|
 |
|
|
|
|
Artigo 1.–Fundamento e natureza.
|
|
|
|
No uso das facultades establecidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 57 do Real DECRETO Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, de conformidade co disposto nos artigos 20 e seguintes en relación cos artigos 15 a 19 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, este Concello establece a “taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos bancarios, vending, videoclubes ou semellantes, instalados na fachas de establecementos ou edificios con acceso directo dende a vía pública”, que se rexerá por esta ordenanza fiscal.
|
|
|
|
|
Artigo 2.–Ámbito de aplicación.
|
|
|
|
A presente ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal de Cabanas.
|
|
|
|
|
Artigo 3.–Feito impoñible.
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible da taxa o aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos bancarios, vending, videoclubes ou semellantes, instalados na fachada de establecementos ou edificios e con acceso directo dende a vía pública, en virtude do establecido nos artigos 2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria; 20.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 6 da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos.
|
|
|
|
|
Artigo 4.–Suxeitos pasivos.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos da taxa, en calidade de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que son os seguintes: – Os titulares de licenzas ou concesións municipais e aqueles en cuxo beneficio redunde o aproveitamento especial do dominio público local. – Os que, sen licenza ou concesión, realicen algún dos aproveitamentos incluídos nesta Ordenanza. – Os que, tendo cesado no aproveitamento, non presenten á entidade local a baixa correspondente.
|
|
|
|
|
Artigo 5.–Responsables.
|
|
|
|
Serán responsables solidarios e responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas físicas e xurídicas citadas nos artigos 42 e 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, respectivamente.
|
|
|
|
|
Artigo 6.–Cota tributaria.
|
|
|
|
A cota tributaria será a resultante da aplicación das tarifas incluídas na presente ordenanza fiscal, segundo a natureza do feito, derivado de actuacións para as que se outorgase o correspondente aproveitamento especial e, no seu caso, atendendo á categoría da rúa onde estea instalado o caixeiro automático. A taxa á que se refire esta ordenanza rexerase polo seguinte cadro de tarifas, cuxo importe determinarse tendo en conta o valor que tería no mercado o aproveitamento especial do terreo si este non fose dominio público: CONCEPTO | CUOTA ANUAL | Caixeiro automático bancario | 400 € | Caixeiro automático de vending ou videoclube | 100 € | Outros caixeiros automáticos semellantes | 100 € |
|
|
|
|
|
Artigo 7.–Exencións da taxa.
|
|
|
|
Non se admite beneficio tributario algún, agás a favor do Estado e demais entes públicos territoriais ou institucionais ou como consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais (artigo 18 da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos), coa excepción da posibilidade de ter en conta criterios xenéricos de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas.
|
|
|
|
|
Artigo 8.–Devendo e período impositivo.
|
|
|
|
Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír: a) Tratándose de novos aproveitamentos, no mesmo momento de solicitar o outorgamento da licenza municipal que haxa de autorizalos ou, no seu defecto, dende o mesmo momento en que se realice materialmente o aproveitamento real e efectivo. b) Tratándose de aproveitamentos xa autorizados, e en tanto no se solicite a súa baixa, o día primeiro de xaneiro do ano natural. Procederá a devolución das taxas que se houberan esixido, cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo, segundo o disposto no artigo 12 da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos. Nos exercicios seguintes e nos prazos determinados anualmente pola Corporación, a taxa liquidarase por medio do Padrón de cobro periódico por recibo. O período impositivo comprenderá o ano natural, salvo cando se trate do inicio ou cese no aproveitamento especial do dominio público, en cuxo caso o período impositivo axustarase a esta circunstancia, ratearase a cota por trimestres naturais calculándose as tarifas en proporción ao número de trimestres naturais nos que non se houbera producido o aproveitamento mencionado. Nos supostos de baixa por cese no aproveitamento, as tarifas ratearanse por trimestres naturais con exclusión do trimestre no que se produza o cese citado, podendo solicitar o reintegro da parte da cota correspondente aos trimestres naturais nos que non se produciu aproveitamento algún. De acordo co artigo 24.5 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrución ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pagamento da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ao reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrución ou reparación e ao depósito previo do seu importe. As entidades locais non poderán condonar total nin parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire este apartado.
|
|
|
|
|
Artigo 9.–Xestión.
|
|
|
|
A xestión, liquidación, inspección e recadación desta taxa realizarase segundo o disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento. As contías esixibles con suxeición ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar a correspondente licenza e realizar o correspondente depósito previo. Unha vez autorizada a ocupación, se non se fixou a duración do aproveitamento, entenderase prorrogada ata que se presente a declaración de baixa polos interesados. A non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar aboando a taxa.
|
|
|
|
|
Artigo 10.–Recadación.
|
|
|
|
Cando se trate de concesións de novos aproveitamentos, comprendidos no artigo 8.a) da presente ordenanza, a taxa recadarase mediante liquidación tributaria, debidamente notificada, e ingreso directo na Tesourería municipal nos termos e prazos establecidos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Para o resto dos supostos, o cobro levarase a efecto a través da correspondente lista cobratoria, a cal deberá de ser aprobada pola Alcaldía e sometida ao trámite de información pública, mediante recibos de cobro periódico e vencemento anual, que deberán de aboarse no período de cobranza que o Concello determine.
|
|
|
|
|
Artigo 11.–Infraccións e sancións.
|
|
|
|
Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e demais lexislación aplicable, conforme ao establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
|
|
|
|
|
Disposición adicional única.
|
|
|
|
Para todo o non previsto na presente ordenanza, será de aplicación o establecido no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; a Lei 58/2003, do 17 de de-cembro, xeral tributaria; a Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos; a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e disposicións concordantes.
|
|
|
|
|
Disposición final única.
|
|
|
|
A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión realizada o día de novembro de 2013, entrará en vigor o mesmo día da publicación da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
|
|
|