|
 |
|
|
|
|
ÍNDICE
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS TÍTULO I.–DISPOSICIÓNS XERAIS CAPÍTULO I.–HABILITACIÓN NORMATIVA CAPÍTULO II.–OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN TITULO II.–ACTIVIDADE FORESTAL E PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS CAPÍTULO I.–DISPOSICIÓNS XERAIS CAPÍTULO II.–TÍTULOS HABILITANTES: LICENZAS E COMUNICACIÓNS PREVIAS CAPÍTULO III.–USO DA REDE DE VIAIS, PISTAS E CAMIÑOS MUNICIPAIS CAPÍTULO IV.–CONSERVACIÓN E LIMPEZA CAPÍTULO V.–PLANTACIÓNS, REPOBOACIÓNS E TRASNPLANTE TÍTULO III.–LIMPEZA DE FINCAS E TRABALLOS AGRÍCOLOAS CAPÍTULO I.–LIMPEZAS CAPÍTULO II.–LIMPEZA DE FINCAS E XESTIÓN DE BIOMASA CAPÍTULO III.–TRABALLOS AGRÍCOLAS EN FINCAS EXTREMEIRAS COA VÍA PÚBLICA TÍTULO IV.–CERRAMENTOS E ACCESOS A FINCAS CAPÍTULO I.–CERRAMENTOS CAPÍTULO II.–ACCESOS A FINCAS OU SALVACUNETAS TÍTULO V.–DISCIPLINA E RÉXIME SANCIONADOR CAPÍTULO I.–INSPECCIÓN E CONTROL CAPÍTULO II.–INFRACCIÓNS DISPOSICIÓN FINAL.–ENTRADA EN VIGOR ANEXO I.–MODELO DE COMUNICACIÓN PREVIA ANEXO II.–MODELO DE SOLICITUDE DE LICENZA ANEXO III.–ACORDO DE OCUPACIÓN TEMPORAL DE TERREOS ANEXO IV.–ESPECIES DE CONÍFERAS E FRONDOSAS ANEXO V.–ESPECIES CON PRESENCIA PROHIBIDA NOS SOLOS URBANOS, URBANIZABLES E ÁMBITO CORRESPONDENTE ÁS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA
|
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
|
|
|
|
Esta ordenanza ten como finalidade a de velar pola debida conservación dos camiños e vías públicas municipais, en relación cos danos e desperfectos que poden sufrir estes como consecuencia das distintas actuacións forestais derivadas das operacións de corta e saca de madeira así como da realización de plantacións e repoboacións forestais e usos equiparables, incluíndose as operacións preparatorias como as posteriores. Resulta tamén prioritario o interese en protexer as persoas, vivendas e outras edificacións nos supostos de incendios forestais; e para elo é esencial que as vías de acceso ás zonas forestais se atopen sempre en perfecto estado de limpeza e conservación. Para que isto se cumpra é primordial que as vías públicas non estean invadidas pola madeira nin pola maleza que resulta do procesamento da materia forestal procedente das fincas que son obxecto dos ou, que as pólas das árbores non impidan o paso por ditas vías como sucede en moitos casos. O uso dos camiños e vías públicas municipais en condicións óptimas é un dereito de toda a comunidade de usuarios, e esixe dunha intervención administrativa que regule as condicións nas que se deben realizar as operacións forestais nos montes e parcelas do Concello, tanto públicos como privados, xa que son moi frecuentes os danos e desperfectos que ás veces ocasionan estas actividades nas vías e camiños. Así mesmo é necesario ter unha normativa que obrigue ós propietarios das fincas colindantes coa vía pública a mantelas en óptimas condicións. Trátase, en definitiva, con esta ordenanza, de facer compatible a actividade de aproveitamento forestal coa preservación do medio natural, a protección paisaxística, a conservación dos camiños e a seguridade vial.
|
|
|
|
|
TÍTULO I.–DISPOSICIÓNS XERAIS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAPÍTULO I.–HABILITACIÓN NORMATIVA
|
|
|
|
Artigo 1.–Marco normativo.
A regulamentación por medio da presente ordenanza fundaméntase no uso das competencias que lle atribúen ao Concello os artigos 25.2d) e 84 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; os artigos 6,80.2.d) e 286 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia; os artigos 74 e seguintes do R.D. 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das corporacións locais; o art. 23 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas; e os artigos 157.2 e 162 bis da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Asi mesmo, constitúen marco normativo para a redacción da presente ordenanza as determinacións contidas na Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia; na Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; na Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia; na Lei 2/2016 de 10 de febreiro do Solo de Galicia; o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia; no Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos; na Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade medioambiental; e no planeamento municipal vixente no Concello da Cabanas así como as determinacións contidas no Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, que puideran ser de aplicación.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II.–OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
|
|
|
|
Artigo 2.–Obxecto. A presente ordenanza, de natureza non fiscal, ten por finalidade a regulación no solo do municipio de Cabanas, delimitado de acordo co establecido no planeamento municipal vixente, das condicións a establecer para: – As masas arbóreas no solo que o planeamento clasifica e cualifica como solo rústico. – A protección e conservación do espazo público municipal e en particular dos camiños e vías públicas ante as actividades forestais e fronte aos danos e desperfectos que estes poden sufrir como consecuencia das distintas operacións de procesamento da masa forestal, en particular das sacas de madeira ou outros usos (susceptibles de danar as vías e camiños municipais) que se produzan dentro do termo municipal, así como a limpeza da maleza que invade as vías públicas ou cunetas como resultados das sacas, ademais de regular a construción e conservación dos pasos salvacunetas así como das cunetas das vías e camiños municipais. – A esixencia de responsabilidades durante as operacións preparatorias e de desenvolvemento das talas e sacas de madeira para asegurar a preservación do entorno, da paisaxe, dos bens municipais, da seguridade viaria e a prevención e defensa contra os incendios forestais, respecto aos danos e deterioracións que se poden xerar polo seu desenvolvemento. – A xestión da biomasa vexetal e a retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa. – A protección, conservación e mellora do arborado público e privado do municipio de Cabanas mediante a súa defensa e fomento das especies autóctonas, e a regulación da xestión de plantacións arbóreas, repoboacións, trasplantes e podas drásticas de arborado. – Establecemento dos instrumentos xurídicos de intervención e control e o réxime sancionador en defensa e protección da biomasa e do arborado público asentado no solo de competencia municipal do termo municipal de Cabanas. Artigo 3.–Ámbito de aplicación e actividades incluídas. A presente ordenanza é de aplicación no termo municipal de Cabanas, aplicándose ás operacións de corta e saca de todo tipo de materia forestal e á totalidade das operacións derivadas da actividade forestal que teñan por obxecto a obtención e o transporte de madeira de tala, tanto para uso doméstico como para o seu aproveitamento comercial, incluíndo tanto as operacións previas (desprazamento de vehículos e maquinaria, construción de ramplas ou acceso ás fincas, preparación do terreo, etc.), así como as posteriores (preparación e depósito de madeira, carga e transporte. Entenderanse por operacións de saca de madeira a totalidade das que se desenvolvan no ámbito forestal, incluíndo tanto as operacións previas (desprazamento de vehículos e maquinaria, construción de ramplas ou accesos ás fincas, preparación do terreo, etc.), así como as posteriores (preparación e depósito de madeira, carga e transporte. Quedan incluídas igualmente no ámbito de aplicación desta ordenanza: – As talas de especies forestais – As labores forestais (corta, depósito, carga e transporte de madeira, plantacións, abonado, protección da repoboación, coidados posteriores e almacenaxe de madeira entre outras). – A regulación dos accesos ás fincas, as araduras e traballos que se realizan en fincas extremeiras coa vía pública, e o sobrevoo das árbores que afecte ó dominio público. – A conservación e a protección dos camiños, viais e viais de acceso e demais infraestruturas anexas aos lugares de tala, corta e saca de madeira. – Calquera operación ou uso susceptibles de danar as vías e camiños municipais, valoradas polos servizos técnicos en base aos pertinentes informes policiais ou tamén nos casos nos que exista un informe emitido por calquera organismo que sexa competente para elo. – As superficies taladas e as ocupadas polos cargadeiros de madeira. – As talas puntuais de exemplares de árbores illadas. – As podas e refaldes en plantacións forestais. – O clareo de rebrotes de cepa e limpeza de predios. – As talas que teñan por finalidade os aproveitamentos para uso doméstico con vehículos agrícolas. – A eliminación dunha situación de perigo para persoas ou bens. – As talas de especies arbóreas que se produzan como consecuencia da enfermidade da especie forestal. – As repoboacións de masas arbóreas. – As actividades de xestión da biomasa, traballos de roza e limpeza de predios. – A realización de traballos agrícolas en fincas estremeiras coa vía pública. – A execución de cerramentos de parcela á vía pública. – A execución de accesos ás fincas ou salvacunetas. – A conservación de cunetas e sumidoiros. Artigo 4.–Órgano municipal competente. A competencia para esixir o cumprimento das obrigas e para decretar e aplicar os requisitos previstos nesta Ordenanza, corresponden ao alcalde ou concellerio/a que ostente a delegación. Artigo 5.–Persoas responsables. A efectos do cumprimento das obrigas establecidas nesta ordenanza teñen a consideracións de persoas responsables, as persoas físicas o xurídicas seguintes: a) Os titulares dos montes e terreos ou no seu caso os titulares do dereito de aproveitamento sobre os mesmos, responsables do cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas. b) Os maderistas e as empresas que xestionen, executen ou interveñan en labores de xestión da biomasa obxecto desta ordenanza. c) As empresas que xestionen, executen ou interveñan en labores de xestión da biomasa obxecto desta ordenanza. d) Os técnicos ou profesionais que subscriban as memorias técnicas elaboradas e presentadas para a obtención dos títulos habilitantes de natureza urbanística.
