|
 |
|
|
|
|
Fundamento legal.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 1º.
|
|
|
|
No uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade co establecido nos artigos 15 e seguintes, do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), este Concello establece o imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal en concordancia co previsto nos artigos 104 e seguintes do TRLRFL
|
|
|
|
|
Natureza e feito impoñible
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 2º.
|
|
|
|
1. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana é un tributo directo, que non ten carácter periódico. 2. Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana manifestado a consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os referidos bens. 3. O título a que se refire o apartado anterior poderá consistir en: a) Negocio xurídico “mortis causa”, tanto sucesión testada como “ab intestato”. b) Negocio xurídico “inter vivos”, tanto oneroso como gratuíto. c) Alleamento en poxa pública. d) Expropiación forzosa.
|
|
|
|
|
Artigo 3º.
|
|
|
|
1.-Terán a consideración de terreos de natureza urbana a efectos deste imposto: o solo urbano, o solo urbanizable ou asimilado pola lexislación autonómica por contar coas facultades urbanísticas inherentes ó solo urbanizable na lexislación vixente, os terreos que dispoñan de vías pavimentadas ou encintado de beirarrúas e teñan ademais servizos de sumidoiros, subministro de auga, electricidade e iluminación pública, ademais dos ocupados por construccións de natureza urbana. A efectos deste imposto, estará así mesmo suxeito ó mesmo o incremento de valor que experimenten os terreos integrados nos bens inmobles clasificados como de características especiais a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.
|
|
|
|
|
Artigo 4º.-
|
|
|
|
Non está suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos que teñan a consideración de rústicos a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles. En consecuencia sí estará suxeito o incremento de valor que experimenten os terreos que deban ter a consideración de urbanos, ós efectos de dito Imposto sobre Bens Inmobles, con independencia de que estean ou non contemplados como tales no Catastro ou no Padrón de aquel. Non se producirá a subxección ó imposto nos supostos de achegas de bens e dereitos realizadas polos cónxuxes á sociedade conxugal, adxudicacións que ó seu favor e en pago delas se verifiquen e transmisións que se fagan ós cónxuxes en pago dos seus haberes comúns. Tampouco se producirá a subxección ó imposto nos supostos de transmisións de bens inmobles entre cónxuxes ou a favor dos fillos, como consecuencia do cumprimento de sentenzas nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial, sexa cal sexa o réxime económico matrimonial.
|
|
|
|
|
Exencións.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artígo5º
|
|
|
|
Exencións obxectivas.- Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten como consecuencia dos actos seguintes: a) A constitución e transmisión de dereitos de servidume. b) As transmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico, ou fosen declarados individualmente de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/1985, de 25 de Xuño, do Patrimonio Histórico Español, cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que realizaron ó seu cargo obras de conservación, mellora ou rehabilitación en ditos inmobles. Para gozar desta exención deberase acreditar a declaración individual de interese cultural mediante invocación da norma de rango suficiente na que se conteña a súa situación concreta dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico, mediante Real Decreto ou norma de rango superior. Así mesmo, acreditarase a execución de proxectos de conservación, mellora ou rehabilitación debidamente autorizados, para o cal presentarase o proxecto, as licencias e permisos preceptivos e o certificado de fin de obra correspondente. Os servizos técnicos municipais incorporarán un informe respecto da necesidade ou utilidade das obras para a conservación do Patrimonio. O suxeito pasivo deberá estar ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello de Cabanas respecto dos tributos que gravan o inmoble en cuestión e presentará declaración respecto de ter realizado ao seu cargo as obras.
