos técnicos municipais competentes por razón da materia, as normas especiais reguladoras das subvencións que prevexa conceder o Concello de Ponteceso, nos termos do artigo 22.2.c) da Lei 38/2003, con carácter excepcional e cando os solicitantes acrediten razóns de interés público, social, económico ou humanitario ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

2 O acordo ao que fa¡ referencia o apartado anterior axustarase ás previsións contidas na presente ordenanza e na Lei 38/2003, xeral de subvencións, agás no que afecta á aplicación dos principios de publicidade e de concorrencia, e conterá como mínimo os seguintes extremos:

a) A definición do obxecto das subvencións, con indicación do seu carácter excepcional e das razóns que acreditan o interese público, social, económico ou humanitario e aquelas que xustifican a dificultade da lúa convocatoria pública

b) O réxime xurídico aplicable

c) Os beneficiarios e a modalidade da axuda

c) O procedemento para conceder e o réxime para xustificar a aplicación que lle dan ás subvencións os beneficiarios

   
  Título II: Xustificación e pago das subvencións  
 

Artigo 19 Os gastos subvencionables

1 A administración considerará gastos subvencionables aqueles que de xeito indubitado respondan á natureza da actividade subvencionada e que se realicen no prazo que establecen as bases reguladoras das subvencións. En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2 Agás disposición expresa na contra das bases reguladoras das subvencións, a administración considerará como gasto realizado o efectivamente pagado antes de que remate o período de xustificación que determine a normativa reguladora da subvención.

3 Cando o importe do gasto subvencionable supere a cuantía de 30.000,00 euros no suposto do culto de execución de obra, ou de 12.000,00 euros no suposto da subministración de bens de equipo ou da prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá estar ao que regula o artigo 31.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

4 En canto á obriga de destino e ao réxime de amortización no suposto deaadquisición, da construción, da rehabilitación e da mellora de bens inventariables será de aplicación o que dispoñen os apartados 4º, 5º e 6º da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

5 Son subvencionables, dentro dos termos do artigo 31.7 da Lei xeral de subvencións, os gastos financeiros, os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para realizar o proxecto subvencionado e os de administración específicos.

6 En canto ao carácter subvencionable dos tributos e dos custos indirectos que soporte o beneficiario, estará ao que establecen os apartados 8 e 9 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 20 A comprobación das subvencións e a comprobación dos valores

1 O órgano que concede a subvención comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo das subvencións.

2 O Concello de Ponteceso poderá comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionados nos termos do artigo 33 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 21 A xustificación das subvencións

1 A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvencións documentaraa o solicitante a través da rendición da conta xustificativa, que constitúe un acto obrigatorio do beneficiario. A rendición da conta deberá incluír, baixo a responsabilidade do declarante, os xustificantes do gasto ou calquera outro documento con validez xurídica que permita acreditar o cumprimento do obxecto da subvención.

Á falta de previsión das bases reguladoras, a conta deberá incluír a declaración das actividades realizadas que foran financiadas coa subvención e o seu culto, co detalle de cada un dos gastos incorridos. Ademais, o beneficiario da subvención deberá achegar á conta (agás disposición expresa na contra das bases reguladoras das subvencións) o xustificante de que pagou os gastos relacionados, mediante a presentación da copia dos cheques ou das transferencias e dos correspondentes extractos bancarios.

A presentación da conta xustificativa deberaa realizar o beneficiario da subvención no prazo establecido nas bases reguladoras da subvención. En ningún caso poderá ser superior aos 3 meses, contados dende que rematou o prazo para realizar a actibidade.

2 O beneficiario da subvención acreditará os gastos con facturas e cos demais documentos de valor probatorio equivalentes con validez no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa.