|
|
|
|
|
TÍTULO II.–ACTIVIDADE FORESTAL E PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAPÍTULO I.–DISPOSICIÓNS XERAIS
|
|
|
|
Artigo 6.–Regulación. É obxecto deste título é regular: a) A actividade forestal e a esixencia de responsabilidades durante as operacións preparatorias e de desenvolvemento de tala e saca de madeira, para asegurar a preservación do entorno, da paisaxe, dos bens municipais, da seguridade viaria e a prevención e defensa contra os incendios forestais, respecto aos danos e deterioracións que se poden xerar polo seu desenvolvemento. b) O procedemento de comunicación previa ou, no seu caso, de licenza de tala e as actuacións asociadas á actividade forestal que teña lugar no termo municipal do Concello de Cabanas ou que, ben sendo realizadas en outros concellos, requira o tránsito por vías de competencia do Concello de Cabanas. c) Establecementos de garantías/avais d) As prácticas de conservación e limpeza. e) A reparación de deterioracións e desgastes anormais causados sobre o dominio público así como os danos a terceiros. Artigo 7.–Exercicio da competencia municipal. 1. A competencia municipal para o control do cumprimento dos requirimentos de comunicación, uso, conservación e limpeza regulados neste título serán exercido polo servicio técnico municipal que teña atribuída a competencia o pola policía local, tendo estes a potestade da paralización das actividades reguladas nesta ordenanza ante o incumprimento dos requisitos establecidos. 2. Todos os rexistros relacionados coa xustificación do cumprimento dos requisitos administrativos, deberán estar dispoñibles no lugar de operación para atender os requirimentos respecto aos mesmos por parte dos técnicos do servizo municipal con competencia na materia ou pola policía local.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II.–TÍTULOS HABILITANTES: LICENZAS E COMUNICACIÓNS PREVIAS
|
|
|
|
Artigo 8.–Tramitación municipal das cortas. Efectuarase en cada momento de conformidade coas determinacións establecidas tanto na lexislación e normativa urbanística e/o do solo como na normativa e lexislación sectorial vixentes, sen prexuízo da obriga de obter as outras autorizacións administrativas, permisos e licenzas que fosen procedentes conforme á normativa sectorial vixente. Artigo 9.–Tramitación sectorial das tarefas e actividades forestais. A tramitación das cortas quedará sometida á lexislación sectorial específica en función das respectivas afeccións dos terreos obxecto das cortas. As cortas relativas a terreos forestais serán obxecto de tramitación de conformidade coas determinacións establecidas na lexislación sectorial vixente en materia forestal e de protección contra os incendios forestais. Na actualidade, a propia definición relativa aos terreos forestais e o réxime relativo á súa tramitación sectorial queda recollido na Lei 7/2012 e na Lei 3/2007, e os aproveitamentos con obxecto do seu uso doméstico ou para aproveitamento comercial no Decreto 50/2014. Artigo 10.–Réximes de licenza e de comunicación previa. Na actualidade e con carácter xeral, as intervencións sobre o uso do solo quedan recollidas nos artigos 142 a 147 da Lei 2/2016, concretando de forma particular o Art. 142.2. os supostos sometidos á obtención do título habilitante de licenza urbanística, o cal especifica no seu apartado i) que únicamente serán obxecto de suxeición a licenza urbanística a tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando dita tala se derivase da lexislación de protección do dominio público (costas, estradas, augas, patrimonio, etc.) excepto as autorizadas en solo rústico polos órganos competentes en materia forestal (Art. 351.1.i) do Regulamento da Lei 2/2016), nese caso esixirase a comunicación previa ao Concello. O apartado 3 do mesmo artigo engade que quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de edificación e uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. Aos efectos de garantir a preservación do medio ambiente e da conservación dos camiños e pistas municipais, a tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva xa sexa para o aproveitamento madeireiro ou non, require dispoñer por parte da persoa física ou xurídica que asume a responsabilidade da execución das operacións de tala das árbores e da saca da madeira, da licenza ou de resolución municipal sobre a comunicación previa, segundo sexa o caso e sen prexuízo da obtención doutras autorizacións que conforme á normativa sectorial sexan necesarias para proceder á realización dos traballos forestais. Para realizar a solicitude de licenza ou, no seu caso, presentar a comunicación previa, será necesario tamén aportar toda a información e a documentación complementaria requirida nos anexos desta ordenanza e que deberá ser firmada pola persoa física ou xurídica que asume a responsabilidade das actuacións, podendo ser presentada no rexistro electrónico ou nas oficinas do rexistro municipal (Art. 11 d) do Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos). Unha vez presentada a solicitude de licenza ou a comunicación previa e a documentación presentada estea completa, o persoal do Concello comprobará, en base á dita documentación, o estado físico dos camiños e vías que vaian ser utilizados, obtendo as fotografías que sexan pertinentes para acreditar a súa realidade física. Unha vez realizada a inspección e á vista do informe pertinente o Concello comunicará, ao promotor o prazo para realizar os traballos. Artigo 11.–Réxime de licenza. O procedemento de tramitación das licenzas queda regulado no Art. 143 da Lei 2/2016 e no Art. 352 e seguintes do seu Regulamento. As actuacións para as que se faga a solicitude de licenza non poderán realizarse ata que sexa concedida, unha vez o servizo municipal competente verifique a información aportada, comprobe in situ as condicións do entorno previamente a intervención e proceda a validar a viabilidade da actuación conforme a descrición da mesma. Os modelo do Anexo II (válido para solicitude d e licenza) está a disposición dos interesados na web do Concello de Cabanas ou na oficina de rexistro da Casa do Concello. Este modelo recolle o contido mínimo da memoria técnica a presentar xunto coa solicitude de licenza relativa ás operacións forestais a desenvolver e deberá ir firmada por técnico competente. Artigo 12.–Réxime de comunicación previa. O procedemento de tramitación da comunicación previa queda regulado no Art. 146 da Lei 2/2016 e no Art. 361 e seguintes do seu Regulamento, independentemente da posibilidade de que os concellos establezan os procedementos de comunicación necesarios así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos precisos. Cando a actuación comunicada posúa toda a documentación esixida, a comunicación previa producirá plenos efectos xurídicos, polo que, unha vez transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado no apartado 1.º do artigo 29.º desta ordenanza, será título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección. Neste caso engadirase á comunicación previa dilixencia da Dependencia Administrativa Instrutora pola que se declarará completa a documentación presentada o que permitirá que os técnicos municipais comproben o seu contido e o cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa de aplicación e poidan cursar visita de inspección ao emprazamento das actuacións comunicadas para comprobar se se axusta á documentación presentada e á normativa aplicable. Cando a comunicación presentada e/ou a documentación que con ela se acompaña sexa insuficiente ou incorrecta, dentro do prazo dos quince días seguintes á súa presentación, requirirase á persoa interesada para que se absteña de iniciar a súa actuación concedéndoselle un prazo de dez días para subsanar as deficiencias detectadas, coa indicación de que se así non o fixese se lle terá por desistido da súa comunicación arquivándose o expediente sen máis trámite de conformidade ao previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo común, e sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade e sancionador. As actuacións suxeitas a comunicación previa poderán realizarse unha vez transcorrido o prazo de 15 días hábiles desde a presentación da documentación no caso de cumprir con todos os requisitos esixidos sen que o Concello requirise corrección das deficiencias observadas. Por motivos de acumulación de traballo poderase prorrogar o prazo a 20 días hábiles notificándose ao solicitante a resolución municipal que así o autorice (art. 23 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas). Transcorrido o prazo de quince días hábiles desde a presentación da comunicación previa sen que se requira ao interesado a corrección de posibles deficiencias que puideran existir, poderanse iniciar as actuacións comunicadas, sen que a inactividade da administración implique enmenda dos defectos ou irregularidades que presente o contido da comunicación ou da documentación que se lle adxunta nin os que poida presentar a actuación obxecto da comunicación. Se unha vez declarada completa a documentación presentada e trasladada aos técnicos municipais para a súa comprobación se detectara que o contido desta non se axusta á normativa de aplicación ou ao planeamento urbanístico en vigor ditarase resolución notificando esta circunstancia ao comunicante e indicando que debe de absterse de iniciar a obra ou, no seu caso, que debe de suspender de inmediato a súa execución, incoándose expediente de reposición da legalidade coa audiencia pertinente ao interesado. Poderase facer unha comunicación de tala para varios montes ou parcelas catastrais, cando os traballos vaian a efectuarse de forma simultánea, debendo constar os datos de cada unha das parcelas nas que se vaia a realizar a tala. Os modelos do Anexo I (válido para comunicación previa) está a disposición dos interesados na web do Concello de Cabanas ou na oficina de rexistro da Casa do Concello. Este modelo recolle o contido mínimo da memoria técnica a presentar xunto coa comunicación previa relativa ás operacións forestais a desenvolver e deberá ir firmada por técnico competente. Artigo 13.