|
|
|
|
|
Artigo 6º
|
|
|
|
Exencións subxectivas.- 1. Estarán exentos deste imposto os correspondentes incrementos de valor cando a obriga de satisface-lo IVTNU recaia sobre as seguintes persoas ou entidades: a) O Estado e os seus organismos autónomos de carácter administrativo. b) A Comunidade Autónoma de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, e os Organismos Autónomos de carácter administrativo de tódalas entidades expresadas. c) Este municipio e as entidades locais integradas no mesmo ou que formen parte del, así como os seus respectivos organismos autónomos de carácter administrativo. d) As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico-docentes. e) As Entidades Xestoras da Seguridade Social e as Mutualidades de Previsión Social reguladas pola Lei 30/1995, de 8 de novembro de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados. f) As persoas ou Entidades ás que se lles recoñecese a exención en Tratados ou Convenios Internacionais. g) Os titulares de concesión administrativas reversíbeis respecto dos terreos afectados ás mesmas. h) A Cruz Vermella Española.
|
|
|
|
|
Suxeitos pasivos
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 7º.
|
|
|
|
1.-Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte: a) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, a título lucrativo a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trata. b) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, a título oneroso, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria 58/03, que transmita o terreo, ou que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate. 2.-Nos supostos a que se refire a letra b) do apartado anterior, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria 58/03, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuínte sexa unha persoa física non residente en España.
|
|
|
|
|
Base impoñible.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 8º.
|
|
|
|
1. Base impoñible. A base impoñible deste imposto está constituída polo incremento do valor dos terreos, posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo dun período máximo de vinte anos. Ós efectos da determinación da base impoñible, haberá de terse en conta o valor do terreo no momento do devengo de acordo co previsto nos apartados 2 e 3 deste artigo, e a porcentaxe que corresponda en función do previsto no apartado 4. 2. O valor do terreo. O valor do terreo no momento do devengo resultará do establecido nas seguintes regras: A). Nas transmisións de terreos, o valor dos mesmos no momento do devengo será o que teñan determinado en dito momento ós efectos do Imposto sobre Bens Inmobles. Non obstante, cando dito valor sexa consecuencia dunha ponencia de valores que non reflicta modificacións de planeamento aprobadas con posterioridade á aprobación da citada ponencia, poderase liquidar provisionalmente este imposto de acordo co mesmo. Nestes casos, na liquidación definitiva aplicarase o valor dos terreos unha vez se obteña conforme ós procedementos de valoración colectiva que se instrúan, referido á data do devengo. Cando esta data non coincida coa de efectividade dos novos valores catastrais, estes corrixiranse aplicando os coeficientes de actualización que correspondan, establecidos ó efecto nas Leis de Presupostos Xerais do Estado. Cando o terreo, aínda sendo de natureza urbana ou integrado nun ben inmoble de características especiais, no momento do devengo do imposto non teña determinado valor catastral en dito momento, o Concello poderá practica-la liquidación cando o referido valor catastral sexa determinado, referindo dito valor ó momento do devengo. B). Na constitución e transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, as porcentaxes anuais contidas no apartado 4, aplicaranse sobre a parte do valor definido na letra anterior que represente, respecto do mesmo, o valor dos referidos dereitos calculado mediante a aplicación das normas fixadas a efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, aplicando as seguintes normas: a).-No caso de usufructo temporal, entenderase que o valor do usufructo e dereito de superficie temporal é proporcional ó valor do terreo, a razón do 2% do valor catastral do terreo por cada período dun ano, sen que poda exceder do 70% de dito valor catastral.. b).