|
 |
|
|
|
|
Índice
|
|
|
|
INTRODUCIÓN
TÍTULO I. Ámbito de aplicación
TÍTULO II. Sobre a tenza de animais
Capítulo 1: Da tenza en xeral e praia canina
Capítulo 2: Das obrigas dos posuidores de animais
domésticos
Capítulo 3: Dos cans ou outros animais
vagabundos
Capítulo 4: Da protección dos animais
Capítulo 5: Censo e identificación
TÍTULO III. Dos animais potencialmente
perigosos
Capítulo 1: Disposicións xerais
Capítulo 2: Da licenza municipal
Capítulo 3: Do rexistro municipal
TÍTULO IV. Das infraccións e sancións
|
|
|
|
|
Introdución
|
|
|
|
Esta ordenanza ten por obxecto fixar unha serie de
normas que regulen a tenza de animais no termo municipal de Cabanas e a súa
interrelación coas persoas, tendo en conta os posibles riscos para a sanidade
ambiental, así como a tranquilidade, saúde e seguridade da cidadanía e dos seus
bens, todo elo sen prexuízo do disposto na lexislación vixente na materia.
Para iso establécese unha serie de atencións
mínimas que teñen que recibir os animais de compaña en canto ó seu trato,
hixiene e coidado, protección e transporte, sempre inspiradas no principio
fundamental de posesión e tenza responsable, así como normas sobre a súa
permanencia nos parques, praias e outros espazos públicos, especialmente os
frecuentados por nenos.
Por outra parte, é necesario establecer unha
regulación que permita controlar e delimitar o réxime da tenza de cans
potencialmente perigosos, co fin de minimizar os riscos de futuras molestias e
ataques a seres humanos, conxéneres ou outras especies animais. Limítanse as
prácticas inadecuadas de adestramento para a pelexa ou ataque e outras
actividades dirixidas ó fomento da súa agresividade.
|
|
|
|
|
Título I. Ámbito de aplicación.
|
|
|
|
Artigo 1.
1. A presente ordenanza ten por obxecto regular as
condicións de tenza responsable de animais domésticos ou salvaxes en catividade,
incluso os cualificados como potencialmente perigosos, de xeito que a súa
utilización proveitosa polas persoas sexa compatible coa protección dos propios
animais e a eliminación dos riscos que poidan derivarse para a vida, saúde e
integridade física das persoas e demais animais e a seguridade dos bens, dentro
do termo municipal.
2. Con tal finalidade, a ordenanza ten en conta
tanto as molestias e perigos que poden ocasionar os animais como o valor da súa
compañía para un gran número de persoas e a axuda que poden prestar polo
adestramento e a dedicación, como no caso dos cans guía, dos de traballos de
salvamento e de todos os demais en que os animais domésticos proporcionan aos
humanos satisfaccións deportivas e de lecer.
3. Quedan excluídos desta ordenanza, e estarán
rexidos pola súa propia normativa:
a) A caza, (agás os cans destinados a esta
actividade)
b) A pesca
c) A protección e a conservación da fauna
silvestre no seu medio natural
d) Os touros e espectáculos taurinos
tradicionais
e) A gandaría entendida como cría de animais con
fins de abastos
f) Os animais destinados ó traballo, a
proporcionar pel ou algún outro produto útil,
g) Cans e animais pertencentes ás forzas armadas,
forzas e corpos de seguridade do estado, corpo de policía da comunidade
autónoma, policía local e empresas de seguridade con autorización oficial,
h) Aqueles animais que son obxecto dunha
regulación específica, como os criados para o aproveitamento da súa produción e
os salvaxes,
i) Calquera outra que sexa obxecto de regulación
específica no futuro
Artigo 2. Definicións.
Para os efectos desta ordenanza enténdese por:
- Animais domésticos: os que pertenzan a especies
que habitualmente se críen, reproduzan e convivan co ser humano.
- Animais de compañía: os animais domésticos das
especies canina e felina, así como os doutras especies, que se críen, xeralmente
no propio fogar, con obxecto de obter a súa compañía (subespecie de animal
doméstico).
- Animais salvaxes en catividade: os que, aínda
que sexan libres pola súa condición, sexan obxecto de captura no seu medio
natural, se manteñan nun grao absoluto e permanente de dominación.
- Animais abandonados: os que circulan libremente
aínda que estean provistos de identificación oficial, se no prazo de dez días a
partir da súa captura non son reclamados por alguén que acredite a súa
propiedade.
- Animais potencialmente perigosos: considéranse
animais potencialmente perigosos todos os que pertenzan á fauna salvaxe e son
utilizados como animais domésticos ou de compañía, con independencia da súa
agresividade, pertencen a especies ou razas que teñan a capacidade de causar a
morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos ás cousas.
Tamén terán a cualificación de potencialmente
perigosos os animais domésticos ou de compañía que regulamentariamente se
determinen, en particular, os pertencentes á especie canina, incluídos dentro
dunha tipoloxía racial que, polo seu carácter agresivo, tamaño ou potencia de
mandíbula, teñan a capacidade de causar a morte ou lesións a persoas ou a outros
animais e danos ás cousas.
Artigo 3.
Sen prexuízo do esixido nas demais disposicións
que sexan aplicables, estarán suxeitas á obtención da previa licenza ou da
autorización municipal as actividades seguintes:
a) Os establecementos hípicos, sexan ou non de
temporada con instalacións fixas ou non, que garden cabalos para a práctica da
equitación con fins deportivos, recreativos e turísticos.
b) Os centros para animais de compañía e os
destinados á reprodución, aloxamento temporal ou permanente e/ou subministración
de animais para vivir domesticados nas casas, principalmente cans, gatos e aves
e outros cánidos destinados á caza e ó deporte e que se dividen en:
- Lugares de cría: para a reprodución e
subministración de animais a terceiros.
- Residencias: establecementos destinados ó
aloxamento temporal.
- Canceiras deportivas: establecementos destinados
á práctica do deporte en canódromos.
- Fatos. Establecementos destinados a gardar
animais para a caza.
c) Centros ou agrupacións diversas non
comprendidas entre os anteriores. Clasifícanse en:
- Tendas de paxaros: para a reprodución e/ou
subministración de pequenos animais, principalmente pequenas aves, con destino
ós domicilios.
- Provedores de laboratorios: para a produción
e/ou subministración de animais con fins de experimentación científica.
- Zoos ambulantes, circos e entidades
asimiladas.
- Comercios dedicados á venda de animais de
acuario ou terrario, como peixes, arácnidos ou réptiles.
- Instalacións dedicadas á cría de animais para o
aproveitamento das súas peles.
d) A celebración de todo tipo de eventos con
participación de animais.
|
|
|
|
|
Título II. Sobre a tenza de animais.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Capítulo 1. Da tenza en xeral.
|
|
|
|
Artigo 4.
1. O posuidor dun animal, sen prexuízo da
responsabilidade civil subsidiaria do propietario, será responsable dos danos,
prexuízos e molestias que ocasione, excepto nos casos de forza maior ou culpa
exclusiva do damnificado.