–Limitacións ás actividades forestais. – Non poderán levar a cabo as actividades reguladas na presente ordenanza, no ámbito do territorio do Concello de Cabanas, as persoas físicas ou xurídicas que manteñan débedas derivadas de expedientes abertos en cumprimento dos preceptos da presente ordenanza ata a conclusión do expediente ou a liquidación dos importes pendentes. – En ningún caso poderanse realizar os labores de corta e saca de madeira, con carácter profesional con maquinaría pesada sen contar coa autorización sectorial correspondente, xustificante da comunicación ou resolución da licenza municipal e establecemento de avais ou pago de taxas. – No caso de que a actividade forestal supoña a ocupación de terreos privados, o responsable deberá dispoñer previamente ao comezo da actividade forestal de autorización escrita do propietario da leira segundo o modelo disposto no Anexo III desta Ordenanza. – Poderase limitar ou denegar o tránsito polos viarios de forma motivada, remitindo ao interesado o correspondente informe razoado dos fundamentos da denegación ou limitacións impostas. – A policía local inspeccionará as actuacións, en orde á seguridade no transito e á superación da capacidade de carga dos camiños e vías municipais polas que estase a transitar, formulando a correspondente denuncia no seu caso. – Prohíbese o depósito e/ou almacenaxe no monte de refugallos que non sexan estritamente vexetais, por representar un risco importante para o inicio e propagación de incendios forestais ademais de supoñer un incumprimento grave en relación á obriga, por parte dos propietarios dos terreos e dos seus representantes, de impedir a contaminación da terra, do aire e da auga. Prohíbese o abandono e/ou a vertedura no monte de restos das cortas e sacas de madeira por representar un risco importante para o inicio e propagación de incendios forestais ademais de supoñer un incumprimento grave en relación á obriga, por parte dos propietarios dos terreos e dos seus representantes, da conservación e mantemento do solo natural e da masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios, mais da obriga de impedir a contaminación. Neste sentido, queda prohibida a acumulación ou o abandono dentro das parcelas forestais de calquera produto ou subproduto da actividade forestal. As persoas propietarias dos montes tratarán os restos forestais de maneira que minimicen o risco de incendio, dando prioridade aos tratamentos que supoñan a incorporación dos restos ao ciclo produtivo agro-forestal ou ao aproveitamento de biomasa forestal residual nas súas distintas variantes, só cando non se poidan acometer ditos traballos procederase á queima dos restos, observando as condicións de comunicación ou autorización regulamentarias. De conformidade co antedito, deberán deixarse as parcelas obxecto das cortas e sacas de madeira nas condicións de limpeza de restos e maleza que eviten riscos de propagación de incendios forestais de conformidade coas determinacións contidas na lexislación vixente en materia de protección contra incendios forestais. – Os residuos asimilábeis aos urbanos seleccionaranse e depositaranse no contedor municipal acaído e os residuos industriais, especialmente aceites usados, entregaranse a un xestor autorizado. – Prohíbese o depósito de subprodutos resultantes da explotación forestal, tales como biomasa forestal residual, achas, cortiza, resina e todo tipo de restos agrícolas e de produtos inflamábeis nas redes primarias e secundarias de xestión de biomasa con excepción dos lugares expresamente autorizados por licenza municipal. Ademais, deberase salvagardar de forma permanente unha área libre de vexetación de cando menos 10 metros arredor do perímetro delimitador do ámbito no cal se efectúe a acumulación dos produtos e subprodutos da explotación forestal (faixa de especial protección). – Queda terminantemente prohibido interromper os cursos de auga superficiais ou soterrados con motivo do desenvolvemento das actividades forestais. As alteracións topográficas o as alteracións sobre os cauces derivadas da actividade forestal dará lugar ás correspondentes denuncias ante o organismo autónomo de Augas de Galicia e ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan unha vez confirmadas a realización das infraccións por parte do Concello de Cabanas. Queda terminantemente prohibido o derrubamento ou mesmamente o desprazamento respecto da súa situación orixinal de cerramentos de parcela, valados e calquera outra construción de tipo tradicional de pedra con motivo das actividades forestais. A alteración e destrución de elementos e construcións tradicionais e mesmo a apertura de novos camiños non previstos polo planeamento municipal vixente dará lugar á correspondente denuncia ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan unha vez confirmadas a realización das infraccións por parte do Concello de Cabanas. – Os terreos obxecto da apertura de vías de saca temporais para as actividades forestais deberán ser repostos integramente ao seu estado orixinario sen que queden depositados sobre eles restos nin residuos de ningún tipo. Artigo 14.–Responsabilidades. – A persoa física ou xurídica (neste caso polo representante legal acreditado por medios válidos en dereito) titular da actividade asume a responsabilidade das actuacións forestais para as que se solicita licenza ou tramita a comunicación previa. – A persoa titular da actividade é responsable do mantemento dos requisitos que a actividade tiña que cumprir cando se presentou a comunicación previa. – A persoa física ou xurídica que firma a comunicación ou solicita a licenza será responsable xunto co madeireiro encargado da corta e a empresa encargada do transporte da madeira e o técnico redactor da memoria presentada no Concello, dos danos e prexuízos ás persoas, infraestruturas, bens patrimoniais e recursos naturais que se produzan ou ocasionen con motivo da súa actuación na tala, saca e transporte de madeira ou de calquera outra actividade forestal de que se trate, quedando obrigados solidariamente á reparación deles, incluíndo a limpeza e retirada dos restos forestais resultantes. No suposto de non ser identificado o madeireiro e o transportista, será responsable o propietario do monte ou da parcela catastral obxecto dos traballos forestais. – En ningún caso poderán iniciarse os traballos de tala sen contar previamente coas autorizacións sectoriais correspondentes cando as parcelas obxecto da actuación estean afectadas pola normativa sectorial de augas, patrimonio, estradas ou calquera outra que resulte de aplicación. – En ningún caso poderán iniciarse os traballos de tala sen contar previamente e cando corresponda coa autorización sectorial correspondente ao organismo competente en materia forestal. – Nas actividades obxecto desta ordenanza que se executaron sen título habilitante ou con inobservancia das súas condicións serán sancionadas as persoas físicas ou xurídicas responsables das mesmas en calidade de promotor da actividade, propietario dos terreos, madeireiro e técnico redactor da memoria técnica presentada. En caso de incumprimento dalgunha das obrigas contidas na presente ordenanza, o Concello requiriraos para o seu cumprimento, outorgándolles o prazo máximo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte ao da recepción do requirimento. Cando o madeireiro non puidera ser identificado, será responsable do cumprimento desas obrigas o propietario dos monte e/ou parcela de que se trate. As sancións que se impoñan aos distintos suxeitos por unha mesma infracción terán entre si carácter independente. – Estarán exentos de responsabilidade os menores de 14 anos. No caso de que a infracción fose cometida por un menor de 14 anos, a autoridade competente poñerao en coñecemento do Ministerio Fiscal. – Cando sexa declarado autor dos feitos cometidos un menor de 18 anos, un menor non emancipado ou unha persoa coa capacidade modificada xudicialmente, responderán, solidariamente con el, do pagamento das sancións pecuniarias que se lle impoñan, dos danos e perdas ocasionados de acordo co establecido no artigo 157.2 da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e da reposición ao seu estado orixinario da situación alterada pola infracción de acordo co establecido no artigo 162 bis os seus pais, titores, curadores, acolledores ou gardadores legais ou de feito, segundo proceda. Artigo 15.–Garantías. Pago de taxas e fianzas. 1. A solicitude de licenza ou a presentación de comunicación previa está suxeita ao pago da taxa por tramitación de expediente segundo a correspondente ordenanza fiscal. 2. Así mesmo, para as operacións de tala e saca de madeira deberase depositar unha fianza en metálico ou aval bancario en favor do Concello, co obxecto de responder dos posibles danos que no ámbito da súa responsabilidades poida xerar. A empresa madeireira suxeita á presente ordenanza establecerá unha fianza a favor do Concello, en calquera das formas establecidas na Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público, co obxecto de responder diante de posibles danos non reparados voluntariamente. En ningún caso se poderán realizar as operacións de corta sen ter constituído previamente a fianza e tela depositada no Concello. Será válido aval bancario polo importe estipulado, debendo abonarse no momento da realización da comunicación previa ou da solicitude de licenza e será válida para os terreos declarados como obxecto das tarefas de corta e saca de madeira ata un máximo de 6 meses. O importe da fianza fixase, segundo o peso máximo autorizado do vehículos de maior capacidade que se van empregar nas operacións da saca e transporte de madeira: CAPACIDADE DO VEHÍCULO (Peso máximo autorizado) | CUANTÍA | FIANZA | SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL | ≤ 16 Toneladas | 1.500 € | 50.000 € | ≥ 16 Toneladas | 3.000 € | 75.000 € |
A fianza responderá por todos os danos inherentes á actividade desenvolvida segundo o establecido no artigo 16 desta ordenanza. A contía poderá ser incrementada e determinada a proposta do servizo municipal competente tras a cuantificación da superficie da intervención proposta e os potenciais riscos e impactos sobre a mesma. 3. No caso de que nas operacións de depósito, carga e transporte interveñan vehículos de empresas distintas á que se encarga da tala, estarán obrigados a subrogalos na súa fianza, ou ben a que a deposite a propia empresa de transporte. En caso contrario, a persoa física ou xurídica titular da actividade e a persoa ou empresa encargada da tala, serán responsables solidarios dos danos ocasionados nas vías públicas municipais ou a terceiros que circulen por elas como consecuencia das operacións de depósito, carga e transporte de madeira da tala. 3. Unha vez efectuada a comunicación previa ou obtida a preceptiva licenza, a persoa ou entidade interesada deberá comunicar á Policía Local o día de inicio da corta de madeira aos efectos da supervisión inicial por parte da mesma do estado en que se atopan os camiños municipais afectados e obtendo as fotografías que sexan pertinentes para acreditar a súa realidade física. 4. Unha vez rematados os traballos deberá comunicarse ao Concello esta circunstancia aos efectos da realización dunha visita de inspección do estado dos camiños por parte da Policía Local. Unha vez comunicado o remate dos traballos por parte da persoa interesada, a tramitación administrativa da devolución da fianza completarase nun prazo de trinta días naturais, unha vez que a Policía Local teña comprobado a inexistencia de danos nas vías municipais, infraestruturas ou dominio público local. 5. A devolución da garantía deberá ser solicitada polo depositante e a súa tramitación completarase nun prazo de trinta días naturais, unha vez que: – A Policía Local teña comprobado mediante a correspondente visita de inspección o mantemento do entorno en condicións similares as de partida e a inexistencia de danos nas vías municipais, infraestruturas ou dominio público local. – O servizo municipal competente emita o correspondente informe de verificación no que se faga constar a adecuación das actuacións comunicadas ou autorizadas coas desenvolvidas. 6. En caso de incumprimento, por ocasionarse desperfectos nas vías, servizos e infraestruturas municipais, o Concello requirirá á persoa titular da actividade e ao madeireiro para que procedan á efectuar as reposicións que sexan pertinentes nun prazo máximo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte ao da recepción do requirimento e tras ser avaliados os desperfectos pola Policía Local e os servizos municipais competentes. O anteriormente disposto enténdese sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan polos incumprimentos desta Ordenanza. 7. Transcorrido ese prazo sen que se dea cumprimento ao requirimento, o Concello acordará a realización dos traballos que sexan necesarios, a costa do obrigado, sobre o importe da garantía depositada. Cando as cantidades depositadas en concepto de garantía resulten insuficientes para sufragar os traballos mencionados no parágrafo anterior, recadarase a diferenza en concepto de ingreso de dereito público. Todo elo sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan polo incumprimento desta Ordenanza. Artigo 16.