Artigo 3.º .-Licencia municipal
1.-A tenencia no municipio de animais clasificados como potencialmente
perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da
correspondente licencia municipal.
2.-Están obrigados á obtención de licencia municipal para a tenencia de
animais clasificados como potencialmente perigosos os propietarios ou posuidores
destes incluídos no padrón de habitantes, así como os establecementos ou
asociacións, con sede neste municipio, que alberguen animais potencialmente
perigosos ós que se refire o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da comunidade
autónoma galega, e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou
adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de
recollida, residencia, centros recreativos e establecementos de venda colocados
neste municipio.
3.-Os propietarios de animais potencialmente perigosos non aveciñados neste
municipio deberán acreditar, cando se encontren residindo temporalmente neste e
mentres permaneza o animal no término municipal, a tenencia da licencia no
municipio de orixe.
4.-Nos casos de inscrición de animais como consecuencia de haber efectuado
anteriores ataques a persoas, animais ou cousas, no Concello, unha vez coñecida
a resolución ou sentencia, de oficio ou a instancia de calquera interesado
directo, e previa tramitación de expediente administrativo con audiencia do
interesado, requirirá ó propietario mediante resolución da Alcaldía, ó obxecto
de que en prazo dun (1) mes proceda á solicitude de licencia, efectuándose en
caso contrario a retirada e depósito do animal de conformidade co establecido no
artigo 9.º desta ordenanza.
Artigo 4.º .-Requisitos para a obtención da licencia.
1.-Para a obtención da licencia administrativa con destino á tenencia de
calquera animal clasificado como potencialmente perigoso será necesario o
cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporciona-los coidados
necesarios ó animal.
b) Non haber sido condenados por delictos de homicidio, lesións, torturas
contra liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde
pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar
privado por resolución xudicial do dereito á tenencia de animais potencialmente
perigosos.
c) Non haber sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha
das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999,
do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos.
Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación
da licencia, haber sido sancionado coa suspensión temporal desta, sempre que, no
momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fose
cumprida integramente.
d) Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica e de capacidade física
para a tenencia de animais potencialmente perigosos.
e) Acredita-la formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a
terceiros que poidan causa-los seus animais na contía mínima de 125.000 euros.
2.-Os requisitos esixidos deberán manterse vixentes durante todo o período da
tenencia do animal; a perda destes dará lugar á revisión da licencia nos termos
recollidos no artigo 9.º desta ordenanza.
Artigo 5.º .-Vixencia das licencias
1.-As licencias terán unha vixencia de cinco anos, á finalización da que
deberán ser obxecto de renovación, debendo acreditarse en cada exercicio, para o
seu mantemento:
A subscrición do seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.
A expedición do certificado de sanidade animal, expedido por autoridade
competente, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do
animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente
perigosos.
2.-A condena por calquera dos delictos recollidos ó apartado b) do artigo
anterior dará lugar á revisión da licencia polo Concello.
Artigo 6.º .-Acreditación
1.-A identificación da tenencia da licencia municipal de animais
potencialmente perigosos acreditarase mediante entrega de certificación relativa
a ela.
2.-Por cada can que se posúa, expedirase unha tarxeta identificativa na que
se fará consta-los seguinte datos:
a) Número de licencia municipal.
a) Código de identificación do can:
Raza.
Titular da licencia e DNI.
N.º de Rexistro municipal.
No dorso, se farán consta-las persoas autorizadas polo titular da licencia
para uso temporal e transporte do animal.
Artigo 7.º .-Documentación.
1.-Para a expedición da tarxeta identificativa de cada can requirirase a
apartación dos seguintes datos:
Raza e sexo do animal.
Ano de nacemento.
Domicilio habitual do animal.
Especificación se está destinado a convivir cos seres humanos ou se pola
contra, ten dificultades distintas coma a garda, protección ou outra que se
indica.
Nome do propietario.
Domicilio do propietario.
DNI do propietario.
Nome ou razón social e domicilio do vendedor ou cedente.
Póliza de seguro de responsabilidade civil.
Certificado de aptitude psicolóxica e física nos termos recollidos nos
artigos 4 e 5 do RD 287/2002, do 22 de marzo.
Certificado de penais.
Certificado de sanidade animal expedido por autoridade competente, que
acredite, con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a
inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigosos.
Xustificante do abono da taxa por expedición da licencia municipal para a
tenencia de animais potencialmente perigosos.
Certificado sanitario de esterilización se efectuou esta.
Memoria descritiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas para
impedi-la fuxida dos animais conforme o artigo 3.4 do Decreto 90/2002, no seu
caso.
Facturas e xustificante da adquisición.
Os citados datos e, no seu caso, a documentación oportuna, deberá facilitala
o adquirente do animal no prazo de quince días a contar dende a súa tenencia
efectiva.
2.-O certificado de sanidade animal deberá ser expedido polos Servicios
Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia ou por un veterinario colexiado.
3.-Para a renovación da licencia municipal deberá presentarse a seguinte
documentación:
Solicitude de renovación.
Copia compulsada da renovación do seguro de responsabilidade civil.
Copia compulsada do certificado médico de sanidade animal efectuado nunha
data non anterior a dous meses á da renovación da licencia.
Xustificante do abono da taxa municipal.
Certificado de capacidade física.
Certificado de aptitude psicolóxica.
Artigo 8.º .-Órgano competente para a concesión das licencias
municipais.
1.-As licencias municipais para a tenencia de animais potencialmente
perigosos, se concederán mediante resolución do órgano que teña atribuída a
competencia en materia de licencias, previa acreditación da incorporación da
documentación esixida na presente ordenanza.
Artigo 9.º .-Revisión, perda de licencias e depósito de animais.
1.-A perda de calquera dos requisitos esixidos no artigo 4.º desta ordenanza,
dará lugar á revisión das licencias municipais concedidas e a súa retirada
previa tramitación de expediente contradictorio.
2.-A retirada da licencia dará lugar á perda do dereito á tenencia do animal
e a obriga do interesado do proceder, no prazo máximo de dez días a contar dende
a recepción do requirimento, a súa entrega e depósito no establecemento adecuado
para tal efecto ata a obtención desta, salvo que o animal sexa obxecto de
entrega a outro propietario ou sacrificio nos termos establecidos nos artigos
58, 59 e 60 do Decreto 153/1998, da comunidade autónoma de Galicia.
3.-En caso de incumprimento da obriga de depósito procederase á súa execución
subsidiaria polo Concello, ou a Comunidade Autónoma, a través dos seus servicios
ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación comporta a
cargo e conta do antigo titular da licencia.
4.-O Concello poderá retirar dos espacios públicos e depositar de oficio en
establecemento adecuado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles
animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha situación de abandono
ou perigosidade para os usuarios das vías e espacios de uso común ou circulen
por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou posuidor.
5.-Igualmente o Concello poderá retirar e depositar en establecemento
adecuado aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñían da
correspondente tarxeta de identificación no municipio de orixe ata tanto se
acredite tal circunstancia polo titular deste.
6.-A falta de licencia municipal para a tenencia de animais potencialmente
perigosos dará lugar a un único requirimento municipal para a súa obtención no
prazo de dez días e á retirada e depósito dos animais, nos termos establecidos
neste artigo.
|