- Se o usufructo fose vitalicio, o seu valor, no caso de que o usufructuario tivese menos de 20 anos, será equivalente ó 70% do valor catastral do terreo, minorándose esta cantidade nun 1% por cada ano que exceda de dita idade, ata o límite mínimo do 10% do expresado valor catastral. c) Se o usufructo se establece en favor dunha persoa xurídica, por un prazo indefinido ou superior a 30 anos, considerarase como unha transmisión da propiedade plena do terreo suxeita a condición resolutoria, e o seu valor equivalerá ao 100% do valor catastral do terreo usufructuado. d) Cando se transmita un dereito de usufructo xa existente, as porcentaxes expresadas nas letras a), b) e c) anteriores, aplicaranse sobre o valor catastral do terreo no momento de dita transmisión. e) Cando se transmita o dereito dunha propiedade, o seu valor será igual á diferencia entre o valor catastral do terreo e o valor do usufructo, calculado este último segundo as regras anteriores. f) O valor dos dereitos de uso e habitación será o que resulte de aplicar ao 75% do valor catastral dos terreos sobre os que se constitúan tales dereitos, de acordo coas regras correspondentes á valoración dos usufructos temporais ou vitalicios, segundo os casos. g) Na constitución ou transmisión de calquera outro dereito real de goce limitativo do dominio, distinto dos enumerados nas letras a), b), c), d) e f) deste artigo e no apartado seguinte, considerarase como valor dos mesmos, aos efectos deste imposto: - O capital, prezo ou valor pactado ao constituílo, se fose igual ou maior que o resultado da capitalización ao tipo de xuro básico do Banco de España da súa renda ou pensión anual. - Este último, se aquel fose menor. C).Na constitución ou transmisión do dereito a elevar unha ou máis plantas sobre un edificio ou terreo, ou do dereito a realizar a construcción baixo solo sen implicar a existencia dun dereito real de superficie, a porcentaxe correspondente aplicarase sobre a parte do valor catastral que represente, respecto ao mesmo, o módulo de proporcionalidade fixado na escritura de transmisión ou, no seu defecto, o que resulte de establecer a proporción entre a superficie ou volume das plantas a construír en voo ou en subsolo e a total superficie ou volume edificados, unha vez construídas aquelas. D). Nos supostos de expropiacións forzosas, as porcentaxes anuais contidas no artigo 8 aplicaranse sobre a parte do xustiprezo que corresponda ó valor do terreo, salvo que o valor definido no parágrafo A) do apartado 2 anterior fose inferior, prevalecendo neste caso, este último sobre o xustiprezo. 3. Actualización do valor catastral. Cando se modifiquen os valores catastrais como consecuencia dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, tomarase como valor do terreo, ou da parte deste que corresponda segundo as regras contidas no apartado anterior, o importe que resulte de aplicar ós novos valores catastrais a reducción do 40 por 100, que se aplicará respecto de cada un dos cinco primeiros anos de efectividade dos novos valores catastrais. A reducción prevista neste apartado non será de aplicación ós supostos nos que os valores catastrais resultantes do procedemento de valoración colectiva a que o mesmo se refire sexan inferiores ós ata entón vixentes. O valor catastral reducido en ningún caso poderá ser inferior ó valor catastral do terreo antes do procedemento de valoración colectiva. 4. Porcentaxes anuais. Sobre o valor do terreo no momento do devengo, derivado do disposto no artigo anterior, aplicaranse as seguintes porcentaxes anuais: a.- Período de un ata cinco anos: | 3,10 | b.- Período de ata dez anos: | 2,80 | c.- Período de ata quince anos: | 2,60 | d.- Período de ata vinte anos | 2,50 |
Para determina-la porcentaxe, aplicaranse as seguintes regras: 1ª.- O incremento de valor de cada operación gravada polo imposto determinarase segundo á porcentaxe anual fixada para o período que comprenda o número de anos ó longo dos cales se puxo de manifesto dito incremento. 2ª.- A porcentaxe a aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo será o resultante de multiplicar a porcentaxe anual aplicable a cada caso concreto polo número de anos ó longo dos cales se puxo de manifesto o incremento do valor. 3ª.- Para determinar a porcentaxe anual aplicable a cada operación concreta conforme á regra 1 e para determinar o número de anos polos que se debe de multiplicar dita porcentaxe anual conforme á regra 2, só se considerarán os anos completos que integren o período de posta de manifesto do incremento de valor, sen que a tales efectos poidan considerarse as fraccións de anos de dito período. As porcentaxes anuais fixadas neste apartado poderán ser modificadas polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.
|
|
|
|
|
Débeda tributaria
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 9º. Cota tributaria
|
|
|
|
1.- A cota íntegra deste imposto será a resultante de aplicar á base impoñible o tipo de gravame do 22,00%, en relación co disposto no artigo 108, apartado 2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo. 2.- A cota líquida do imposto será o resultado de aplicar sobre a cota íntegra no seu caso, a bonificación a que se refire o artigo 9 desta ordenanza de acordo co disposto no artigo 108, apartado 3 do TRLRFL
|
|
|
|
|
Artigo 10º. Bonificacións.
|
|
|
|
Establécese unha bonificación de ata o 95 por 100 da cota íntegra do imposto, nas transmisións de terreos, e na transmisión ou constitución de dereitos reais de goce limitativos do dominio, realizadas a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes, de acordo co seguinte cadro: Cota íntegra | Porcentaxe de bonificación | Ata 3.000,00 euros | 95% | Dende 3.000,01 ata 10.000,00 euros | 75% | Mais de 10.000,00 euros | 50% |
|
|
|
|
|
Devengo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 11º.
|
|
|
|
1. O imposto devéngase: a) Cando se transmita a propiedade do terreo, xa sexa a título oneroso ou gratuíto, entre vivos ou por causa de morte, na data da transmisión. b) Cando se constitúa ou transmita calquera dereito real de goce limitativo do dominio, na data en que teña lugar a constitución ou transmisión. 2. Ós efectos do disposto no apartado anterior considerarase como data da transmisión: a) Nos actos ou contratos entre vivos, a do outorgamento do documento público e, cando se trate de documentos privados, a da súa incorporación ou inscrición nun Rexistro Público ou a da súa entrega a un funcionario público por razón do seu oficio. b) Nas transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante. c) Nas poxas xudiciais, administrativas ou notariais, se tomará excepcionalmente a data do auto ou providencia aprobando o remate se no mesmo queda constancia da entrega do inmoble. En calquera outro caso, estarase a data do documento público. d) Nas expropiacións forzosas, a data da acta de ocupación e pago.
|
|
|
|
|
Artigo 12º. Normas especiais
|
|
|
|
1. Cando se declare ou recoñeza xudicial ou administrativamente por resolución firme a nulidade, rescisión ou resolución do acto ou contrato determinante da transmisión do terreo ou da constitución ou transmisión do dereito real de goce sobre o mesmo, o suxeito pasivo terá dereito á devolución do imposto satisfeito, sempre que dito acto ou contrato non lle tivera producido efectos lucrativos e que reclame a devolución no prazo de cinco anos dende que a resolución quedou firme, entendéndose que existe efecto lucrativo cando non se xustifique que os interesados deban efectuar as recíprocas devolucións a que se refire o artigo 1.295 do Código Civil. Aínda que o acto ou contrato non produza efectos lucrativos, si a rescisión ou resolución se declarase por incumprimento das obrigas do suxeito pasivo do imposto, non procederá devolución algunha. 2. Se o contrato queda sen efecto por mutuo acordo das partes contratantes, non procederá a devolución do imposto satisfeito e considerarase como un acto novo suxeito a tributación. Como tal mutuo acordo estimarase a avinza en acto de conciliación e a simple conformación coa demanda. 3. Nos actos ou contratos en que medie algunha condición, a súa cualificación farase de acordo coas prescricións contidas no Código Civil. Se fose suspensiva non se liquidará o imposto ata que esta se cumpra. Se a condición fose resolutoria, esixirase o imposto, a reserva, cando a condición se cumpra, de facer a oportuna devolución segundo a regra do apartado 1 anterior.
|
|
|
|
|
Período impositivo
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 13º
|
|
|
|
O período de imposición comprende o número de anos o longo dos cales ponse de manifesto o incremento real do valor dos terreos de natureza urbana e computarase desde o devengo inmediato anterior do Imposto, co límite máximo de vinte anos.
|
|
|
|
|
Xestión do Imposto
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 14º. Obrigas materiais e formais.