–Uso das fianzas e execución subsidiaria. Comprobados os feitos causantes do dano ou acumulación de residuos xerados nas tarefas comunicadas ou autorizadas, o Concello de Cabanas poderá realizar previa tramitación do procedemento, con cargo á fianza ou aval, as operacións de reparación, repoboación, corrección e/ou retirada de restos, sen prexuízo da sanción que proceda. Se os danos foron dunha contía superior a da garantía, o servizo municipal competente elaborará un informe técnico sobre ditos danos e emitirá o requirimento ao responsable da actuación para que abone o importe dos custos de reparación e reposición, mediante a tramitación do correspondente expediente administrativo, conforme ao previsto na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas. Artigo 17.–Cancelación de garantías. Previa solicitude efectuada polo responsable da actividade forestal procederase á devolución dos avais depositados na Tesourería Municipal tendo en conta as seguintes condicións: a) Cancelación da garantía por danos derivados da actividade forestal. Para poder procederse á cancelación e devolución da garantía será preceptivo previo o informe dos servizos técnicos municipais no que se deixe constancia de que non foron ocasionados danos nas infraestruturas e bens municipais pola actividade forestal. b) Cancelación da garantía compensatoria de reposición. Unha vez finalizadas as actuacións de reposición ou transplante, previa comunicación por parte do responsable a través de solicitude presentada no rexistro municipal, os técnicos municipais competentes, transcorridos 12 meses realizarán visita de inspección co fin de verificar o cumprimento das condicións establecidas na resolución municipal, informando do éxito o fracaso da reposición ou transplante. Se do informe despréndese que o arborado reposto ou transplantado atópase nas debidas condicións, procederase a devolver a garantía depositada para responder do éxito da actuación executada. En caso contrario, será executada e destinada á reposición compensatoria das árbores non termo municipal de Cabanas.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO III.–USO DA REDE DE VIAIS, PISTAS E CAMIÑOS MUNICIPAIS
|
|
|
|
Artigo 18.–Xeneralidades. 1. Unha vez presentada a solicitude de licenza ou presentada a comunicación previa para o desenvolvemento dunha actividade forestal, constatándose que a documentación a presentar está completa, o persoal do Concello comprobará, en base á documentación aportada o estado físico dos camiños e vías que vaian ser utilizados, obtendo as fotografías que sexan pertinentes para acreditar a súa realidade física. 2. Unha vez realizada a inspección e á vista do informe pertinente o Concello comunicará, ao promotor o prazo para realizar os traballos. 3. O Concello, excepcionalmente, poderá denegar ou limitar o acceso e/ou o lugar de depósito por calquera das vías ou zonas indicadas na documentación presentada no Concello, de forma motivada, tendo en conta o seu estado, a resistencia do seu firme, a súa situación, a súa utilización na data solicitada para outros fins, ou calquera outra causa xustificada. Artigo 19.–Uso. Queda terminantemente prohibido na rede de viais, pistas e camiños municipais: a) O uso anormal ou que cause danos ou sexa contrario á seguridade do tráfico. b) O arrastre de madeira, biomasa e materiais de construción. c) O emprego de maquinaria de cadea, salvo en limpeza e mellora das propias pistas, ou os que se empreguen en obras ou melloras aprobadas ou promovidas municipalmente. d) Depositar e/ou botar terra, pedras, formigón, todo tipo de entullos, refugallos, restos de madeira, e biomasa en calquera tipo de vía, nas cunetas e en calquera lugar non autorizado expresamente. e) As vías públicas e os seus elementos funcionais non se poderán utilizar para almacenaxe de madeira e produtos forestais, aínda que se autoricen as operacións para a súa carga, solicitando de ser o caso, o permiso municipal correspondente de ocupación de vía pública municipal, quedando suxeita no caso de existir ás taxas correspondentes. No suposto de referirse á vías de titularidade da Xunta de Galicia ou da Deputación Provincial da Coruña, con carácter previo deberá obter autorización destes organismos. Non obstante, as cunetas quedarán sempre limpas e en bo estado de utilización. Os depósitos de rolla, ramas ou podalla non poderán invadir a zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas, nin menoscabar a funcionalidade das cunetas, rueiros, canalizacións, pontes ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa ao viario, nin supoñer risco para os usuarios da vía. A estes efectos, deberá respectarse unha separación mínima de 2,00 metros medidos respecto da aresta exterior da vía ou camiño (a cal deberá estar libre en todo momento de todo tipo de obstáculos), para efectuar a almacenaxe de produtos resultantes das operacións forestais e tamén para a situación dos vehículos e maquinaria a empregar na execución dos referidos traballos. f) Actividades á marxe do propio tránsito da maquinaria hasta a lugar do aproveitamento que supoña a compactación do terreo ou o risco de vertedura de substancias ou residuos perigosos sobre o solo. g) O aparcadoiro de vehículos por fóra das zonas sinalizadas e/ou previstas para tal cometido e o estacionamento de maquinaria. h) O corte de vías públicas que ocasionen interrupcións do tráfico rodado sen a posibilidade de establecer alternativas ao mesmo. i) O depósito de residuos asimilábeis aos urbanos os cales deberán depositaranse no contedor municipal acaído e os residuos industriais, especialmente aceites usados, entregaranse a un xestor autorizado. j) Prohíbese a existencia de árbores, arbustos, por fóra do límite das propiedades, exista peche da finca ou non, invadindo terreo de domino público local. No caso de plantacións dentro do domino privado, adxacentes a dominio público, ou con outros dominios privados, os propietarios aseguraranse de respectar as distancias mínimas establecidas nesta ordenanza e de que o voo das ramas non invadan o dominio público nin outros terreos adxacentes. En todo caso deberá respectarse as determinacións sobre distancias establecidas polo Código Civil. Artigo 20.–Obrigas. Son obrigas do propietario do monte e mais do madeireiro encargado de realizar as operacións de saca da madeira as seguintes: – Presentar nas oficinas municipais ou por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello o escrito de solicitude de licenza ou de comunicación previa segundo proceda. – Sinalizar os viais situados nas zonas de extracción e lugar de depósito de madeira, conforme ao establecido na normativa vixente en materia de tráfico, circulación e seguridade vial. Non se permitirá o corte de vías públicas que ocasionen interrupcións do tráfico rodado sen a posibilidade de establecer alternativas ao mesmo. – Constituír a garantía a prol do Concello, conforme ao establecido no Art. 15 da presente Ordenanza. – Limpar, retirar ou eliminar os residuos procedentes da corta da madeira e das operacións de carga e almacenamento, de xeito que as pistas, camiños, cunetas ou espazos públicos queden en todo momento no mesmo estado de limpeza e conservación que tiñan antes de levarse a cabo esas operacións. Esta obriga deberá cumprirse todos os días ao final da xornada de traballo. – Repor ao seu estado anterior as cunetas e as ramplas abertas para facilitar o acceso ás fincas ou montes. En todo caso, deberá evitarse causar danos sobre as cunetas e baixo ningún concepto poderán interromperse os cursos de auga. – Responder dos danos e desperfectos ocasionados nos lugares da tala, viais de acceso, instalacións e demais infraestruturas, como consecuencia da realización das actividades de saca de madeira. – As limpezas ou reparacións derivadas dos desperfectos ocasionados sobre as vías e camiños municipais deberán realizarse nun prazo máximo de 7 días hábiles, a partir da retirada da madeira ou da interrupción dos traballos antes da finalización destes. Transcorrido un prazo de sete días desde que se produciron os danos, a infracción ou a acumulación dos restos, o Concello de Cabanas poderá realizar con cargo á fianza as operacións de arranxo, corrección e/ou retirada dos restos, sen prexuízo da sanción que proceda, e de exercer as accións oportunas para resarcirse dos custes, se non fora suficiente a fianza. – Deberán adoptarse as medidas oportunas para que as vías municipais polas que se fai o transporte da madeira estean en todo momento libres de pólas, podalla, barro ou calquera outro elemento que supoña risco para os usuarios da vía. Artigo 21.–Limitacións de carga. – Non se poderá superar o tránsito de vehículos con masa máxima autorizada (M.M.A) ≥ 24 T por vías de leito natural seco o ≥ 20 T por vías con leito húmido e sen que se rexistren choivas. – O transporte de madeira e paso de máquinas pesadas realizarase en condicións meteorolóxicas favorables. Para ese efecto, considerarase que son condicións favorables cando haxa tal nivel de humidade na terra que ao paso de rodas de camión non se forme barro e non se xeren estrías ou afundimentos parciais ou totais na plataforma da pista. Os días de choiva e/ou cando o firme non estea totalmente seco e exista barro no firme queda prohibido circular con vehículos de motor cuxo peso de vehículo máis carga sexa superior a 10 T. – Exceptúanse das prohibicións desta Ordenanza a circulación de vehículos de Institucións e Entes Públicos no exercicio das súas funcións, tales como gardas forestais, medios de loita contra incendios, policía, bombeiros ou protección civil. Artigo 22.–Velocidade de circulación da maquinaria adscrita á actividade. Co fin de reducir o risco de accidentes e molestias a peóns, corredores, ciclistas e animais, os condutores coidarán de axustar a velocidade, reducíndoo ata o punto necesario nos tramos pendentes e perigosos, na proximidade de gando, ante a presenza de viandantes, así como nas tempadas secas para reducir a emisións difusas de po. Recoméndase non exceder os 30 km/h. Artigo 23.–Sinalización. Para asegurar a maior seguridade das persoas que poidan atoparse na contorna onde se realiza o aproveitamento, o responsable das operacións de talla e saca da madeira, terá a responsabilidade de dispoñer da sinalización adecuada dos riscos de forma permanente desde o inicio hasta a finalizacións dos tránsitos. De xeito xeneralizado empregarase sinais con texto explicativo ao pe da representación gráfica, restrinxindo o uso de cinta de balizado en situacións específicas en que sexa a mellor das opcións de previr sobre o risco. A lo menos a sinalización aportará información sobre: a) Zona de traballos forestais en curso b) Perigo talla de árbores c) Entrada-saída de camións nos accesos principais as parcelas, pistas, cruzamentos e sendas, carreiros de bicicletas e calquera outros vía de transito da rede do municipio. Ao finalizar os tránsitos asociados ás operacións de talla e saca comunicadas ou autorizadas, procederase á retirada de todo o material de sinalización empregado procedendo a adecuada xestión dos residuos que poidan xerarse.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO IV.–CONSERVACIÓN E LIMPEZA
|
|
|
|
