A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será o fixado na seguinte tarifa: A) Actividades socio-culturais: - Participación en talleres culturais: o prezo aplicarase en función do número de horas semanais da actividade: Duración da actividade 1 hora semanal, 7 euros/persoa/mes Duración da actividade 2 horas semanais, 14 euros/persoa/mes Duración da actividade 3 horas semanais, 21 euros/persoa/mes No caso de que varíe a duración anterior da actividade, facturarase por períodos de media hora. - Competencias dixitais_Aula multimedia: Ata 10 horas: 10,00 euros/persoa/curso De 11 a 25 horas: 33,10 euros/persoa/curso Máis de 25 horas: 33,10 euros/persoa/ curso, máis 1,60 € por cada hora a maiores B) Actividades deportivas e recreativas: - Participación en actividades: o prezo aplicarase en función do número de horas semanais da actividade: Duración da actividade 1 hora semanal, 7 euros/persoa/mes Duración da actividade 2 horas semanais, 14 euros/persoa/mes Duración da actividade 3 horas semanais, 21 euros/persoa/mes No caso de que varíe a duración anterior da actividade, facturarase por períodos de media hora. - Participación en actividades de tenis e pádel: o prezo aplicarase en función do número de horas da actividade: Duración da actividade 1 hora semanal, 9 euros/persoa/mes Duración da actividade 2 horas semanais, 18 euros/persoa/mes Duración da actividade 3 horas semanais, 26 euros/persoa/mes C) Actividades musicais: Clase colectiva 30 euros/persoa/mes Clase individual 40 euros/persoa/mes Clase individual quincenal 20 euros/persoa/quincena D) Cursos e obradoiros: - Cursos de vela, 60,00 euros/persoa/curso - Ludoteca, campamento urbano e outros, 40 euros/persoa/quincena e 65 euros/persoa/mes - Cursos de formación: Ata 10 horas: 10,00 euros/persoa/curso De 11 a 20 horas: 20,00 euros/persoa/curso Máis de 20 horas: 20,00 euros/persoa/curso, máis 1,00 euro por cada hora a maiores E) Outras actividades sociais: - Programa mencer na escola: Servizo entre 4 e 5 días/semana, 30 euros/mes con almorzo e 21 euros/mes sen almorzo Servizo en 1 e 3 días, 15 euros /mes con almorzo e 10 euros/mes sen almorzo Días soltos, 3 euros/día con almorzo e 2,50 euros/día sen almorzo Cando sexa necesario material para o desenvolvemento dalgunha actividade ou curso, os participantes terán que achegar lo mesmo pola súa conta segundo se especifique no momento da inscrición, xa que non se inclúe no prezo establecido. F) Promoción de actividades: - Torneo de Pádel: 10 euros/persoa pola participación nunha categoría e 15 euros/persoa pola participación en dúas categorías G) Viaxes en barco polo río Eume: 6 euros/persoa maior de idade/viaxe e 3 euros/persoa menor de idade/ viaxe. Ata os 11 anos, incluídos, é gratuíto
|