2. Con carácter xeral autorízase a tenza de
animais de compañía domésticos nos domicilios particulares situados no núcleo
urbano. A tenza estará condicionada a que as circunstancias hixiénicas do seu
aloxamento sexan óptimas, á ausencia de riscos no aspecto sanitario e á
inexistencia de perigos ou molestias para a veciñanza ou para outras persoas.
3. Con tal finalidade prohíbese desde as 24.00
horas ata as 8.00 horas, deixar nos patios, terrazas, galerías e balcóns, aves e
animais en xeral, que cos seus sons, berros ou cantos, desturben o descanso ou
tranquilidade dos veciños. O resto do día, tamén deberán ser retirados dos
lugares especificados polos seus propietarios cando, de xeito evidente,
ocasionen molestias aos ocupantes do inmoble ou inmobles veciños
4. As persoas propietarias ou posuidoras de
animais estarán obrigadas a proporcionarlles unha alimentación suficiente e
adecuada ás características de cada animal.
5. A persoa propietaria ou posuidora dun animal
estará obrigada a practicarlle as curas que precise e proporcionarlle os
tratamentos preventivos de enfermidades e as medidas sanitarias preventivas, de
ser o caso, que a autoridade municipal ou outros organismos competentes
dispoñan.
6. Os animais afectados de enfermidades de
declaración obrigatoria segundo a Lei de epizootías deberán ser illados,
proporcionándolles o tratamento axeitado se este fose posible. No seu defecto,
deberán ser sacrificados por métodos eutanásicos que impliquen o mínimo
sufrimento e provoquen unha inmediata perda de consciencia. Este precepto
seralles de aplicación tanto aos particulares como a aquelas entidades que lles
ofrezan refuxio aos animais perdidos ou extraviados.
7. O número de animais que poidan aloxarse en cada
domicilio ou inmoble poderao limitar a autoridade municipal, con base a informes
técnicos razoados, que atinxen ás características da vivenda e á biomasa dos
animais aloxados.
Artigo 5.
1. Quen posúa un animal salvaxe en catividade é
responsable da súa protección e coidado, así como do cumprimento das obrigas
previstas nesta ordenanza.
2. A tenza de animais en catividade procedentes de
importación, precisará informe previo do organismo competente da Xunta de
Galicia relativo ás súas condicións hixiénico-sanitarias.
3. Prohíbese a tenza de animais salvaxes perigosos
para o ser humano fóra dos locais autorizados polo órgano competente da Xunta de
Galicia. Tamén a súa circulación por lugares abertos ó público sen as medidas
protectoras que se establezan, de acordo coas características de cada
especie.
4. Aos animais salvaxes en catividade seranlles de
aplicación as medidas sanitarias e hixiénicas previstas nesta ordenanza así como
o previsto no TITULO III da Lei de Galicia 4/2017 do 3 de outubro.
Artigo 6.
1. Queda absolutamente prohibida a entrada e
permanencia de animais en toda clase de locais dedicados á fabricación, venda,
almacenaxe ou manipulación de alimentos.
En restaurantes, bares, cafeterías e similares, a
entrada e permanencia de animais estará condicionada ó criterio do dono do
establecemento sempre e cando non supoña ningún tipo de incomodidade ou molestia
para os concorrentes, sendo o propietario do animal o responsable dos seus
actos.
2.a). Prohíbese a circulación e permanencia de
cans, cabalos e outros animais nas praias do Concello e no piñeiral da Madalena
no período estival, definido este como o comprendido entre o 1 de xuño ao 30 de
setembro. Con carácter xeral, o resto do ano, o acceso de cans estará permitido
sempre e cando os propietarios/as dos cans procedan a recollida das deposicións
e os animais estean provistos de cadea ou correa e colar, sen prexuízo do
previsto para os animais potencialmente perigosos.
2.b). O concello exceptúa da prohibición de
circulación e permanencia de cans no entorno da Madalena no período estival
definido no punto 2,a) anterior, a zona de aparcamento do paseo da Madalena,
entendéndose esta como a comprendida ente o paseo da Madalena e a vía do tren,
dende a altura do apeadoiro do tren á rotonda da ola, na que estará permitido o
acceso de cans durante todo o ano, sempre e cando os propietarios/as dos cans
procedan a recollida das deposicións e os animais estean provistos de cadea ou
correa e colar, sen prexuízo do previsto para os animais potencialmente
perigosos.
3. Queda prohibida a entrada de animais en
espectáculos públicos deportivos e culturais, así como en recintos de práctica
de deportes e xogos infantís, en parques infantís ou naqueloutras zonas que o
Concello determine atendendo ás súas dimensións ou réxime de usos, especialmente
os frecuentados por nenos.
4. Autorízase o traslado de animais nos medios de
transporte público, sempre que o traslado se efectúe nun transportador, cesta ou
gaiola e nos servizos de taxi a criterio do/da condutor/a e sempre condicionado,
en ambos os dous casos, a que sexan sostidos polos donos de xeito que non ocupen
os asentadoiros.
5. O transporte de animais en vehículos
particulares efectuarase de xeito que non poida ser perturbada a acción do/a
condutor/a nin se comprometa a seguridade do tráfico de acordo coas normas
previstas no Código de Circulación, así como o previsto no artigo 11 da Lei de
Galicia 4/2017 de 3 de outubro.
Artigo 7. Praia canina.
1. Durante o período comprendido entre o 1 de xuño
e o 30 de setembro, de cada ano, estableceranse cento cincuenta metros (150 m)
para usos de praia canina na Praia da Madalena, orientados no extremo sur, con
sinalización ás entradas e no areal onde se delimite correctamente a zona
canina.
2. Na zona delimitada como “Praia Canina” non
serán de aplicación os artigos 6/ 2.a e articulo 6/2.b.
3. Na dita zona estarán dispoñibles papeleiras de
uso exclusivo para excrementos dos cans.
4. As obrigas e deberes dos propietarios dos cans
serán os seguintes:
a) Os cans deberán dispoñer de microchip, e ter
presenza da cartilla de vacinas actualizada.
b) Non poderán acceder á praia os cans sen
desparasitar, con enfermidades infecciosas en curso, femias en celo e cachorros
ata que non teñan todas as súas vacinas.
c) Recoller os excrementos da mascota, será
obrigatorio levar sempre un número suficiente de bolsas para recollelos e
depositalas nas papeleiras existentes.
d) Prohibido realizar ouriñes na praia
e) Se está catalogado como raza perigosa (Artigo
27), deberá levar posto a boceira, o colar e estar suxeito con correa.
f) Ter controlada a mascota por respecto ao resto
de usuarios da praia xa que o propietario será o responsable de calquera dano
que poida ocasionar.
g) Unicamente se autorizará a tenza de dous
animais por persoa.
h) Na zona delimitada non se permitirá o
adestramento ou as clases de instrución por parte de profesionais.
i) Non estarán permitidos os cans con historial de
agresividade cara a outros animais ou persoas.
5. Faranse controis rutinarios por traballadores
municipais e policía municipal para garantir que todas as normas se cumpran.
6. No caso de incumprimento de ditas normas,
aplicáranse as sancións previstas no art. 41 da presente ordenanza.
Artigo 8.
1. Nos establecementos hoteleiros e pousadas,
sempre que o autorice a dirección do establecemento, a estanza de animais de
compañía estará condicionada a unhas óptimas circunstancias hixiénicas de
aloxamento e á inexistencia de calquera tipo de incomodidade ou molestia para os
residentes. A propietaria ou propietario dos animais será o responsable dos seus
actos e deberá presentar a identificación acreditativa ante calquera axente da
autoridade que a requira.
2. O acceso e permanencia dos animais en lugares
comunitarios privados ou nas súas dependencias, tales como sociedades culturais,
recreativas ou similares, zonas de uso común de comunidades de veciños ou
outras, estará suxeito ás normas que rexan nas ditas entidades.
Artigo 9. Cans guía
Quedan excluídos expresamente do preceptuado nos
artigos 6 e 7 os cans guía que poderán circular libremente nos transportes
públicos urbanos, así como acceder a calquera tipo de local, sempre que vaian
acompañados do seu propietario ou propietaria e posúan as condicións
hixiénico-sanitarias e de seguridade que se prevé na normativa sectorial de
aplicación.
Artigo 10. Agresións a persoas
1. As persoas agredidas por animais daranlle
inmediatamente conta do feito ás autoridades sanitarias municipais.
2. O propietario/a ou posuidor/a do animal agresor
deberá presentarse no servizo municipal co documento de identificación e todos
os datos que poidan servir de axuda á persoa ferida ou aos seus representantes e
ás autoridades sanitarias que o soliciten.
3. O propietario/a ou posuidor/a do animal agresor
responderá administrativamente por non adoptar as medidas de protección fixadas
nesta ordenanza, e estará obrigado/a a asumir os gastos ocasionados pola
agresión.
Artigo 11.
1. Os que observen a presenza dun animal morto na
vía pública poden comunicarllo ó servizo municipal competente, co fin de
proceder á retirada do cadáver nas condicións hixiénicas necesarias para tal
operación.
2. Queda absolutamente prohibido o abandono na vía
pública de cadáveres de calquera especie animal
|
|
|
|
|
Capítulo 2. Das obrigas dos posuidores de animais domésticos.
|
|
|
|
Artigo 12.
Quen posúa un animal doméstico é responsable da
súa protección e coidado e máis de cumprir todas as obrigas contidas nesta
ordenanza.
Artigo 13.
1. Con carácter xeral, e sen prexuízo do previsto
para os animais potencialmente perigosos, os cans circularán nas vías e espazos
públicos provistos de cadea ou correa e colar. O uso do bozo será ordenado pola
Autoridade municipal cando as circunstancias así o aconsellen e mentres duren
estas. Non obstante o anterior, os cans potencialmente perigosos circularán
sempre con bozo.
2. Exceptúanse do uso de correa ou doutro medio de
suxeición, así como de bozo, os cans que se utilicen en tarefas agrícolas ou
gandeiras mentres desenvolvan as súas actividades no ámbito rural ou aqueles que
se empreguen na caza no tempo e forma legal; os que en compañía dunha persoa
responsable circulen fóra dos núcleos urbanos por terreos agrícolas ou forestais
sempre que non concorra a presenza de terceiras persoas así como os cans
guía.
3. Os posuidores de animais de compañía teñen a
obriga de adoptar as medidas necesarias para que o animal non poida acceder
libremente ás vías e espazos públicos ou privados, así como impedir o seu libre
acceso a persoas, animais ou cousas que se atopen neles.
4. Os posuidores de animais que se atopen en
liberdade en fincas ou recintos deberán dispor os medios axeitados para evitar
que poidan ocasionar danos ou molestias ós viandantes. Tamén procurarán que a
circulación e transporte dos seus animais pola vía pública se leve a cabo coas
adecuadas medidas de protección.
Artigo 14.
1. Queda absolutamente prohibido que as persoas
propietarias ou posuidoras dos cans deixen as deposicións dos seus animais en
parques ou xardíns, así como nas beirarrúas e zonas de paso de peóns e, en
xeral, en toda a vía pública.
2. As deposicións que se produzan serán recollidas
polos propietarios/as dos cans e colocaranse de xeito hixiénicamente aceptable
nos colectores de recollida de lixo. Queda prohibido depositalos nas entradas da
rede de sumidoiros.
Artigo 15.
As persoas que empreguen cans para a vixilancia de
parcelas, obras ou calquera outra propiedade, deberán procurarlles alimento,
aloxamento, espazo e coidados axeitados, ademais de telos debidamente censados e
identificados. Así mesmo deberán estar baixo a vixilancia e control do dono/a do
inmoble de xeito que non lles poidan causar dano ás persoas, outros animais ou
cousas.
Deberase advertir, nun lugar visible, a existencia
dun can de garda.
Artigo 16.
1. Atínxelle á Alcaldía a responsabilidade
superior da protección dos animais domésticos ou salvaxes en catividade no
ámbito do seu termo municipal.
2. No caso de grave ou persistente incumprimento
por parte dos propietarios/as ou posuidores/as de animais domésticos das obrigas
establecidas nesta ordenanza, a autoridade municipal poderá dispor o traslado
dos animais a un establecemento axeitado, con cargo a aqueles e adoptar calquera
medida adicional que se estime imprescindible.
3. A autoridade municipal poderá ordenar o
traslado a outro lugar axeitado dos animais que non cumpran as condicións
establecidas nos artigos 4, 5 e 6 desta ordenanza.
Artigo 17.
Os propietarios/as ou posuidores/as de animais que
non desexen continuar téndoos deberán entregarllos a unha sociedade
protectora.
|
|
|
|
|
Capítulo 3. Dos cans ou outros animais abandonados.
|
|
|
|
Artigo 18.
Queda absolutamente prohibido o abandono de toda
clase de animais vivos, especialmente de cans, feito que se sancionará como
risco para a saúde pública.
Artigo 19.
Consideraranse animais abandonados os que circulan
libremente aínda que estean provistos de identificación oficial, se no prazo de
dez días a partir da súa captura non son reclamados por alguén que acredite a
súa propiedade.
Artigo 20.
Queda prohibido facilitarlles alimento de xeito
cotián ós animais abandonados.
Artigo 21.
1. O concello de Cabanas ou a asociación
colaboradora, se fose o caso, actuando por iniciativa propia ou por denuncia dun
cidadán, recollerán os animais abandonados e reteraos, co obxecto de localizar o
seu dono.
2. Se o animal non está identificado e non ter
dona ou dono coñecido, pasará a ter a consideración de animal abandonado e
reterase por un prazo máximo de 10 días, despois dos cales o Concello ou a
asociación colaboradora poñerá ó animal a disposición de quen o solicite durante
un prazo mínimo de tres días. Se finalmente ninguén reclama o animal poderá
dárselle o destino que legalmente proceda.
3. Se o animal é identificado avisaráselle ó
propietario/a de xeito inmediato, se transcorridos dous días desde a
comunicación á súa persoa propietaria, esta non procede á retirada do animal, o
centro notificaralle que dispón dun prazo máximo de dez (10) días naturais,
contados dende o día seguinte ó da devandita notificación, para a recuperación
do animal, unha vez aboados os gastos orixinados polo seu mantemento.
4. Unha vez transcorrido este prazo de dez (10)
días naturais contados desde o día da notificación ou da publicación, no suposto
de notificación infrutuosa, sen se ter retirado o animal, este pasará a ter a
consideración de animal abandonado, o que habilitará ó concello a proceder de
acordo co disposto no punto 2. Neste suposto, o centro de recollida deberá dar
traslado dos feitos á consellaría competente en materia de protección animal
para os efectos da apertura do correspondente expediente sancionador.
5. Os animais recollidos deberán ser
necesariamente identificados, de acordo co artigo 12 da Lei de Galicia 4/2017 do
3 de outubro, para poder ser entregados ás persoas propietarias deles, segundo
as obrigas establecidas para cada especie, facéndose cargo estas dos gastos
derivados da dita actuación.
6. A retirada dos animais debe realizarse en horas
de servizo, e de ser o caso, despois do pagamento das taxas e demais gastos de
mantenza e coidado e da sanción correspondente que a Alcaldía lles impoña.
7. O Concello disporá de canceira, propia ou
concertada, que cumpra as condicións sanitarias para o aloxamento dos animais
recollidos mentres non sexan reclamados polos seus propietarios ou posuidores ou
mantidos en período de observación.
|
|
|
|
|
Capítulo 4. Da protección dos animais.
|
|
|
|
Artigo 22.
Quedan prohibidas con carácter xeral e con
respecto a todos os animais de compañía as seguintes condutas, estando
facultados os axentes da autoridade para a confiscación dos espécimes ou dos
seus restos de ser considerado necesario:
1. Causar a súa morte, excepto en caso de
enfermidade incurable ou necesidade ineludible (co fin de evitar sufrimentos ó
animal ante unha enfermidade incurable) e sempre baixo control veterinario.
2. Maltratar ou agredir de calquera xeito aos
animais ou sometelos a calquera práctica que lles causase sufrimento ou dano non
xustificado.
3. Desatendelos sen alimentalos axeitadamente, sen
limpalos, sen sometelos a asistencia sanitaria, sen aloxalos de acordo coas súas
esixencias naturais ou deixalos no interior de vehículos pechados.
4. Incitalos a asaltar as persoas ou a estragar as
cousas.
5. Abandonalos, tanto na vía pública como en
vivendas e noutros lugares pechados, desalugados, terreos e obras, na medida en
que non sexan atendidos nestes lugares.
6. Utilizalos en espectáculos, loitas, festas
populares e outras actividades se estas poden ocasionarlles sufrimento, ou
sometelos a condicións non naturais, con exclusión dos espectáculos con
regulamentación específica como resultan ser os taurinos.
7. Organizar pelexas entre animais ou incitalos a
elas.
8. Exercer a venda ambulante de calquera animal,
fóra dos recintos e datas expresamente legalizados, e en condicións de
legalidade absoluta respecto a cada especie, segundo a súa regulamentación
específica.
9. Exercer a venda non ambulante de animais, sen o
cumprimento das condicións xerais sinaladas pola lei.
10. Calquera outra conduta degradante que teña
como vítima aos animais.
11. Queda expresamente prohibido, de acordo coa
vixente lexislación, a posesión, exhibición, venda, compra ou calquera outra
manipulación con exemplares de fauna protexida, sexan vivos ou mortos.
|
|
|
|
|
Capítulo 5. Identificación e rexistro
|
|
|
|
Artigo 23. Identificación
1. As persoas propietarias ou posuidoras de cans
están obrigados a recoñecelos por medio dun microchip ou transponder.
2. O implante electrónico deberá ter as seguintes
características:
a) Deberá estar programado e non se poderá
modificar.
b) O código alfanumérico estará formado por un
número de díxitos que será único para cada animal, sen que poidan existir dous
ou máis animais co mesmo código.
3. A implantación no animal do código establecido
será efectuada por veterinario autorizado.
Artigo 24. Rexistro.
1. Todos os animais da especie canina, así como
aqueles doutras especies que no futuro determine a Consellería competente nesta
materia, deberán estar censados no municipio a través do Rexistro Municipal de
animais de compañía do Concello de Cabanas
2. O rexistro conterá, polo menos, os seguintes
datos:
a) Identificación do animal( raza, nome, sexo,
data nacemento características e nº de microchip).
b) Identificación do propietario, posuidor ou
persoa que asuma a responsabilidade (nome e DNI).
c) Domicilio e teléfono do posuidor.
Artigo 25. Baixas. Cambio de domicilio.
1. As baixas definitivas (por morte dos animais
censados, por cambio de concello de residencia do animal por período superior a
tres meses continuando co mesmo propietario ou por cambio de concello de
residencia do animal e cambio de propietario) deberán comunicárselle ó servizo
municipal. En caso de falecemento a baixa deberá comunicárselle polo seu
propietario ó servizo municipal
2. As baixas temporais, por desaparición dun
animal censado, deberán comunicárselle ó servizo municipal, acompañando, de ser
o caso, copia da denuncia da súa desaparición.
3. Os cambios de domicilio da persoa propietaria
do animal deberán comunicárselle ó servizo municipal correspondente no menor
prazo de tempo posible.
4. Os cambios de propietario ou propietaria do
animal deberán comunicárselle ao servizo municipal acompañando os datos do novo
propietario ou propietaria e a documentación veterinaria que acredite o
cambio.
|
|
|
|
|
Título III. Dos animais potencialmente perigosos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Capítulo 1. Disposicións xerais
|
|
|
|
Artigo 26. Obxecto
1. É obxecto do presente título a regulación da
concesión e renovación das licenzas administrativas para a tenza de calquera
animal clasificado como potencialmente perigoso, ós que se refire o Titulo I,
Capítulo II da Lei de Galicia 4/2017 de 3 de outubro.
2. Quedan excluídos da aplicación da presente
ordenanza os cans e animais pertencentes ás Forzas Armadas, Forzas e Corpos de
Seguridade do Estado, Corpos da Policía das Comunidades Autónomas, Policía Local
e empresas de seguridade con autorización oficial.
Artigo 27.
1. Considéranse animais potencialmente perigosos
todos os que pertencendo á fauna salvaxe, sendo utilizados como animais
domésticos, ou de compañía, con independencia da súa agresividade, pertencen a
especies ou razas que teñan capacidade de causar a morte ou lesións ás persoas
ou a outros animais e danos a cousas.
2. En particular terán a cualificación de
potencialmente perigosos os animais domésticos ou de compañía que
regulamentariamente se determinen pola Comunidade Autónoma de Galicia, en
particular os pertencentes ás especies caninas definidos no artigo 16 da Lei
4/2017 do 3 de outubro. Terán esta consideración as seguintes razas:
a) Pit Bull Terrier
b) Staffordshire Bull Terrier
c) Bull Terrier
d) American Staffordshire Terrier
e) Rottweiler
f) Dobermann
g) Dogo Arxentino
h) Dogo de Bordeos
i) Dogo do Tíbet
k) Mastín Napolitano
l) Presa Canario
m) Presa Mallorquín (Ca de bou)
n) Fila Brasileiro
o) Tosa Inu
p) Akita Inu
q) Bullmastif.
r) Cruzamentos en primeira xeración destes,
cruzamentos destas razas entre si ou cruzamentos destes con outras razas,
obtendo unha tipoloxía similar aos anteriormente citados.
3. En todo caso, aqueles cans que manifesten unha
marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou
calquera outro medio. Esta agresividade será apreciada pola autoridade
competente, de oficio, ou logo da notificación ou denuncia, e despois dun
informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
|
|
|
|
|
Capítulo 2. Da licenza municipal.
|
|
|
|
Artigo 28. Licenza municipal
1. A tenza no municipio de animais clasificados
como potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á
adquisición do animal, da correspondente licenza municipal.
2. Os propietarios de animais potencialmente
perigosos non aveciñados neste municipio deberán acreditar, cando se encontren
residindo temporalmente neste e mentres permaneza o animal no termo municipal, a
tenza da licenza no municipio de orixe.
Artigo 29. Requisitos para a obtención da
licenza.
1. Para a obtención da licenza administrativa con
destino á tenza de calquera animal clasificado como potencialmente perigoso será
necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade e non estar incapacitado
para proporcionar os coidados necesarios ó animal.
b) Non ter sido condenados por delitos de
homicidio, lesións, torturas contra liberdade ou contra a integridade moral, a
liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de
narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á
tenza de animais potencialmente perigosos. Se acreditará mediante certificado de
antecedentes penitenciarios.
c) Non ter sido sancionado por infraccións graves
ou moi graves con algunha das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do
artigo 13 da Lei 50/1999 de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais
potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención
ou, se é o caso, renovación da licenza, ter sido sancionado coa suspensión
temporal desta, sempre que no momento da solicitude a sanción de suspensión
anteriormente imposta fose cumprida integramente.
d) Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica
e de capacidade física para a tenza de animais potencialmente perigosos.
e) Acreditar a formalización dun seguro de
responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan causar os seus animais
na contía mínima de 125.000 euros.
2. Os requisitos esixidos deberán manterse
vixentes durante todo o período da tenza do animal; a perda destes dará lugar á
revisión da licenza.
3. No caso de que a licenza sexa para animais
salvaxes en catividade, considerados potencialmente perigosos, esixirase ademais
do previsto no apartado 1 deste artigo, unha memoria descritiva das instalacións
e medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais conforme ó
artigo 20 da Lei 4/2017 do 3 de outubro.
Artigo 30. Vixencia de licenzas.
1. As licenzas terán unha vixencia de cinco anos,
á finalización da que deberán ser obxecto de renovación, e deberá acreditarse en
cada exercicio para o seu mantemento a subscrición do seguro de responsabilidade
civil por danos a terceiros.
2. A condena por calquera dos delitos recollidos
no apartado b) do artigo anterior dará lugar á revisión da licenza polo
Concello.
Artigo 31. Acreditación.
1. A identificación da tenza da licenza municipal
de animais potencialmente perigosos acreditarase mediante a entrega dunha
certificación relativa a ela.
2. Por cada can que se posúa, expedirase unha
tarxeta de identificación na que se fará constar os seguinte datos:
a) Número de licenza municipal.
b) Código de identificación do can.
c) Raza.
d) Titular da licenza e documento de
identidade.
e) Número de Rexistro municipal.
Artigo 32. Documentación.
1. Para a expedición da tarxeta de identificación
de cada can requirirase a presentación dos seguintes datos:
a) Raza e sexo do animal.
b) Ano de nacemento.
c) Domicilio habitual do animal.
d) Especificación de se está destinado a convivir
cos seres humanos ou, pola contra, se ten funcións distintas como a garda,
protección ou outra que se indica.
e) Nome do propietario.
f) Domicilio do propietario.
g) Documento de identidade do propietario.
h) Nome ou razón social e domicilio do vendedor ou
cedente.
i) Certificado de sanidade animal expedido pola
autoridade competente, que acredite, con periodicidade anual, a situación
sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan
especialmente perigoso.
k) Xustificante do aboamento da taxa por
expedición da licenza municipal para a tenza de animais potencialmente
perigosos, se é o seu caso.
l) Certificado sanitario de esterilización si se
efectuouse esta.
m) Facturas ou xustificante da adquisición.
Os citados datos e, de ser o caso, a documentación
oportuna, deberá facilitala o adquirinte do animal no prazo de quince días, que
se comezarán a contar desde a súa tenza efectiva.
2. O certificado de sanidade animal deberá ser
expedido polos servizos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia ou por un
veterinario colexiado.
3. Para a renovación da licenza municipal deberá
achegarse a seguinte documentación:
a) Solicitude de renovación.
b) Copia compulsada da renovación do seguro de
responsabilidade civil.
c) Copia compulsada do certificado médico de
sanidade animal efectuado nunha data non anterior a dous meses á da renovación
da licenza.
d) Xustificante do aboamento da taxa
municipal.
e) Certificado de capacidade física.
f) Certificado de aptitude psicolóxica.
Artigo 33. Órgano competente para a concesión das
licenzas municipais.
As licenzas municipais para a tenza de animais
potencialmente perigosos, concederanse mediante unha resolución do órgano que
teña atribuída a competencia en materia de licenzas, logo da acreditación da
incorporación da documentación esixida na presente ordenanza.
Artigo 34. Revisión, perda de licenzas e depósito
de animais.
1. A perda de calquera dos requisitos esixidos no
artigo 29 desta ordenanza dará lugar á revisión das licenzas municipais
concedidas e á súa retirada despois da tramitación dun expediente
contraditorio.
2. A retirada da licenza dará lugar á perda do
dereito á tenza do animal e á obriga do interesado de proceder, no prazo máximo
de dez días a contar desde a recepción do requirimento, a súa entrega e depósito
no establecemento adecuado para o efecto ata a obtención da correspondente
licenza, salvo que o animal sexa obxecto de entrega a outro propietario.
3. En caso de incumprimento da obriga de depósito
procederase a súa execución subsidiaria polo Concello, ou pola Comunidade
Autónoma, a través dos seus servizos ou mediante unha empresa contratada, sendo
os gastos que tal actuación comporta a cargo e conta do antigo titular da
licenza.
4. O Concello poderá retirar dos espazos públicos
e depositar de oficio en establecemento adecuado, sen necesidade de previo
requirimento, aqueles animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha
situación de abandono ou perigosidade para os usuarios das vías e espazos de uso
común ou circulen por estes sen a debida protección ou control do seu
propietario ou posuidor.
5. Igualmente o Concello poderá retirar e
depositar en establecemento adecuado aqueles animais potencialmente perigosos
que non dispoñan da correspondente tarxeta de identificación no municipio de
orixe ata tanto se acredite tal circunstancia polo seu titular.
6. A falta de licenza municipal para a tenza de
animais potencialmente perigosos dará lugar a un único requirimento municipal
para a súa obtención no prazo de dez días e á retirada e depósito dos animais,
nos termos establecidos no artigo 29 da presente ordenanza.
|
|
|
|
|
Capítulo III. Do rexistro municipal.
|
|
|
|
Artigo 35. Rexistro municipal de animais
potencialmente perigosos.
1. Créase o Rexistro municipal de animais
potencialmente perigosos, no que se fará constar con carácter obrigatorio de
acordo coa Lei 4/2017 de 3 de outubro, da Comunidade Autónoma de Galicia, a
seguinte documentación:
a) Código identificador do animal.
b) Zona de aplicación.
c) Especie.
d) Raza. En cruzamento de primeira xeración se
especificará as razas de procedencia. e) Sexo.
f) Descrición da capa.
g) Data de nacemento e nome do animal, se fora o
caso.
h) Dirección habitual do animal.
i) Outros signos identificadores non definitivos
(tales como unha tatuaxe ou un número de chapa se o animal foi censado nun censo
municipal anteriormente).
k) Especificación de se o animal está destinado a
convivir con seres humanos ou se teñen finalidades distintas como a garda,
defensa ou outra que se indique.
l) Nome e apelidos do propietario do animal.
m) Dirección do propietario do animal.
n) Teléfonos de contacto do propietario do
animal.
o) Documento de identidade do propietario do
animal.
p) Nome, dirección, número de colexiado e número
de veterinario colaborador que realiza a marcaxe.
q) Data na que se realiza a implantación da
identificación e a entrega do documento ó propietario. r) Data de alta no
rexistro.
s) Certificado sanitario, expedido por un
veterinario, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do
animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que poidan facer
potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o animal carece de
lesións ou cicatrices que puidesen estar relacionadas coa utilización do animal
en pelexas ou outras actividades prohibidas.
t) Cartilla sanitaria actualizada nos tratamentos
preceptivos e preventivos propios da especie e idade. Na cartilla sanitaria
figurará a catalogación de animal potencialmente perigoso.
u) Copia da licenza municipal de tenza de animais
potencialmente perigosos a nome do propietario. Acompañarase dunha copia da
póliza que xustifique que se formalizou o seguro de responsabilidade civil.
v) Datos do centro de adestramento, de ser o
caso.
z) Incidentes de agresión, de ser o caso.
2. Os propietarios dos animais serán os
responsables de identificar os animais e de sufragar os gastos que este
ocasione, independentemente do lugar de residencia das ditas persoas. A
identificación definitiva suporá un requisito previo e obrigatorio para realizar
calquera transacción do animal.
3. O rexistro municipal é un rexistro de carácter
público, ó que terán acceso as administracións públicas e as autoridades
competentes, así como aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter
interese lexítimo no coñecemento dos datos que figuran nel. Para estes efectos
considerarase, en todo caso, interese lexítimo o que ostenta calquera persoa
física ou xurídica que desexe adquirir un animal destas características, así
como aquelas que sufriran calquera tipo de agresión polo animal e desexen
exercer as accións correspondentes en calquera vía xurisdicional, para o que
deberán acreditar previamente a interposición da correspondente denuncia.
4. En todo caso, o uso e tratamento dos datos
contidos no Rexistro será de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, de
protección de datos persoais.
Artigo 36. Inscrición no rexistro.
1. A inscrición no Rexistro de animais
potencialmente perigosos será efectuada polo Concello a pedimento do interesado
ou de oficio, de ser o caso, tras a concesión da licenza municipal regulada nos
artigos 29 e 30 da presente ordenanza.
2. Non obstante, será igualmente obrigatoria a
instancia do interesado, a inscrición no rexistro municipal, en sección aberta
para o efecto, cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso a
este municipio, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres
meses, e deberase proceder á inscrición no prazo máximo de dez días a contar
desde o inicio da residencia no municipio.
3. Estimarase que se efectuou un traslado de
animal potencialmente perigoso, salvo acreditación expresa en contrario polo
interesado, nos casos de cambio de residencia do seu titular en cuxo caso será
preciso a acreditación da obtención da licenza no municipio de orixe anterior, e
procederase á renovación da licenza nos casos previstos na presente ordenanza.
4. Das inscricións que se efectúen no rexistro
municipal de animais potencialmente perigosos daráselle traslado ó órgano
correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Igualmente nos casos de cambio de residencia
desde o municipio sen prexuízo da obriga do interesado de dar conta do traslado
do animal, notificarase ó Concello do municipio de nova residencia a
titularidade por parte do interesado dun animal potencialmente perigoso.
6. O Concello remitirá a información do Rexistro
municipal ó Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e
Potencialmente perigosos.
Artigo 37. Baixa no Rexistro municipal de animais
potencialmente perigosos.
1. A baixa no Rexistro municipal de animais
potencialmente perigosos efectuarase por pedimento do interesado, logo da
acreditación da venda, traspaso, cesión ou morte do animal.
2. Igualmente procederase á baixa no rexistro no
caso de traslado da residencia do titular do animal a municipio distinto, salvo
que o animal permaneza no Concello, e así quede acreditado xa sexa a instancia
do interesado ou de oficio polo Concello.
Artigo 38. Medidas de seguridade dos posuidores
de animais potencialmente perigosos
1. A presenza de animais potencialmente perigosos
en lugares ou espazos públicos esixirá que a persoa que os conduza leve consigo
a licenza administrativa referida no artigo anterior, así como o documento
acreditativo da inscrición do animal no Rexistro municipal de animais
potencialmente perigosos.
2. En lugares e espazos públicos, os cans
potencialmente perigosos deberán:
a) Levar, obrigatoriamente, bozo apropiado segundo
a tipoloxía racial de cada animal.
b) Ser conducidos e controlados con cadea ou
correa non extensible de menos de dous (2) metros, sen que poida levarse máis
dun destes cans por persoa e, en ningún caso, poderán ser conducidos por un
menor de 16 anos.
3. Os animais potencialmente perigosos que se
atopen nun predio, casa de campo, chalé, parcela, terraza, patio ou calquera
outro lugar delimitado, estarán atados, a non ser que se dispoña dun habitáculo
coa superficie, altura e adecuado peche para protexer as persoas ou animais que
se acerquen. O recinto estará sinalizado coa advertencia de que se atopa no
interior un animal potencialmente perigoso.
4. Quen críe, adestre e comercie con animais
potencialmente perigosos terá que dispoñer de instalacións e medios adecuados
para a súa tenza.
5. A subtracción ou perda do animal será
comunicada polo seu titular ás autoridades policiais de forma inmediata e ó
Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos nun prazo máximo de
corenta e oito horas dende o coñecemento dos feitos.
|
|
|
|
|
Título IV. Das infraccións e sancións.
|
|
|
|
Artigo 39.
1. Os axentes da autoridade e cantas persoas
precisen ou coñezan feitos contrarios ó establecido nesta ordenanza teñen o
deber de denunciar aos infractores.
2. Os animais dos propietarios denunciados por
causarlles sufrimento, por non os aloxaren en condicións hixiénicas e biolóxicas
axeitadas, por desobedecer medidas ditadas pola autoridade municipal, por
infraccións contra normas sanitarias ou por desprezo ás normas elementais de
convivencia, poderán ser retirados polos axentes municipais.
Artigo 40. Infraccións
1. Para os efectos desta ordenanza será infracción
administrativa o incumprimento das obrigas, das prohibicións e dos requisitos
establecidos nela, así como o das condicións impostas nas autorizacións
administrativas outorgadas ó seu abeiro.
2. As infraccións que se cometan contra o disposto
nesta ordenanza clasifícanse en leves, graves e moi graves.
3. Son infraccións administrativas leves o
incumprimento de calquera das obrigas establecidas nesta ordenanza, na Lei
50/1999, do 23 de decembro do Estado e no artigo 38 da Lei 4/2017, de 3 de
outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, que son as
seguintes:
a) A venda, doazón ou cesión de animais a menores
de dezaseis anos ou a persoas incapacitadas sen autorización de quen teña a súa
patria potestade, tutela ou custodia.
b) O regalo de animais de compañía como recompensa
ou premio en eventos ou atraccións públicas.
c) A exhibición dos animais de compañía destinados
á venda en escaparates ou zonas expostas á vía pública ou a modo de reclamo
comercial.
d) Non manter os animais en condicións
hixiénico-sanitarias axeitadas e/ou non someter os animais aos recoñecementos
veterinarios precisos.
e) Manter os animais en instalacións que non
reúnan os requisitos previstos no artigo 9.e).
f) Non facilitar aos animais a alimentación e
bebida abondas e axeitadas ás súas necesidades, agás por prescrición
veterinaria, salvo que o prexuízo para o animal sexa grave ou moi grave. De se
producir un dano para o animal grave ou moi grave, esta conduta cualificarase
como un suposto de maltrato tipificado nos artigos 39.a) ou 40.a), segundo as
consecuencias que diso deriven.
g) Exercer a venda de animais domésticos fóra dos
establecementos legalmente autorizados.
h) Transportar animais en condicións inaxeitadas
ou en maleteiros que non estean especialmente adaptados, incumprindo as obrigas
previstas no artigo 11 desta lei, sempre que os animais non sufran danos. De se
producir danos no animal, esta infracción cualificarase como infracción grave
tipificada no artigo 39.j).
i) A non recollida inmediata dos excrementos
evacuados por un animal de compañía na vía pública.
k) Alimentar os animais vagabundos ou extraviados
nas vías públicas sen contar coa correspondente autorización municipal, agás
situacións que poidan comprometer o benestar dos animais.
l) Non adoptar as medidas necesarias para impedir
que o animal poida acceder libremente ás vías ou aos espazos públicos ou
privados, así como non impedir o libre acceso do animal a outros animais ou o
contacto sen permiso con persoas ou cousas, e así mesmo non impedir a entrada do
animal en recintos ou lugares non autorizados.
m) Manter no mesmo recinto ou en vivenda privada
máis de cinco animais, incumprindo os requisitos do artigo 21.2.
n) Non manter actualizados os datos comunicados
aos rexistros obrigatorios previstos nesta lei.
o) Non contar coa formación necesaria para o
manexo e a atención dos animais aloxados nos centros de cría, venda e
importación de animais.
p) Calquera outra actuación que supoña un
incumprimento das obrigas establecidas nesta lei ou vulneración das prohibicións
previstas nela e que non estea tipificada como infracción grave ou moi
grave.
4. Terán a consideración de infraccións
administrativas graves, as previstas no artigo 13.2 da Lei 50/1999, do 23 de
decembro, do Estado, así como as establecidas no artigo 39 da Lei 4/2017, de 3
de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, que son
as seguintes:
a) O maltrato aos animais que lles cause dor,
sufrimento, lesións ou danos non invalidantes nin irreversibles.
b) Non proporcionar aos animais os tratamentos
necesarios para evitar o seu sufrimento.
c) A non identificación dos animais, cando esta
sexa obrigatoria conforme o previsto nesta lei.
d) A utilización de calquera mecanismo ou
utensilio que, destinado a limitar ou empecer a mobilidade dos animais, lles
produza dor, danos, sufrimento, menoscabo ou estrés innecesario, en especial os
que lles impidan manter a cabeza na posición natural, agás prescrición
veterinaria, ou manter os animais da especie canina atados de forma permanente
ou limitarlles os movementos que son necesarios durante a maior parte do día, e
o emprego de instrumentos ou métodos daniños de suxeición, retención ou
educación, como os colares eléctricos que produzan descargas. e) Levar animais
atados a vehículos a motor en marcha.
f) Non adoptar as medidas necesarias para evitar a
reprodución incontrolada dos animais, consonte o previsto no artigo 21 desta
lei.
g) O abandono dos animais de compañía, nos termos
previstos no artigo 4.7 desta lei.
h) A venda reiterada de animais domésticos fóra
dos establecementos legalmente autorizados. Enténdese por venda reiterada o
feito dunha persoa ter sido denunciada pola comisión desta infracción ata en
dúas ocasións no prazo dun ano.
i) A venda de animais silvestres mantidos en
catividade fóra dos establecementos autorizados.
j) O incumprimento das obrigas establecidas no
artigo 10 para os establecementos e no artigo 14 para os eventos con animais de
compañía, excepto o establecido como infracción moi grave no artigo 40.c)
seguinte, e o transporte inaxeitado de animais de compañía incumprindo as
obrigas previstas no artigo 11 desta lei, sempre que os animais sufran
danos.
k) A utilización dos animais en traballos que os
inmobilicen causándolles dor.
l) A venda de animais enfermos ou con defectos
coñecidos pola parte vendedora, agás o disposto no artigo 40.d).
m) A cría con fins comerciais ou a
comercialización de animais sen cumprir os requisitos previstos no artigo 13
desta lei.
n) A recollida de animais vagabundos ou
extraviados sen a correspondente autorización, agás os supostos previstos no
artigo 22.6.
ñ) A cesión en adopción de animais abandonados sen
cumprir os requisitos establecidos nesta lei.
o) Ser titular dun establecemento dos previstos no
artigo 10 sen posuír as autorizacións administrativas previstas nel.
p) Non ter subscrito o seguro de responsabilidade
civil no suposto previsto no artigo 17 desta lei.
q) A negativa ou resistencia a subministrar datos
ou a facilitar a información requirida polas autoridades competentes, ou os seus
axentes, co fin de cumprir as funcións establecidas nesta lei, así como a
subministración intencionada de información inexacta ou de documentación
falsa.
r) Empregar animais para desempeñar traballos
contravindo o establecido no artigo 9.f), utilizalos como reclamo na mendicidade
ou en calquera outra actividade ambulante, ou o seu uso en atraccións feirais e
outras asimilables, agás autorización da autoridade competente.
s) A comisión dunha infracción administrativa leve
cando no prazo dun ano o suxeito fose sancionado por unha ou máis infraccións
leves e a resolución ou as resolucións sancionadoras resultasen firmes na vía
administrativa.
5. Terán a consideración de infraccións
administrativas moi graves, as previstas no artigo 13.1 da Lei 50/1999, do 23 de
decembro, do Estado, así como as establecidas no artigo 40 da Lei 4/2017, de 3
de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, que son
as seguintes:
a) O maltrato aos animais que lles cause a morte
ou lles provoque lesións ou danos invalidantes ou irreversibles.
b) A manipulación da identificación dos animais de
compañía en todos os supostos.
c) A organización e realización de pelexas,
festas, espectáculos ou calquera outra actividade que leve consigo malos tratos,
crueldade ou sufrimento.
d) A venda de animais con doenza
infecto-contaxiosa coñecida pola parte vendedora.
e) A mutilación dos animais sen prescrición e
control veterinario e mais a esterilización e intervención cirúrxica de animais
non efectuadas por unha ou un profesional veterinario.
f) A subministración de estimulantes non
autorizados ou de substancias que poidan atentar contra a saúde dos animais de
compañía, agás prescrición veterinaria.
g) A contravención da orde de inmobilización dos
animais acordada polas autoridades competentes.
h) A obstaculización do cumprimento das medidas
provisionais.
i) Educar os animais de forma agresiva, estresante
ou violenta, así como instigalos ou preparalos para pelexas ou ataques nos
termos sinalados no artigo 9.p) desta lei.
j) Non tomar as medidas necesarias para evitar que
os animais causen danos á saúde pública ou animal ou á seguridade pública.
k) Disparar intencionadamente contra os animais,
agás nos supostos establecidos no artigo 15.
l) A práctica da eutanasia dos animais vulnerando
o disposto no artigo 15 da Lei 4/2017, do 13 de outubro.
m) O emprego e a tenza de animais de especies
silvestres nos circos.
n) A comisión dunha infracción administrativa
grave cando no prazo dun ano o mesmo suxeito fose sancionado pola comisión dunha
ou varias infraccións graves e a resolución ou as resolucións sancionadoras
resultasen firmes na vía administrativa.
Artigo 41. Sancións.
1. As infraccións tipificadas no artigo anterior
serán sancionadas con multas cuxas contías serán as fixadas no artigo 13.5 da
Lei 50/1999 do Estado e no artigo 41 da Lei 4/2017, de 13 de outubro da
Comunidade Autónoma de Galicia, que son as seguintes:
-Infraccións leves, con multa de 30,05 euros a
300,51 euros.
-Infraccións graves, tipificadas nos apartados a)
ao f) do artigo 40.4 da presente ordenanza, con multa de 300,52 euros a 2.404,05
euros, e as dos apartados g) ao s) do mesmo artigo, con multa de 300,52 euros a
3.005,06 euros.
-Infraccións moi graves, tipificadas nos apartados
a) ao f) do artigo 40.5 da presente ordenanza, con multa de 2.404,06 euros a
15.025,30 euros, e as dos apartados g) ao n) do mesmo artigo, con multa de
3.005,07 euros a 15.025,30 euros.
2. En todo caso, as infraccións graves e moi
graves tipificadas no artigo anterior desta ordenanza, poderán levar aparelladas
como sancións accesorias a confiscación, comiso, esterilización ou sacrificio
dos animais potencialmente perigosos, a clausura do establecemento e a
suspensión temporal ou definitiva da licenza para tenza de animais
potencialmente perigosos ou do certificado de capacitación do adestrador.
3. A imposición das sancións contempladas
graduarase conforme os seguintes criterios:
a) a transcendencia social ou sanitaria e o
prexuízo causado pola infracción.
b) o ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido
na comisión da infracción.
c) a importancia do dano causado ó animal
d) a reiteración ou reincidencia na comisión de
infraccións.
Artigo 42. Responsable.
1. A responsabilidade administrativa será esixíbel
sen prexuízo do que corresponda no ámbito civil ou penal.
2. Nos casos de espectáculos prohibidos,
incorrerán en infracción administrativa non só os seus organizadores senón tamén
os donos dos locais ou terreos en que se realicen, a título oneroso ou gratuíto,
así como terceiras persoas que dun xeito ou outro participen.
3. Considéranse responsables das infraccións os
que por acción ou omisión participaran na comisión das mesmas, ó propietario ou
posuidor dos animais, ou no seu caso, ó titular do establecemento, local ou
medio de transporte no que se produzan os feitos, e neste último suposto, así
mesmo, o encargado do transporte.
Artigo 43. Procedemento sancionador.
O procedemento sancionador aplicable rexerase polo
establecido na disposición adicional terceira da Lei 50/1999, do 23 de decembro,
de tenza de animais potencialmente perigosos, no artigo 46 da Lei 4/2017, de 13
de outubro da Comunidade Autónoma de Galicia, así como pola Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas e
normas de desenvolvemento.
Artigo 44. Exercicio da potestade
sancionadora.
1. Os órganos competentes para sancionar, de
acordo co artigo 46 da Lei 4/2017, de 13 de outubro da Comunidade Autónoma de
Galicia serán:
1. O procedemento sancionador previsto nesta lei
tramitarase de conformidade coa lexislación do procedemento administrativo común
das administracións públicas.
2. Corresponde aos concellos a incoación e
tramitación dos procedementos incoados pola comisión de infraccións tipificadas
como leves nas alíneas c), i) e k) do artigo 40.3 desta ordenanza.
3. Corresponde á consellaría competente en materia
de protección animal a incoación e tramitación dos expedientes sancionadores no
caso das restantes infraccións cualificadas como leves e polas infraccións
cualificadas como graves e moi graves. A incoación e a instrución destes
expedientes sancionadores corresponden ás xefaturas territoriais previstas no
artigo 35 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, da consellaría
competente en materia de protección animal.
4. A resolución do procedemento sancionador
corresponderá:
a) Á persoa titular da alcaldía do concello nos
procedementos incoados pola comisión de infraccións leves tipificadas nas
alíneas c), i) e k) do artigo 40.3 desta ordenanza., e ás persoas titulares das
xefaturas territoriais previstas no artigo 35 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,
da consellaría competente en materia de protección animal nos demais supostos de
infraccións leves, agás as previstas na alínea b) seguinte.
b) Á persoa titular da dirección xeral competente
en materia de protección animal nos procedementos incoados pola comisión de
infraccións administrativas cualificadas como graves, así como para todas as
infraccións leves e graves cometidas polos concellos.
c) Á persoa titular da consellaría competente en
materia de protección animal nos procedementos incoados pola comisión de
infraccións cualificadas como moi graves.
5. A incoación e tramitación dos expedientes polas
infraccións tipificadas como leves correspóndelle ao Concello. Non obstante, o
alcalde porá en coñecemento de xeito fidedigno, do director xeral de
Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente, toda acción ou
omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi grave.
6. Cando as circunstancias de perigo así o
aconsellen, o alcalde poderá proceder á retirada ou custodia dun animal
potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter
provisional durante a tramitación dun expediente sancionador.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN FINAL
|
|
|
|
A presente ordenanza, aprobada polo pleno da
Corporación, conforme ao disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril,
entrará en vigor despois de quedar aprobada definitivamente e así que transcorra
o prazo de quince días hábiles desde a publicación do seu texto íntegro no
Boletín Oficial da Provincia e permanecerá vixente ata a súa modificación ou
derrogación expresa.
|
|
|
|
|
DISPOSICIÓN DEROGATORIA.
|
|
|
|
Queda derrogado o Regulamento de protección e
tenza de animais en vigor, así como cantas normas municipais, acordos ou
disposicións, contradigan o establecido no presente Regulamento.
|
|
|
|
|
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
|
|
|
|
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto
completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no
artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local: “…..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el “Boletín Oficial” de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de
diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales.....” (desde el 10 de marzo de
2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo). Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.
|
|
|