Artigo 22.–Medidas xerais de protección. O responsable da tala e saca de madeira velará pola conservación dos espazos de titularidade e competencia municipal polos que transita e opera, procedendo a: a) Recoller na comunicación previa ou na solicitude de licenza a utilización de camiños e cargadeiros xa preexistentes, nos que xa esta demostrada a condición de que non xeran problemas ambientais ou coa veciñanza. b) Desenvolver os traballos no intervalo horario e no prazo especificado na resolución da licencia ou no acordo sobre a comunicación previa efectuada, de conformidade a Orde de 26 de novembro de 2018 pola que se aproba a proposta de Ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia. c) Marcar de forma clara e diferenciada as arbores que deben ser protexidos, os que podan ser obxecto de transplante o tala, segundo os termos de resolución da licenza municipal. d) Informar a todo o persoal que interveña na actividade forestal da importancia da conservación do entorno, da vexetación e das repercusións sancionadoras polos danos que poidan producirse. e) Descartar por quedar prohibido por esta ordenanza, o uso das árbores e arbustos para o apoio ou suxeición de sinais, cordas, cables ou atar ferramentas ou maquinaria. f) Non realizar modificación da rasante do perfil do terreo no seu estado natural. No caso de ser a única alternativa viable a modificación da rasante do perfil do terreo no seu estado natural, previa aprobación na licenza municipal, poderase levar a cabo, sempre e cando terminada as operacións autorizadas se restitúa ao estado previo as intervencións. As solicitudes de licenza deberán xustificar a necesidade de modificación e claramente a posición da rasante resultante aportando información da topografía da zona de intervención e descrición de potenciais efectos sobre as parcelas lindeiras, viais, camiños ou calles. g) Asegurar a estabilidade e control da erosión de noiros, reducindo ao mínimo posible a lonxitude e inclinación e non deixando solos espidos, raíces descubertas, executando técnicas que melloren a capacidade do solo (achega e estendido de terra vexetal, substratos artificiais, tecnosoles, fertilizantes, produtos acondicionadores, absorbentes e estabilizantes) para que as plantas poidan colonizalo, evitando arrastre de terras e perdas de solo. h) Arranxo e reparación inmediata dos deterioracións que se poidan producir debendo restablecer as condicións fisico-mecánicas naquelas infraestruturas que quedaron danadas. i) Revisión do estado dos pasos de auga, cunetas de evacuación e drenaxes superficiais para facilitar o discorrer natural das augas pluviais entre a vexetación e o filtrado natural ao terreo, evitando a aparición de fochas e arrastre de terras. j) Reposición das infraestruturas vinculadas a subministracións de servicios auga, saneamento, telefonía, iluminación, etc.) k) Non realizar, por quedar prohibido por esta ordenanza, actividades que supoña a compactación do terreo, así como a aportación de cemento, formigón, alcatranado ou almacenaxe de substancias ou residuos perigosos. l) Retirada de terras alteradas pola vertido accidental de sustancias contaminantes procedendo a entrega do residuos de terras contaminadas a xestor autorizado, poñendo a disposición dos técnicos municipais o da policía local os rexistros que evidencian o cumprimento dos requisitos legais de aplicación. m) Presentar ante o servizo municipal e o órgano ambiental con competencia un plan de actuación para a recuperación do solos que poidan resultar contaminados polo derrame accidental e relevante de sustancias ou residuos perigosos. n) Repoboar con especies arbóreas non prohibidas, descartando a plantación das especies relacionadas no Anexo V no ámbito delimitado no mesmo. o) Unha vez cortados os eucaliptos, realizar as tarefas necesarias para evitar a repoboación espontánea e natural dos mesmos nos ámbitos do solo rústico nos cales non se permite a repoboación con esta especie, tal e como se regula posteriormente na presente ordenanza. p) Manter no ámbito de faixa secundaria a limpeza procedendo a xestionar a biomasa vexetal e no seu caso substituír os exemplares das especies arbóreas prohibidas e relacionadas no Anexo V por exemplares das especies relacionadas no Anexo IV ou outras especies non prohibidas que non sexan alóctonas. Artigo 24.–Protección física de especies vexetais. – As árbores e arbustos situados en terreos públicos que se poidan ver afectados polo desenvolvemento dunha actividade forestal e que poidan ser danados por elas, serán protexidos fisicamente mediante taboleiros ou cercado individual ao redor do tronco, desde a súa base ata unha altura de 2 m, utilizando material acolchado para evitar que a colocación das táboas poida danar a cortiza, procedéndose á retirada de material unha vez finalicen a actividade forestal comunicada ou autorizada por licenza. – Evitarase toda operación que poida supoñer unha alteración do sistema radical das árbores e arbustos. Os exemplares cuxo sistema radical poida ser eliminado por riba dun 30%, tras a obtención de licenza deberan ser talados procedendo a reposición compensatoria regulada nesta ordenanza. Nos casos en que a amputación das raíces sexa por debaixo do 30% do sistema radical deberase: – Selar con cicatrizante, de forma inmediata a amputación, a zona de corte das raíces de tamaño ≥ 5 cm. – Cubrir con terra vexetal húmida as raíces que poidan quedar descubertas antes das catro primeiras horas da realización do corte. – Nunca se realizaran modificacións da rasante do terreo natural por encima ou por debaixo do enraizamento do arborado. – Queda prohibida con carácter xeral a poda drástica inxustificada, indiscriminada e extemporánea de todo arbore ou arbusto salvo que se dispoña de licenza municipal o resolución de comunicación previa ordenando tal actuación. Esta prohibición é extensiva a toda actividade forestal. Artigo 25.–Retirada e provisión de terra vexetal. Sempre que as operacións forestais planificadas requiran movementos de terras procederase á retirada selectiva da terra vexetal para a súa posterior utilización no proceso de reposición. A terra vexetal amorearase, formando pilas de ata unha altura máxima de 1,5 m sen compactar e facilitando a súa aireación. En ningún caso as provisións poden afectar á rede de drenaxe natural e as pilas de terra vexetal non poderán permanecer máis aló da data estipulada de finalización dos traballos, tanto os sometidos a comunicación previa como os que sexan motivo de licenza. Artigo 25.–Cargadeiros de madeira. As pilas de madeira formaranse sobre solo chairo capaz de soportar a carga sen sufrir deformacións que alteren as súas características edáficas. Na base da pila colocaranse os troncos de maior sección e lonxitude, calzando os troncos exteriores coas cuñas adecuadas para reducir o risco de esvaramento. Cada tongada de troncos debe ter un tamaño menor que a anterior. Dispoñeranse zunchos de atado ou postes de apuntamento para evitar o esvaramento. A localización das pilas de madeira queda limitada ao espazo comunicado ou delimitado pola licencia obtida para o desenvolvemento da actividade forestal que motiva a súa presencia no monte. Está prohibido a almacenaxe de materias primas perigosas ou residuos perigosos no espazo delimitado para o cargadeiro de madeira así como o estacionamento de maquinaria que poida ser motivadora de compactación do chan ou xeradora de potenciais derrames de substancias contaminantes sobre o solo. Artigo 26.–Limpeza. O responsable da tala e saca de madeira está obrigado a limpeza, retirada e xestión dos residuos xerados, debendo atender os requirimentos e os prazos comunicados polos técnicos do servizo municipal competente ou da policía local para corrixir as deficiencias que proceda. Os espazos municipais afectados pola intervención forestal deberán quedar totalmente limpas, sen ningún tipo de restos de materiais que supoña incremento da carga de lume, risco de propagación de enfermidades ou de contaminación do medio. Os residuos de podas deben ser retirados e xestionados para a súa valorización, quedando prohibida: – A queima dos mesmos. – A permanencia de restos de ramas cun diámetro superior aos 5 cm sen triturar. Respecto a outro tipo e natureza de refugallos, queda prohibida: – A dispersión no medio de restos de material e bridas de atado. – O abandono de envases ou embalaxes. – O depósito de calquera residuos xerados pola actividade forestal nos colectores da recollida de residuos do Concello de Cabanas, debendo o responsable dispor, e ter a disposición da inspección, os correspondentes rexistros de que a súa xestión, segundo a súa natureza e composición faise mediante xestores de residuos autorizados. – Estas obrigas deberán cumprirse todos os días ao final da xornada de traballo.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO V.–PLANTACIÓNS, REPOBOACIÓNS E TRASPLANTES
|
|
|
|
Artigo 27.–Condicións xerais. As actuacións forestais de plantación, repoboación e transplante realizaranse conforme ao establecido na lexislación vixente en materia de montes e de protección contra os incendios forestais en canto a especies e distancias. Queda prohibida a plantación ou transplante de: a) Calquera exemplar das especies relacionados no Anexo V en solo urbano, urbanizable e no ámbito correspondente ás faixas secundarias de xestión de biomasa. b) Especies alóctonas que danen o carácter da paisaxe e o equilibrio ecolóxico no ámbito do solo rústicos de especial protección forestal. c) As plantacións e repoboacións de eucaliptos fóra de ámbitos clasificados como solo rústico de especial protección forestal polo planeamento municipal vixente. Artigo 28.–Regulación normativa. A tramitación das repoboacións forestais efectuarase en cada momento de conformidade coas determinacións establecidas tanto na lexislación e normativa urbanística e/o do solo como na normativa e lexislación sectorial vixente en materia de montes, de protección contra os incendios forestais sen prexuízo das outras autorizacións administrativas que fosen procedentes por afectacións derivadas da normativa sectorial vixente en materia de augas, patrimonio, estradas ou calquera outra que resulte de aplicación. Os propietarios están obrigados a manter en todo momento a franxa de terreo que se utiliza para marcar as distancias mínimas limpas de maleza, restos e xermolos de árbores. As repoboacións forestais deberán manterse en todo momento limpas en condicións e características axeitadas para a prevención e mellor defensa contra os incendios forestais, respectando en todo caso as determinacións establecidas pola lexislación e normativa vixente en materia de protección e prevención contra incendios forestais. Os titulares de fincas que realicen repoboacións forestais, respectarán as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente en materia forestal e de protección e prevención contra incendios forestais, debendo manter limpas as masas arbóreas de ramas, sen que estas se estendan sobre as fincas adxacentes. Artigo 29.–Ámbito das plantacións e repoboacións forestais. De conformidade coas definicións e determinacións contidas na lexislación de montes e de protección contra os incendios forestais, as repoboacións forestais limitaranse aos ámbitos clasificados polo planeamento municipal vixente como de solo rústico de especial protección forestal, de especial protección de espazos naturais e de especial protección paisaxística, (ou con clasificación equivalente por aplicación das determinacións da lexislación do solo e/ou urbanística para planeamentos non adaptados) e sempre condicionado á posible autorización dos correspondentes organismos competentes. As plantacións e as repoboacións con eucaliptos soamente poderán efectuarse en terreos clasificados como solo rústico de especial protección forestal (ou con clasificación equivalente) polo instrumento de ordenación municipal vixente. Artigo 30.