3 Cando as actividades foran financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou con outras subvencións ou con outros recursos, o beneficiario deberá acreditar na xustificación o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

4 No caso de adquisición de bens inmobles, ademais dos xustificantes establecidos no apartado 2 deste artigo, o beneficiario da subvención ten que achegar un certificado dun taxador independente, debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

5 Os membros das entidades previstas no apartado 2 e no segundo parágrafo do apartado 3 do artigo 11 da Lei 38/2003 estarán obrigados a cumprir os requisitos de xustificar respecto das actividades realizadas no nome e por conta do beneficiario, nos termos dos apartados anteriores. Esta documentación formará parte da xustificación que está obrigado a render o beneficiario que solicitou a subvención.

6 As subvencións que a administración conceda atendendo á concorrencia dunha determinada situación do perceptor non requerirán máis xustificación que a de acreditar por calquera medio admisible en dereito esa situación previamente á concesión, sen prexuízo dos controles que a administración puidera establecer para verificar a súa existencia.

7 O incumprimento da obriga de xustificar a subvención nos termos da presente ordenanza, ou no caso de que a xustificación sexa insuficiente, levará aparellado o reintegro nas condicións previstas no Título II da Lei xeral de subvencións.

   
  Título III: O procedemento da xestión orzamentaria e pagamento das subvencións  
 

Artigo 22 O procedemento da xestión orzamentaria

A xestión orzamentaria do gasto derivado de que o Concello de Ponteceso conceda subvencións deberá axustarse ao que as bases de execución do orzamento municipal regulen para o efecto, que nesta materia deberá estar de acordo co que dispón o artigo 34 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 23 O pagamento das subvencións

1 A administración pagará a subvención logo de que o beneficiario xustifique que realizou a actividade, o proxecto, o obxectivo ou que adoptou o comportamento para o que a administración lle concedeu a subvención, nos termos que establece a normativa reguladora da subvención.

Haberá perda do dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de que concorran algunhas das causas de reintegro que preve o artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

2 Cando a natureza da subvención así o xustifique e así o prevexan as bases reguladoras da subvención, a administración poderá realizar pagos a conta. Estes pagos a conta poderán supor a realización de pagos fraccionados que responderan ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e a administración poderá pagar pola contía que equivale á xustificación que presentou o beneficiario.

Cando así o prevexan as bases reguladoras da subvención, a administración tamén poderá realizar pagos anticipados que suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para realizar as actuacións inherentes á subvención.

As bases reguladoras da subvención establecerán, así mesmo, o réxime dos pagos anticipados, dos pagos a conta e o réxime de garantías.

3 A administración non poderá pagar a subvención mentres que o beneficiario non estea ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, ou sexa debedor por resolución da procedencia do reintegro.

Artigo 24 A retención de pagos

O órgano que concede a subvención poderá acordar a retención dos pagos como medida cautelar, unha vez que acorde o inicio do procedemento de reintegro, nos tennos do artigo 35 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

   
  Título IV: Do reintegro das subvencións  
 

Artigo 25 A invalidez da resolución da concesión

Son causas de nulidade e anulabilidade da resolución da concesión das subvención as reguladas, respectivamente, nos apartados 1º e 2º da Lei xeral de subvencións.

Cando o acto de concesión incorra nalgunha causa de invalidez das recollidas no apartado anterior, o órgano que concede a subvención procederá á súa revisión de oficio ou, de ser o caso, á declaración de lesividade e posterior impugnación, de conformidade co artigo 26.3 da Lei xeral de subvencións.

A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulación levará consigo a obriga de devolver as cantidades percibidas.

Non procederá a revisión de oficio do acto de concesión cando concorra algunha das causas de reintegro contempladas no artigo seguinte.

Artigo 26 As causas do reintegro

1 Tamén procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de mora correspondente dende o momento do pago da subvención ata a data na que a administración acorde a procedencia do reintegro nos casos previstos no artigo 37.1 da Lei xeral de subvencións.

2 Cando o cumprimento por parte do beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e acredite unha actuación inequivocamente tendente a satisfacer os seus compromisos, a cantidade que ten que reintegrar estará determinada pola aplicación dos criterios enunciados no artigo 17.3.ñ) da Lei xeral de subvencións ou, de ser o caso, na normativa autonómica galega reguladora das subvencións.