|
|
|
|
1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración segundo o modelo determinado polo mesmo, contendo os elementos da relación tributaria imprescindibles para practica-la liquidación procedente. 2. Dita declaración presentarase nos seguintes prazos, a contar dende a data en que se produza o devengo do imposto: a) Cando se trate de actos <inter vivos>, o prazo será de trinta días hábiles. b) Cando se trate de actos por causa de morte, o prazo será de seis meses prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo. A solicitude deberá expresar os bens da herdanza do causante cuxa transmisión estea suxeita a este imposto e a identificación dos suxeitos pasivos, expresando o seu nome, domicilio e NIF. No caso de non ser resolta a solicitude de prórroga no prazo de un mes, a contar desde a súa presentación, entenderase concedida por silencio administrativo. 3. Coa declaración acompañaranse os documentos no que consten os actos ou contratos que orixinan a imposición.
|
|
|
|
|
Artigo 15º.
|
|
|
|
Establecese o sistema de autoliquidación polo suxeito pasivo, a cal terá carácter provisional e que levará consigo o ingreso da cota resultante da mesma na entidade bancaria designada polo Concello dentro dos prazos previstos no artigo 13, excepto cando se trate do suposto a que se refire o parágrafo A) do apartado 2 do artigo 7 ( que o terreo non teña asinado valor catastral).
|
|
|
|
|
Artigo 16º.
|
|
|
|
Con independencia do disposto no apartado primeiro do artigo 13 están igualmente obrigados a comunicar ó Concello a realización do feito impoñible nos mesmos prazos que os suxeitos pasivos: a) Nos supostos contemplados na letra a) do artigo 6º da presente Ordenanza, sempre que se producisen por negocio xurídico entre vivos, o donante ou a persoa que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate. b) Nos supostos contemplados na letra b) de dito artigo, o adquirente ou a persoa a favor da cal se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.
|
|
|
|
|
Artigo 17º.
|
|
|
|
Asemade os Notarios estarán obrigados a remitir ó Concello, dentro da primeira quincena de cada trimestre, relación ou índice comprensivo de tódolos documentos por eles autorizados no trimestre anterior, nos que se conteñan feitos, actos ou negocios xurídicos que poñan de manifesto a realización do feito impoñible deste imposto, con excepción dos actos de última vontade. Tamén estarán obrigados a remitir, dentro do mesmo prazo, relación dos documentos privados comprensivos dos mesmos feitos, actos ou negocios xurídicos, que lles fosen presentados para coñecemento ou lexitimación de firmas. O prevido neste apartado enténdese sen prexuízo do deber xeral de colaboración establecido na Lei Xeral Tributaria.
|
|
|
|
|
Artigo 18º.
|
|
|
|
A Administración municipal comprobará as autoliquidacións presentadas por este imposto e no caso de son de conformidade co disposto nesta ordenanza, practicará liquidación definitiva rectificando os datos que correspondan, así como, de selo caso, os intereses de demora e sancións que procedan.
|
|
|
|
|
Artigo 19º
|
|
|
|
As liquidacións do imposto notificaranse integramente aos suxeitos pasivos, con indicación do prazo de ingreso e expresión dos recursos procedentes.
|
|
|
|
|
Inspección e recadación
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 20º.
|
|
|
|
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co prevido na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento
|
|
|
|
|
Infraccións e Sancións
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Artigo 21º.
|
|
|
|
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e a desenvolvan.
|
|
|
|
|
Disposición adicional.
|
|
|
|
Para o non previsto nesta Ordenanza fiscal estarase ó disposto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
A presente Ordenanza fiscal aprobada polo pleno da Corporación en data 12 de marzo de 2008, derroga a publicada no BOP do 30 de decembro de 1989 e modificación publicada o 26 de febreiro de 1994, entrará en vigor o día seguinte ó da publicación de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir da súa entrada en vigor, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa
|
|
|