–Reposición compensatoria. Nos supostos de tala en solo urbano, solo urbanizable e nas talas de exemplares illados sen aproveitamento forestal, cando a tala ou derribo sexa a única alternativa viable, será esixida a reposición por arborado equivalente sendo obrigación do responsable, a plantación dun exemplar por cada árbore talada, excepto no suposto que na memoria da documentación técnica presentada se motive e xustifique que non é necesaria tal reposición: por non afectar a especies singulares, por impedir plasmar a edificabilidade que corresponde á parcela, por quedar suficientemente garantida a cobertura vexetal do espazo libre da parcela, polo incumprimento de distancias a lindeiros ou en plantacións polo incumprimento das distancias establecidas na Lei de Montes e na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais. De ser posible o lugar de reposición será o mesmo que onde se produce a curta e na mesma localización do exemplar eliminado, correndo a cargo do responsable da actuación, a adecuación do terreo da plantación coa apertura de foxos e abonado correspondente, a carga, transporte, descarga, plantación e todas as accións de mantemento requiridas durante polo menos o primeiro ano de vida. No caso de que non sexa posible ou conveniente a reposición no mesmo lugar, terase que realizar en espazos de titularidade municipal do Concello de Cabanas, no lugar indicado polo servizo municipal competente, asumindo o responsable da reposición a adecuación do terreo coa retirada de raíces, apertura de foxos e abonado correspondente, a carga, transporte, descarga, plantación e todas as accións de mantemento requiridas durante polo menos o primeiro ano de vida. En todas as reposicións esíxese: a) Plantación de exemplares con terrón xerada de semente certificada para garantir as súas características xenéticas, debéndose tratar de material seleccionado da especie, que cumpra coa normativa vixente nos requisitos sanitarios, de procedencia e calidade, na forma que sexa esixida pola autoridade competente, dispoñendo do certificado de patrón coa etiqueta correspondente. b) Emprego de planta forestal coas seguintes características: – Frondosas de 2 zumes repicado maior de 100 cm. – Castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 m e ata 2 m, de 2 zumes. – Piñeiro de 1 ou 2 zumes con terrón. c) Realizar as reposicións de castaños, empregando exemplares de castaño autóctono inseridos sobre patrón resistinte a enfermidade da tinta e que cumpra coas especificacións requiridas no apartado b). A nivel de parcela só admitiranse o emprego de especies do anexo IV ata un máximo de 3 especies. Previa a resolución da licenza ou dos títulos habilitantes de natureza urbanística indicarase o importe da garantía compensatoria de reposición, a cal será cuantificada do seguinte xeito: – De tratarse de exemplares illados, estimarase en base a prezos actuais de mercado, a estimar polo técnico municipal competente. – De tratarse dunha reposición que afecte a unha superficie de terreos, establécese un prezo de reposición estimado en 3.000 €/Ha, ou o que é o mesmo, en 0,3 €/ m2. Por conseguinte, o importe da garantía compensatoria resultará de aplicar a seguinte fórmula: C = S x c.u. Onde: C = Importe da garantía compensatoria de reposición expresada en €. S = Superficie afectada pola tala expresada en hectáreas ou en metros cadrados; c.u = 0,3 no caso de calcularse en m2 ou 3.000 no caso de calcularse en Ha. A garantía constituirase na tesourería municipal en metálico ou en aval bancario. A licenza ou os títulos habilitantes da execución da actividade non adquiren eficacia en tanto non se presentou na Tesoureira Municipal a garantía de reposición. Transcorridos 12 meses dás labores de reposición compensatoria, os técnicos do servizo municipal competente, previa comprobación sobre o terreo, verificará o estado da reposición segundo o cal se determinará a devolución do aval. O responsable da reposición compensatoria poderase abster de realizar a plantación compensatoria, optando pola execución subsidiaria por parte do Concello. Para elo o responsable aboará os costes de adecuación do terreo da plantación coa retirada de raíces, apertura de foxos e abonado correspondente, a carga, transporte, descarga, e plantación polo importe calculado para o importe da garantía compensatoria de reposición indicada anteriormente. De acollerse a esta opción deberá quedar especificado na solicitude de licenza ou na formulación da comunicación previa e presentar xunto co resgardo da autoliquidación. De acollerse ao suposto de delegar a execución ao Concello, a constitución da garantía de reposición compensatoria substitúese pola autoliquidación voluntaria.
|
|
|
|
|
TÍTULO III.–LIMPEZA DE FINCAS E TRABALLOS AGRÍCOLAS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAPÍTULO I.–LIMPEZAS
|
|
|
|
Artigo 31.–Obxecto. O presente título ten por obxecto minorar os riscos de formación e propagación de incendios forestais primando a seguridade para bens e persoas, compatibilizándoo con a protección das masas arbóreas no solo rústico, de conformidade coas determinacións contidas na lexislación vixente en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Primarase: – A eliminación dás especies arbóreas prohibidas e a súa substitución por especies arbóreas permitidas. - Os labores de limpeza e conservación das masas arbóreas máis que a eliminación do arborado existente. Artigo 32.–Competencias. 1. O Concello de Cabanas ten a competencia para vixiar o cumprimento e impoñer o cumprimento forzoso das seguintes obrigas: a) Xestión da biomasa vexetal e de retirada das árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, nunha franxa de 50 m: 1. Perimetral ao solo urbano, e urbanizable. 2. Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 m do monte, tendo en conta que non teñen a consideración de monte o solo rústico ordinario, o solo de especial protección agropecuaria, o solo urbano, o solo urbanizable e o solo de dominio público 3. Arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte. 4. Arredor do viario municipal. b) Xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade inmediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de influencia forestal. 2. En todos os casos non comprendidos no número anterior, corresponde á Administración xeral da Comunidade Autónoma a competencia para vixiar o cumprimento e impoñer o cumprimento forzoso das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta ordenanza. Para a aplicación deste artigo estarase á delimitación do ámbito de faixas secundarias de xestión de biomasa, as cales determinaranse a partires das delimitacións establecidas para os distintos tipos de solo clasificados polo planeamento municipal vixente.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II.–LIMPEZA DE FINCAS E XESTIÓN DE BIOMASA
|
|
|
|
Artigo 33.–Obrigas. As persoas responsables terán a obriga de: a) Xestionar a biomasa vexetal dos terreos manténdoos limpos de maleza, nas debidas condicións de seguridade e salubridade, debendo proceder a súa desinfección e desratización periódica, mantendo o correcto estado sanitario da vexetación e evitado afeccións negativas ao espazo público, evitando que a vexetación das fincas da súa propiedade, invada a vía pública, cunetas e pasos de auga. b) Así mesmo, é obriga dos propietarios de fincas extremeiras coa vía pública, a poda das pólas das árbores que partindo da súa propiedade invadan a vía pública nunha altura inferior de 4,5 metros. No caso de árbores de froita estarase ao disposto no artigo 591 do Código Civil. Exténdese o previsto neste apartado o disposto no artigo 592 do Código Civil. c) Xestionar a biomasa vexetal arbustiva e subarbustiva, nos terreos lindeiros coas vías e camiños de titularidade municipal, nunha franxa de 2 m medidos dende a aresta exterior da vía ou camiño. d) De conformidade co disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos espazos correspondentes aos ámbitos das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, será obrigatorio para as persoas responsables, xestionar a biomasa vexetal. e) Retirar as árbores das especies relacionadas no Anexo V desta ordenanza (coincidentes coas sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007) existentes no ámbito das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, nunha franxa de 50 m. Nestes ámbitos, as novas árbores a plantar deberán pertencer as especies relacionadas no Anexo IV ou doutras especies non prohibidas que non sexan alóctonas. En caso de incumprimento do establecido nos apartados anteriores deste artigo, o Concello poderá notificar ás persoas responsables as súas obrigas en materia de limpeza de fincas extremeiras coa vía pública e de xestión de biomasa. Se no prazo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á recepción do requerimento, os titulares das fincas non acometen as tarefas de limpeza, o Concello poderá proceder á execución subsidiaria dos citados traballos de limpeza, repercutindo os custos destes traballos nos propietarios da parcela e, todo iso, sen prexuizo de seren comunicados, no caso de que non sexa competencia do concello, á Consellería competente nesta materia para que se inicie o procedemento sancionador que corresponda. Artigo 34.–Criterios. As persoas responsables consonte ao disposto na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, deberán acometer nos prazos establecidos a xestión da biomasa na totalidade da parcela conforme aos seguintes criterios: a) Roza para eliminación do estrato herbáceo e arbustivos sempre que supoña un mínimo risco para a propagación de incendios incontrolados de vexetación ou que supoña un problema para a salubridade pública. b) Poda e rareo do estrato arbóreo de forma que se manteña unha descontinuidade horizontal entre as copas das arbores e vertical entre estas e os estratos herbáceos e arbustivos, non sendo este criterio aplicable en parques e xardíns municipais, arbores senlleiras ou aquelas que cumpran funcións ornamentais, que se atopen illadas e non supoñan risco para a propagación de incendios incontrolados de vexetación. Artigo 35.–Distancias. As masas forestais preexistentes deberán adecuarse para gardar, respecto das edificacións, vivendas illadas, pozos e instalacións industriais, a distancia mínima de 15 metros cando se trate de especies frondosas (Anexo IV desta Ordenanza), e de 50 metros no resto de especies, tal e como establece a Lei 7/2012 de montes de Galicia. Artigo 36.–Execución subsidiaria. Corresponde ao Concello de Cabanas a competencia para a execución forzosa nos supostos de incumprimento voluntario das obrigacións de xestión da biomasa vexetal e de retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas redes de faixas secundarias de xestión da biomasa e nunha franxa de 50 metros ao redor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións. O efecto procederá á imposición de multas coercitivas ou á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, no seu caso, comiso das especies arbóreas prohibidas previamente retiradas pola Administración. Seguirase o procedemento establecido na Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural (publicada no DOG n.º 87, do 7 de maio de 2018). O incumprimento das obrigacións por parte da persoa propietaria do terreo implicará o incumprimento da función social da propiedade e será causa de expropiación forzosa por interese social, no caso de que os custos acumulados da execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa que o Concello houbese asumido con cargo ao seu orzamento, e que non lle poida repercutir a aquela por descoñecerse a súa identidade, superen o valor catastral da parcela. Para a venda de madeira procedente da execución subsidiaria estarase ao establecido no artigo 22 ter da Lei 3/2007, do 9 de abril. As medidas de prevención de incendios para o suposto de novas urbanizacións ou novas edificacións en terreos forestais ou en zonas de influencia forestal son as establecidas no artigo 23 da Lei 3/2007, do 9 de abril, e deberán recollerse na normativa dos instrumentos de plan ou nas licenzas urbanísticas, respectivamente.
