Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Camariñas - REGULAMENTO PARA A ORGANIZACIÓN E FUNICONAMETO DO REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS

Publicación provisional : 09-06-2004 BOP Nº 130 -- Publicación definitiva : 09-06-2004 BOP Nº 130
Redacción Aplicable desde 26-06-2004

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1º
 - Artigo 2º
 - Artigo 3º
 - Artigo 4º
 - Artigo 5º
 - Artigo 6º
 - Artigo 7º
 - Artigo 8º
 - Artigo 9º
 - Artigo 10º
 - Artigo 11º
 - Disposición final
   
  Artigo 1º  
 

Créase o rexistro municipal de parellas de feito do Concello de camariñas, de carácter administrativo no que poderán inscribirse, de forma totalmente voluntaria, as unións non matrimoniais que convivan, con independencia da súa orientación sexual.

   
  Artigo 2º  
 

Para solicitar a inscripción no rexistro será necesario cumplir os seguintes requisitos:

a) Ser mayor de idade ou menor emancipado.

b) Non estar ligado por vínculo matrimonial.

c) Non figurar inscrito como membro doutra unión de feito non cancelada.

d) Non ter parentesco en calquera grao en liña recta por consanguineidade ou adopción ou en liña colateral por consanguineirdade ou adopción dentro do segundo grao.

e) Non estar incapacitado xudicilamente.

f) Ser residentes no termo municipal de Camariñas.

   
  Artigo 3º  
 

A fin de acreditar o cumprimento destes requisitos, deberán unir á solicitude de inscripción a seguinte documentación:

a) Copia do D.N.I.

b) Certificado do estado civil.

c) Declaración de non ter relación de parentesco que impida a inscripción.

d) Declaración de non estar incapacitado para emitir o consentimento necesario.

   
  Artigo 4º  
 

Os dous membros da unión estable deberán firmar a solicitude de inscripción e ésta levarase a cabo mediante comparecencia persoal e conxunta perante o funcionario encargado do rexistro, con declaración formal respecto da existencia da unión de convivencia.

   
  Artigo 5º  
 

As unións estables producen efectos a partir da data da autorización do documento de referencia.

   
  Artigo 6º  
 

As unións estables obxeto deste rexistro extínguense polas seguintes causas:

a) De común acordo.

b) Por decisión unilateral dun dos membros da parella, que será notificada fehacientemente ó outro.

c) Por pasamento ou declaración de falecemento dun dos membros da parella.

d) Por matrimonio dun dos membros.

   
  Artigo 7º  
 

O Rexistro municipal de parellas de feito estará a cargo da Secretaría Xeral do Concello.

   
  Artigo 8º  
 

As inscripcións realizaranse nun libro que estará formado por folios numerados e cuñados, legalizados con firma do secretario da Corporación e na primeira páxina figurará unha diligencia na que se fará constar o número de folios que contén e a data de apertura.-

O rexistro tamén terá un libro auxiliar ordeado polos apelidos das persoal inscrita no que se expresará o número de páxinas do libro- rexistro nas que existan anotacións que lles afecten.

   
  Artigo 9º  
 

A publicidade do rexistro municipal de parellas de feito quedará limitada exclusivamente á expedición de certificacións dos seus asentos, a instancia de calquera dos membros da unión interesada ou dos xuíces ou tribunais de xustiza.

   
  Artigo 10º  
 

No ámbito competencial deste Concello, tódalas unións non matrimoniais de convivencia inscritas no rexistro municipal de parellas de feito terán a mesma consideración jurídica e administrativa que as unións, sen obstáculo doutras formas de proba.

   
  Artigo 11º  
 

As inscripcións que se practiquen e as certificacións que se expidan serán gratuitas, agás ordenanza ou disposición ó contrario.

   
  Disposición final  
 

Este regulamento entrará en vigor a partir do día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo de quince días hábiles contados a partir da recepción do acordo de aprobación pola Administración do Estado e da Xunta de Galicia.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios