Artigo 8. Calendario A apertura e funcionamento das instalacións deportivas municipais de uso regulado guiaranse polo calendario, horarios e usos que se establezan anualmente. Artigo 9. Formas de uso 9.1. O uso das instalacións deportivas municipais de uso regulado implica o pago do prezo público establecido na correspondente norma reguladora. 9.2. As instalacións, conforme ás normas recollidas neste regulamento, as poderán usar as persoas físicas ou xurídicas. 9.3. En calquera caso, está prohibido a exhibición ou uso nas instalacións deportivas municipais dos seguintes obxectos: a. Pancartas, símbolos, emblemas ou lendas que, polo seu contido ou significado, poidan incitar á violencia. b. Armas ou obxectos utilizables como armas. c. Bengalas ou fogos de artificio. d. Aqueles obxectos ou instrumentos que se establezan regulamentariamente. 9.4. Teñen consideración de usos, actividades ou actos ordinarios: - A utilización puntual e illada dunha instalación ou espazo deportivo para o seu uso específico, previo pago do prezo da mesma cando corresponda, ben individual ou colectivamente. - O uso colectivo puntual, de temporada ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para o seu uso específico previo pago da taxa que corresponda no seu caso. - O uso deportivo puntual, de temporada ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para unha modalidade diferente da específica pero perfectamente compatible e autorizadas, acolléndose se corresponde ás condicións de pago establecidas. - A utilización puntual, temporal ou anual dunha instalación ou espazo deportivo para unha actividade non deportiva especificamente, pero perfectamente compatible pola súa afinidade, nas condicións autorizadas polo órgano competente. 9.5. Teñen consideración de usos, actividades ou actos extraordinarios: - A utilización puntual, illada ou temporal, individual ou colectivamente, dunha instalación ou espazo deportivo para unha actividade deportiva diferente da específica do mesmo e requira unha autorización expresa do Concello de Cabanas. - A utilización con carácter puntual, ou no seu caso periódica, dunha instalación ou espazo deportivo para unha actividade non deportiva, que requira unha autorización expresa do Concello de Cabanas 9.6 O Concello de Cabanas resérvase a facultade de pechar temporalmente as instalacións por limpeza, obras, programacións propias, competicións, partidos, cursos ou outros eventos que estime oportunos. Artigo 10. Solicitudes e autorizacións 10.1. Toda utilización das instalacións deportivas municipais de uso regulado contará, preceptivamente, coa debida autorización. 10.2. O uso das instalacións deportivas municipais, en función das súas características específicas, poderá cederse por anualidades, cursos escolares lectivos, por temporadas, por un período de tempo concreto inferior a un ano ou para partidos, actos ou usos puntuais e concretos. En todo caso deberá determinarse claramente o horario obxecto da cesión do uso que deberá respectarse con puntualidade, non comprendendo, por tanto, a utilización anterior ou posterior para adestramentos, ensaios ou montaxes que serán convidos cos interesados. 10.3. Para usos deportivos dun so día, as persoas interesadas solicitarán directamente no Concello de Cabanas a utilización da mesma nos horarios dispoñibles, sen outro requisito que o de aboar por adiantado o importe do prezo fixado. Os prazos e condicións os marcarán as normas anuais de utilización e calendario das mesmas. 10.4. Para usos non continuos, entendéndose por tal aquel cuxa petición de uso o sexa por unha duración inferior ó mes, a solicitude de utilización deberá realizarse por escrito, cunha antelación mínima de quince días ás datas previstas para o uso da instalación de que se trate. O abono do prezo efectuarase unha vez autorizado o uso e con carácter previo a este. 10.5. No caso de usos continuos ou de tempada, e con antelación ó inicio da tempada deportiva, o Concello de Cabanas anunciará convocatoria pública pola que se regulará a adxudicación das instalacións deportivas de uso regulado. Unha vez aprobada á adxudicación, polo órgano municipal competente, quen o desexe poderá darse de baixa, na data que consideren oportuno, comunicándoo por escrito ó Concello. 10.6. No caso de que nunha instalación concorran simultaneamente dúas ou máis solicitudes de uso incompatibles entre si, atenderase, para resolver a prioridade, o establecido no artigo 14 do presente regulamento e, en caso de igualdade, a repercusión social da actividade que se vaia desenvolver. 10.7. A autorización ou concesión do uso das instalacións deportivas municipais constitúe un dereito intransferible, polo que os seus titulares non poderán ceder nin intercambiar os usos concedidos, salvo conformidade municipal. 10.8. Cando se atopase en mal estado a instalación ou o material a utilizar, de tal forma que fixese impracticable ou perigosa a práctica de calquera actividade deportiva, poderase solicitar a devolución do importe ou un novo uso, sen cargo algún, dentro dos oito días seguintes á data prevista e se poderá realizar sempre que exista instalación e horario dispoñible a tal fin. En caso de non solicitar este cambio no tempo establecido, a persoa usuaria decaerá no seu dereito. Do mesmo xeito, no suposto de reparacións imprevistas nas instalacións deportivas, intentarase na medida do posible ofrecer un novo espazo deportivo de características similares. Se isto non fora posible, a persoa usuaria terá dereito a solicitar a devolución do prezo público correspondente. En todo caso, a non utilización da instalación reservada por causa imputable á persoa interesada non exime do pago do prezo establecido e tampouco dará lugar á devolución total ou parcial do importe satisfeito. 10.9. A autorización do uso das instalacións deportivas municipais estará supeditada, en todo caso, ás necesidades do Concello de Cabanas. 10.10. O Concello de Cabanas resérvase a facultade de modificar ou anular os usos xa concedidos e a de suspender temporalmente o servizo por razóns de interese municipal, sen que isto caiba responder de posibles prexuízos ante as persoas interesadas, excepto a devolución proporcional dos prezos satisfeitos. Artigo 11. Outros usos 11.1. Excepcionalmente poderase autorizar o uso das instalacións deportivas municipais fora do horario ou calendario de apertura establecidos con carácter ordinario. 11.2. A celebración de actividades deportivas en horario ou calendario extraordinarios, por iniciativa allea ó Concello de Cabanas, suporá un incremento sobre o prezo fixado para o mesmo uso, no que se computarán todas as horas, tanto as de preparación como as precisas para o desenvolvemento do evento ou espectáculo. 11.3. Nos casos nos que as actividades a celebrar nunha instalación deportiva municipal, sexan ou non deportivas, requiran montaxe e desmontaxe de equipamentos, computarase o tempo destinado a ditas operacións, o que suporá un incremento sobre o prezo fixado. O incremento terá lugar do mesmo xeito cando a cesión das instalacións requira da achega adicional de persoal que estea a cargo da instalación. As labores de montaxe e desmontaxe levaranse a cabo por conta e iniciativa de quen empregue a instalación deportiva, e baixo supervisión do persoal responsable da mesma. Tamén serán da súa conta os gastos de vixilancia, limpeza, enganches, consumos de enerxía eléctrica e demais servizos ocasionados polo montaxe e desmontaxe de equipamentos así como para o desenrolo da actividade. Artigo 12. Da custodia de obxectos e equipaxes 12.1. O Concello de Cabanas non responderá dos obxectos persoais que se extravíen ou deterioren no recinto das instalacións deportivas municipais e aconsella acudir as instalacións deportivas municipais sen obxectos de valor. 12.2. Nas instalacións que se conte con consignas automáticas, será responsabilidade de quen usa a mesma, que terá que custodiar a chave, a igual que será a súa responsabilidade a custodia da identificación de gardarroupa así como no seu caso da chave dos vestiarios, non sendo responsabilidade do Concello as consecuencias derivadas da perda da identificación de gardarroupa ou das chaves da consigna ou vestiarios. 12.3. No caso da perda da chave da consigna ou vestiarios ou do obxecto identificador do gardarroupa, esperarase ó final do día para proceder a abrir a consigna e devolver o contido, salvo que exista a certeza de que a persoa que reclama é a auténtica dona das pertenzas. 12.4. Queda prohibida a ocupación das consignas ou vestiarios dun día para outro. En tal caso ó peche da instalación ó persoal procederá á retirada dos obxectos que nela se atopen tratándoos como obxectos perdidos. 12.5. Os obxectos recollidos nas instalacións deportivas municipais estarán depositados nas oficinas da Policía Municipal. Artigo 13. Restricións de uso e prohibicións 13.1. O único lugar onde está permitido o cambio de roupa é no vestiario, que lle será asignado a cada persoa ou grupo polo persoal da instalación. 13.2. Ás instalacións cubertas con chan de parqué ou materiais sintéticos só se accederá con vestiario e calzado deportivo, nunca co de rúa. Só se poderá permanecer con roupa e calzado de rúa nas zonas de paso e nas reservadas ó público. 13.3. Prohíbese ó acceso ó interior das instalacións deportivas de bicicletas, ciclomotores, patíns, monopatíns, etc. Excepto en caso de instalacións específicas ou autorización expresa por actividade programada. 13.4. Prohíbese o consumo de tabaco, de bebidas alcohólicas e alimentos ou realizar calquera acto que produza desperdicios, excepto nas zonas habilitadas ó efecto. 13.5. Fóra das canchas de pavillóns polideportivos, frontóns e instalacións homólogas non se poderá realizar actividade deportiva ou xogo algún, por tratarse de zoas destinadas ó tránsito e estancia de persoas usuarias e público. 13.6. Non está permitida a entrada de animais ás instalacións deportivas municipais. Artigo 14. Prioridades de uso 14.1. A utilización das instalacións deportivas obedecerá a criterios de uso preferente de conformidade á orde de prelación determinado a continuación, en función do obxecto das solicitudes que se presenten e das propias necesidades municipais. 14.2. Dentro do horario lectivo escolar, terá uso preferente das instalacións deportivas municipais o alumnado dos respectivos centros públicos de educación primaria, para o desenvolvemento de programas de educación física recollidos no seu currículo. 14.3. No suposto de que as solicitudes de utilización simultánea das instalacións superen a capacidade destas, terán prioridade os colexios públicos de educación primaria cuxo emprazamento estivese máis próximo a ditas instalacións. 14.4. O uso das instalacións deportivas municipais en horario lectivo por parte do alumnado pertencente a centros escolares privados, ou a centros docentes –públicos ou privados- de educación secundaria, quedará supeditado ó uso do alumnado procedente dos centros públicos de educación primaria. 14.5. En horario non lectivo, as instalacións deportivas municipais utilizaranse, pola seguinte orde, para o desenrolo de programas municipais de iniciación e promoción deportiva (as que terán acceso toda a cidadanía que o desexe sen outra limitación que as propias da instalación ou as dispoñibilidades do programa); para necesidades de clubs e sociedades deportivas do concello e para o deporte de ocio da cidadanía. 14.6. A prioridade de uso entre os clubs e sociedades deportivas do concello se discernirá en atención ós seguintes criterios: a) A adecuación do espazo ó seu deporte. b) A categoría en que milite o equipo de máis alto nivel do club ou sociedade solicitante sempre e cando desexe facer uso da instalación. c) Polo número de equipos participantes noutras categorías.
|