|
|
|
|
|
CAPITULO III.–TRABALLOS AGRÍCOLAS EN FINCAS EXTREMEIRAS COA VÍA PÚBLICA
|
|
|
|
Artigo 37.–Arado e outros traballos agrícolas en fincas extremeiras coa vía pública. O límite de aradura debe ser o límite do noiro ou do terraplén ata onde chegue a maquinaria sempre realizando o traballo dentro da propia finca sen invadir o límite do dominio público. A invasión das cunetas para o seu cultivo como se foran parte da finca extremeira constitúe apropiación do dominio público e uso indebido do mesmo, sendo obxecto de sanción por parte do Concello. Todos os traballos que impliquen emprego de maquinaria deberán efectuarse dentro dos límites da propia finca, quedando prohibida a realización de manobras de xirado, arrastre de apeiros ou calquera outra que poida implicar danos á vía pública. O arrastre de terras ou calquera outro material, que dificulte ou supoña perigo para a circulación debido á entrada ou saída de maquinaria da vía pública deberá de ser retirada polo causante coa maior celeridade posible, sendo responsable o causante da infracción.
|
|
|
|
|
TÍTULO IV.–CERRAMENTOS E ACCESOS ÁS FINCAS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAPÍTULO I.–CERRAMENTOS
|
|
|
|
Artigo 38.–Cerramentos en fincas extremeiras coa vía pública. Os cerramentos en fincas extremeiras coa vía pública estarán suxeitos ao réxime xeral de comunicación previa de obras. De acordo co planeamento municipal vixente as distancias serán: En solo de núcleo rural os peches aliñaranse a unha distancia mínima de 4 metros dende o eixo do vial (quedando sempre a cuneta libre), respetando en todo caso as aliñacións marcadas nos planos de ordenación dos núcleos rurais. En solo rústico as distancias dos peches serán de 4 metros ó eixo da vía (quedando sempre a cuneta libre).
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II.–ACCESOS ÁS FINCAS OU SALVACUNETAS
|
|
|
|
Artigo 39.–Construción de salvacunetas. O Concello poderá limitar os accesos dende os camiños públicos ás fincas particulares e establecer con carácter obrigatorio os lugares en que teñen que construírse estes accesos por razóns técnicas. A construcción de salvacunetas estará sometida ao réxime de comunicación previa, dacordo coa lexislación urbanística aplicable. Estes accesos ou salvacunetas deben construírse con tubos de cemento ou similar con paramentos debidamente reforzados con formigón e cun diámetro mínimo de 40 cm ou 315 mm no caso de tubo de PVC, debendo permitir o libre transcorrer das augas ao seu través, mantendo o nivel correcto para elo. Excepcionalmente poderá obrigarse ao emprego dun diámetro superior ou inferior cando sexa xustificable por razóns técnicas e os técnicos municipais o autoricen. Os gastos de construcción destes accesos correrán a cargo dos seus beneficiarios, e será tamén da súa responsabilidade o seu mantemento e substitución. Os accesos ou salvacunetas manteranse permanentemente en perfecto estado, mantendo libre a luz dos tubos co fin de permitir o perfecto transcorrer das augas, en caso contrario, os danos causados nas vías públicas motivados polo atranco intencionado correrán a cargo do seu propietario, reservándose o Concello o dereito de levantar dita entrada se con iso se minimizan os danos na vía, correndo os gastos de reposición por conta do seu propietario e todo iso sen prexuizo do inicio do correspondente expediente sancionador. Correrán a cargo do promotor os custos das reposicións ao seu estado orixinario dos desperfectos ocasionados sobre o dominio público viario e/ou das instalacións existentes que puideran resultar afectadas polas obras. Artigo 40.–Conservación de cunetas e sumidoiros.
Os titulares das fincas colindantes con camiños ou usufructuarios e arrendatarios estarán obrigados a proceder á limpeza da calzada nos supostos en que sobre ela se vertan terras, biomasa, etc, con motivo de labores agrícolas, forestais, desmontes, etc. Queda prohibida a vertedura de puríns na calzada, cunetas, taludes e terrapléns dos camiños públicos municipais. Queda expresamente prohibido o depósito nas cunetas de restos constructivos ou entullos, de materia vexetal, plásticos ou outros materiais, que poidan causar danos na maquinaria dos servizos municipais cando se fan as labores de mantemento. En caso de precisar de colaboración por parte do Concello na conservación delas, comunicarase en tempo e forma debida, co fin de minimizar os danos que poida ocasionar a súa obstrución. No caso de non comunicalo, o causante asumirá a responsabilidade dos posibles danos que se rexistren. O Concello poderá realizar ou construír novas cunetas, canos ou sumidoiros, que permitan unha mellor distribución das augas co fin de minimizar os danos que as escorrentías produzan nas vías públicas e mellorar así a súa conservación.
|
|
|
|
|
TÍTULO V.–DISCIPLINA E RÉXIME SANCIONADOR
|
|
|
|
O incumprimento do disposto na presente ordenanza sancionarase segundo o establecido nos seguintes artigos, ao abeiro do título XI da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. O réxime sancionador rexerase polo disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO I.–INSPECCIÓN E CONTROL
|
|
|
|
Artigo 41.–Actuacións de inspección e control posterior. 1. De conformidade co Decreto 144/2016, todas as actuacións incluídas no ámbito de aplicación destas normas quedan suxeitas á acción inspectora municipal, que pode ser exercida en calquera momento. Para tal efecto, o concello velará polo cumprimento dos requisitos aplicables segundo a lexislación de aplicación e estará facultado para investigar e inspeccionar as instalacións, establecementos, obras e actividades co obxecto de comprobar o cumprimento das condicións de funcionamento e a adecuación á normativa vixente e cantos requisitos correspondan, no marco da documentación presentada xunto coa comunicación previa. 2. O persoal municipal adscrito á inspección e vixilancia de actividades e establecementos, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e gozará do estatuto recollido na lexislación urbanística. 3. As persoas interesadas teñen o deber de cooperación para a comprobación da adecuación das obras e actividades á normativa aplicable. 4. As actuacións de comprobación e inspección, así como de vixilancia e control, axustaranse ao disposto na lexislación sectorial, así como ás prescricións destas normas. Malia o anterior, no marco das competencias municipais poderá requirirse, en calquera momento, a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos aspectos cuxo cumprimento resulte exixible de acordo coa normativa de aplicación. O control realizado posteriormente á presentación da comunicación previa levarano a cabo os servizos municipais no xeito que determine o plan de inspección aprobado polo concello, sen prexuízo da utilización de medios de colaboración pública, a través de fórmulas de colaboración interadministrativa, ou de medios de colaboración privada, a través das entidades de certificación de conformidade municipal. 5. A realización de visitas de inspección da actividade comporta a obriga de redactar unha acta de comprobación, sen prexuízo da tramitación, de ser o caso, dos correspondentes expedientes sancionadores ou de restablecemento da legalidade urbanística.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO II.–INFRACCIÓNS
|
|
|
|
Artigo 42.–Infraccións. 1. Considéranse infraccións administrativas en relación coas materias as que se refire esta ordenanza os actos u omisións que contraveñan o establecido nas normas que integran o seu contido, sen prexuízo da aplicabilidade, no seu caso, do establecido noutras normas sectoriais como son, entre outras, a lei de tráfico, de riscos laborais e calquera outra normativa estatal ou autonómica que resulte de aplicación. No suposto de actuacións que incumpran a normativa urbanística estarase ao disposto no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sobre infraccións e sancións urbanísticas. 2. Corresponde ao Concello de Cabanas a competencia para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores derivados da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais por incumprimento das obrigacións correspondentes á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas nas franxas secundarias e ao redor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións en solo urbano e urbanizable. Para a aplicación deste artigo estarase á delimitación do ámbito de faixas secundarias de xestión de biomasa, as cales determinaranse a partires das delimitacións establecidas para os distintos tipos de solo clasificados polo planeamento municipal vixente. As infraccións e sancións son as establecidas na Lei 3/2007 (Título VII, artigos 50 a 55 bis, ambos inclusive). 3. O incumprimento das actividades reguladas nesta ordenanza en materias de repoboación forestal, novas plantacións, verteduras ou abandono de residuos, materiais ou produtos de calquera natureza en montes ou terreos forestais, a celebración de actos en montes incluíndo os deportivos a motor, a realización de aproveitamentos madeireiros ou de xestión privada e calquera outros regulados na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sancionaranse conforme o establecido no Titulo XII (artigos 127 a 144) da citada disposición. 4. Corresponde a competencia sancionadora: – Á Xefatura Territorial da Consellería competente en materia de montes e por razón do territorio cando se trate de infraccións cometidas en terreos que teñan a consideración de monte ou terreo forestal (artigo 2 da Lei 2/2012) polo que o Concello comunicará á mesma os feitos constitutivos de infracción para que incoe o procedemento e impoña a sanción que corresponda e solicitará que se lle teña como parte no expediente. – Ao non ter a consideración de monte segundo a definición do artigo 2 da lei 7/2012, corresponde ao Concello de Cabanas a competencia sancionadora nos supostos de infraccións cometidas en solo urbano, solo urbanizable, terreos de dominio público, terreos rústicos de protección ordinaria destinados a cultivo agrícola e terreos rústicos de especial protección agropecuaria. Para a súa determinación e en tanto non se dispoña dun plan de ordenación forestal e demais instrumentos de planificación de recursos forestais terase en conta a clasificación e cualificación do solo segundo estableza o planeamento municipal vixente e en especial respecto ao solo rústico de especial protección, que permite interpretar: – Que é monte ou terreo forestal unicamente ao solo rústico de especial protección forestal. – Que o solo rústico de protección ordinario e o solo rústico de protección agropecuaria non teñen a natureza de monte. Artigo 43.–Tipificación das infraccións. Constitúen infraccións para os efectos da presente ordenanza os supostos seguintes e correspondentes para terreos situados nas franxas secundarias de xestión de biomasa e en terreos que non teñan a consideración de monte: As infraccións administrativas desta ordenanza tipíficanse en leves, graves e moi graves: 1. Consitúen infraccións leves: a) A deixadez na limpeza dos espazos sobre os cales o Concello de Cabanas ten a competencia para vixiar o cumprimento e impoñer o cumprimento forzoso das obrigas das persoas responsables. b) A execución das actividades realizadas sen licenza, comunicación previa ou orde de execución, cando aquelas sexan legalizables por ser conformes co ordenamento urbanístico. c) A execución das actividades forestais sometidas a licenza ou a comunicación previa ou derivadas dunha orde de execución sen respectar o prazos sinalados. d) O incumprimento das ordes de execución. e) A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter non esencial, en calquera dato ou documento que se achega ou consta na comunicación previa. f) O incumprimento por parte do propietario do monte ou parcela da obriga de identificar ao madeireiro. g) A realización de actividades reguladas na presente ordenanza, no ámbito do territorio do Concello da Cabanas, polas persoas físicas ou xurídicas que manteñan débedas derivadas de expedientes abertos por incumprimento dos preceptos da presente ordenanza. h) O incumprimento da obriga de mantemento da limpeza das cunetas. i) O incumprimento dos requisitos, obrigas e prohibicións establecidos na ordenanza, que non estean recollidos coma graves ou moi graves. 2. Constitúen infraccións graves: a) A reincidencia na comisión de 2 infraccións leves no prazo de 12 meses cando así teña sido declarado por resolución firme en vía administrativa. b) A non comunicación previa ou a non tramitación de licencia municipal da actividade forestal previa ao inicio das operacións así como o inicio das mesmas sen dispoñer da resolución da licenza nos casos en que sexa preciso contar coa mesma, cando a actividade non sexa legalizable. c) A realización de actividades sen o previo pago de taxas ou constitución dos avais e garantías que correspondan. d) O tránsito de maquinaria e vehículos forestais por viais e/ou camiños que non foron incluídos na comunicación ou para os que non se inclúe o permiso de tránsito na resolución da licenza. e) Apertura de viais forestais sen licenza ou sen axustarse as especificacións da resolución da mesma. f) Arrolar libremente a madeira polas pendentes dos terreos cara as vías públicas. g) Facer gabias de desaloxo de augas nos terreos municipais sen contar con licencia para a súa realización ou da autoridade sectorial competente pola derivación de augas ao leito de ríos. h) Facer movemento e compactación de terras incumprindo as condicións da resolución da licenza. i) Facer tallas ou cortas que resulten degradantes ou prexudiciais para o entorno. j) Facer uso de vehículos ou maquinaria para a realización de operacións reguladas nesta ordenanza que estean inmobilizados por anulación de licenza, que non han superado a inspección técnica regulamentaria ou non figuren rexistrados para as actividades nas que se empregan. k) Non proceder á roza e limpeza de terreos despois de ser notificado o requirimento mediante unha orde de execución. l) Obstruir a acción instrutora ou investigadora do persoal do Concello e non facilitar aos técnicos do servizo municipal con competencia ou á policía municipal os rexistros que poidan solicitar para a verificación do cumprimentos dos requisitos de esta ordenanza e da lexislación sectorial dos organismos competentes na materia. m) Falsear os datos e documentación presentada para a comunicación ou tramitación de licenza da actividade forestal requirida por esta ordenanza. n) A realización de plantacións forestais sen gardar as distancias establecidas na presente ordenanza. o) A realización de plantacións forestais nos tipos de solos non aptos para tal cometido conforme a lexislación vixente en materia de montes e de protección contra os incendios forestais, de conformidade cos especificados nesta ordenanza. p) O tráfico e falta de sinalización que condicionen a seguridade vial. q) Actuacións que supoñan o deterioro das vías e camiños municipais. r) Non proceder á reparación dos danos e/ou limpeza dos restos forestais dentro dos prazos sinalados dende o seguinte ao remate ou interrupción dos traballos. s) O depósito da madeira nas vías públicas e a vertedura dos residuos procedentes das operación reguladas na presente ordenanza en lugares non autorizados expresamente para elo. t) As accións e/ou omisións que constitúan incumprimento das normas que, relativas a seguridade e salubridade que afecten á salubridade e seguridade de persoas e bens. u) A falta reiterada de atención ás notificacións recibidas do Concello en relación ao incumprimento das determinacións contidas nesta Ordenanza. 3. Consitúen infraccións moi graves: a) Almacenamento de materias e residuos perigosos sen cumprir coa normativa de aplicación e as condicións requiridas nesta ordenanza. b) Non proceder a executar a reposición compensatoria ou a reparar os danos causados segundo aos requirimentos notificados ao respecto. c) A contaminación con sustancias e residuos perigosos de solos de espazos sobre os cales o Concello de Cabanas ten a competencia para vixiar o cumprimento e impoñer o cumprimento forzoso das obrigas das persoas responsables. d) Cando nas faltas graves concorran ademais algunha das seguintes circunstancias: – Malicia ou intencionalidade. – Irreversibilidade do dano causado. – Perigo para a seguridade viaria con resultado de accidente. – Grave repercusión nos recursos naturais ou deterioro destes. – A reincidencia en dúas incidencias graves en 12 meses. e) Actuacións de deterioro grave e relevante das vías e camiños municipais que non permitan a circulación de vehículos. f) Non proceder á reparación e/ou limpeza dos restos forestais dentro dos prazos sinalados e contados a partir do día seguinte da notificación do requirimento municipal. g) Efectuar desprazamentos de terra que polas súas características deben ser considerados como movementos de terra. h) Usar as vías públicas para almacén ou depósito de madeira de forma que supoñan un risco para os usuarios da vía. i) A non adopción das medidas oportunas para que as vías municipais, polas que se fai o transporte de madeira estean en todo momento libres de pólas, podalla, barro ou calquera outro elemento que supoña risco para os usuarios da vía. j) Os depósitos de rolla, pólas ou podalla que invadan a zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas, menoscaben a funcionalidade das cunetas, rueiros, canalizacións, pontes ou calquera outra infraestrutura anexa ao viario, ou supoñan risco para os usuarios da vía. k) Accións e omisións que constitúan incumprimentos das normas que afecten á seguridade e salubridade das edificacións e terreos, así como o incumprimento das medidas de prevención contra os incendios forestais derivadas da lexislación e normativa vixentes en materia de prevención contra incendios forestais. 4. Sen prexuicio da sanción administrativa que se impuxera, quen infrinxa a presente ordenanza terá a obriga de repoñer e restaurar a realidade física alterada ao seu estado anterior (reparación e limpeza) ao cometimento da infracción e dos danos e prexuizos causados, na forma e condicións establecidas polo órgano que impuxo a sanción. A tal fin a resolución sancionadora determinará o contido desta obriga, así como o prazo para a súa execución. 5. A prescrición de infraccións e sancións non afectará á obriga de repoñer ou restaurar a realidade física alterada ó seu ser e estado primitivo, nin a indemnizar polos danos e prexuizos causados.
|
|
|
|
|
CAPÍTULO III.–SANCIÓNS
|
|
|
|
Artigo 44.–Responsabilidades. 1. Serán responsables das infraccións sinaladas no artigo anterior as persoas físicas e xurídicas que as cometan. Nas infraccións relativas ás actividades forestais serán responsables os propietarios dos terreos e montes, os madeireiros e as empresas que executen os traballos e os técnicos que firmen a documentación que se presente no Concello xunto coas comunicacións previas e as solicitudes de licenza efectuadas. 2. Os propietarios dos montes e/ou parcelas serán responsables das infraccións de que se trate no suposto de non identificar aos madeireiros, unha vez sexan requiridos polo Concello, e transcorrido o prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte ao da recepción do requirimento. Artigo 45.–Sancións. 1. As infraccións administrativas sancionaranse con multa nas seguintes contías: – Infracción leve: serán sancionadas con multa de contía variable dende 100,00 € ata 1.000,00 €. – Infracción grave: serán sancionadas con multa de contía variable dende 1.001,00 € a 10.000 €. – Infracción moi grave: serán sancionadas con multa de contía variable dende 10.001,00 € a 100.000,00 €. 2. A imposición das sancións pecuniarias anteriormente sinaladas non eximirá aos responsables dos feitos de repoñer a realidade física alterada, e de realizar os traballos de reparación e limpeza que a tal fin sexan sinalados na resolución que se dite. Artigo 46.–Rexistro de sancións. No servicio municipal competente, levarase rexistro das sancións impostas en virtude do réxime sancionador recollido neste título, no que figurará a identificador de cada infractor, a infracción cometida, a fecha da sanción, a multa imposta e a fecha de execución. Artigo 47.–Competencia para impoñer as sancións. 1. O alcalde do Concello, ou ben o concelleiro que teña delegadas as funcións, serán competentes para impoñer as sancións cando procedan, logo da instrución do correspondente expediente sancionador. 2. Será competencia do alcalde, ou do concelleiro en quen delegue, garantir o exacto cumprimento das normas contidas nesta Ordenanza, a través dos servizos administrativos aos que se lle encomenden estas funcións e co auxilio da Policía Local. 3. Para o restablecemento da legalidade seguirase o procedemento para a protección da legalidade establecido na normativa urbanística. Artigo 48.–Procedemento sancionador. 1. O órgano competente para a resolución do procedemento sancionador pola comisión de infraccións leves e graves é a persoa que ostente a alcaldía, e a resolución dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, correspóndelle ao pleno da corporación. 2. A potestade sancionadora exercerase segundo o establecido no Regulamento do procedemento do exercicio da potestade sancionadora, aprobado por RD 1398/1993, do 4 de agosto. 3. As multas e sancións impostas ao amparo da presente ordenanza, reduciranse na súa contía nun 50% no caso de ser aboadas no prazo de 15 días naturais a partir da notificación da multa ou sanción, e se a persoa infractora mostra por escrito a súa conformidade e cumprimento desta norma, e renuncia expresamente ao exercicio de toda acción de impugnación no citado prazo. 4. O prazo para resolver o procedemento sancionador será dun ano contando desde a data da súa incoación. 5. As infraccións moi graves a esta ordenanza prescribirán aos 5 anos, as graves aos 3 anos e as leves ao ano desde que se produciu o feito ou se formulou o requirimento de execución. 6. Contra as resolucións de alcaldía ou órgano competente en caso de delegación nas que se plasmen ás obras de execución que poñan fin á vía administrativa cabe interpoñer os seguinte recursos: a) Con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, nos termos establecidos nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. b) Recurso contencioso – administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da presente resolución ou desde que sexa resolto o recurso de reposición no caso de que se formulase con carácter previo, de conformidade co sinalado no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso – administrativa.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN FINAL. Entrada en vigor
|
|
|
|
A ordenanza comezará a rexer: a) Se se producen reclamacións ou suxestións, resolución de todas as presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno, ao abeiro do artigo 49.c) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, non entrando en vigor ata a publicación completa do seu texto. b) Se non se producen reclamacións ou suxestións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, ao abeiro do artigo 49.c) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. c) Segundo o artigo 70.2) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, entrará en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (quince días hábiles).
|
|
|
|