3 Igualmente, no suposto de que o importe das subvencións supere, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, o custo da actividade subvencionada, pocederá o reintegro do exceso da subvención obtido, así como a esixencia do xuro de mora correspondente.

Artigo 27 A natureza dos créditos que hai que reintegrar e dos procedementos para esixilos

1 As cantidades que ten que reintegrar o beneficiario da subvención terán a consideración de ingresos de dereito público e resulta de aplicación para o seu cobro o que preve a Lei xeral orzamentaria.

2 O xuro de mora aplicable no caso de reintegro das subvencións será o xuro legal do diñeiro incrementado nun 25%, agás que a Lei de ornamentos xerais do Estado estableza outro diferente.

3. Os procedementos para esixir o reintegro das subvencións terán sempre carácter administrativo.

Artigo 28 A prescrición

Prescribirá aos catro anos o dereito do Concello a recoñecer ou a liquidar o reintegro. O cómputo deste prazo de prescrición, así como a súa interrupción será segundo o previsto no artigo 39 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 29 Os obrigados ao reintegro

1 Os beneficiarios deberán reintegrar a totalidade ou unha parte das cantidades percibidas máis os correspondentes xuros de mora. Esta obriga será independente das sancións que, de ser o caso, resulten esixibles.

2 Serán aplicables ás subvencións concedidas polo Concello de Ponteceso as disposicións contidas nos apartados 2º, 3º, 4º e 5º do artigo 40 da Lei xeral de subvencións, en relación coa responsabilidade solidaria, coa responsabilidade subsidiaria, coa transmisión da responsabilidade aos socios ou aos partícipes de sociedades ou de entidades disoltas e liquidadas, e en relación coa transmisión da obriga de satisfacer as cantidades pendentes de reintegro no caso de que morra o obrigado ao reintegro.

Artigo 30 A competencia para resolver o procedemento do reintegro

O órgano que concede a subvención será o competente para esixirlle o reintegro ao obrigado, cando observe que concorran algunhas das causas do artigo 37 da Lei xeral de subvencións.

Artigo 31 O procedemento do reintegro

1 O procedemento do reintegro rexerase polas disposicións xerais sobre procedementos administrativos contidas no título VI da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, sen prexuízo das especialidades que estableza esta lei e as súas disposicións de desenvolvemento.

2 O procedemento de reintegro de subvencións iniciarao a administración de oficio, nos termos do artigo 69 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Tamén o poderá iniciar por mor do informe de control financeiro que emita a Intervención municipal.

3 A tramitación do procedemento garantirá, en todo caso, o dereito do interesado á audiencia.

4 O prazo máximo para resolver e notificar o procedemento do reintegro das subvencións regúlao o artigo 42.4 da Lei xeral de subvencións. Se transcorre este prazo sen que a administración notifique unha resolución expresa, caducará o procedemento, sen prexuízo de continuar coas actuacións ata rematar e sen considerar interrompida a prescrición polas actuacións realizadas ata o remate do citado prazo.

5 A resolución do procedemento de reintegro porá fin á vía adminstrativa.

   
  Título V: Do control financeiro das subvencións  
 

Artículo 32 O control financeiro

O control financeiro das subvencións que outorgue o Concello de Ponteceso axustarase ao que establezan para o efecto as normas regulamentarias sobre a fiscalización interna da Corporación, ou as bases de execución do orzamento, que, en todo caso, deberán adecuarse ao que preve o título III da Lei xeral de subvencións.

   
  Título VI: As infraccións e as sancións administrativas en materia de subvencións  
 

Artigo 33 O concepto de infracción

Constitúen infraccións administrativas en materia de subvencións as accións e as omisións tipificadas na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e serán sancionables mesmo a titulo de simple neglixencia.

Artigo 34 As sancións

O réxime xurídico das sancións en materia de subvencións que conceda o Concello de Ponteceso será o que establece o capítulo II do título IV da Lei xeral de subvencións.

   
  Disposición Final  
 

Esta ordenanza entrará en vigor cando transcorran quince días dende que se publique, de conformidade co que establece o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei reguladora das bases de réxime local.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios