|
 |
|
|
|
|
Artigo 1º. Fundamento e natureza
|
|
|
|
No uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade co establecido nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), este Concello establece a taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase que se rexerá pola presente Ordenanza en concordancia co previsto nos artigos 20 a 27 e 57 do TRLRFL
|
|
|
|
|
Artigo 2º. Feito impoñible
|
|
|
|
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías ou terreos públicos derivada da entrada e saída de vehículos a través da beirarrúa para acceder a calquera finca, ou do establecemento de reserva de vía pública para aparcamento exclusivo, prohibición de estacionamento ou carga e descarga de mercadorías de calquera clase, con prohibición de estacionamento a terceiros na parte da vía pública afectada.
|
|
|
|
|
Artigo 3º. Suxeito pasivo
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídi-cas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, a cuxo favor se outorguen as licenzas, o quenes se beneficien do aproveitamento aínda cando non obtivesen a oportuna autorización. Terán a condición de substitutos do contribuínte por esta taxa, os propietarios das fincas e locais ós que dean acceso as entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiar
|
|
|
|
|
Artigo 4º. Responsables
|
|
|
|
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo conforme o establecido no artigo 42 da Lei Xeral Tributaria. 2.-Responderán subsidiariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo conforme o establecido no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria. 3.-A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e con arranxo ó procedemento previstos na Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
|
|
|
|
|
Artigo 5º. Categoría das rúas.
|
|
|
|
A efectos de aplicación desta ordenanza as vías públicas deste Concello clasifícanse nunha sola categoría.
|
|
|
|
|
Artigo 6º. Cota tributaria
|
|
|
|
1.- A cota tributaria a aplicar pola taxa regulada nesta ordenanza establécese en función da lonxitude en metros lineais do aproveitamento e a duración da reserva, e será a resultante de aplica-las tarifas seguintes: Concepto | Duración | Prezo por metro | Entrada de vehículos a través de beirarrúas para aparcamentos edificios vivendas | Permanente | 25,50 euros/m liñal/ano | Entrada de vehículos a través de beirarrúas para talleres ou establecementos comerciais. | Permanente | 25,50euros/m liñal/ano máis 0,16 euros/m2 local . | Limitada 8,00 a 20,00 h | 25,50 euros/m liñal/ano máis 0,10 euros/m2 local | Limitada 21,00 a 9,00 | 25,50 euros/m liñal/ano máis 0,09 euros/m2 local | Reserva de vía pública para carga ou descarga | Permanente | 18,00 euros /m liñal/ano | Limitada 8,00 a 20,00 h | 14,00 euros/m liñal/ano | Limitada 21,00 a 9,00 | 12,00 euros/m liñal/ano | Reserva de vía pública outros servizos | Temporal | 5,00 euros/m liñal/día |
As tarifas anteriores incrementaranse co custo da placa de sinalización que facilitará o Concello ó prezo de custo. 2.- Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen perxuicio do pago da taxa a que houbera lugar,estará obrigado ó reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe, según á conta que formule a oficina técnica municipal. Si os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruídos ou a o importe do deterioro dos danados. O Concello non poderá condonar total ou parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.
|
|
|
|
|
Artigo 7º. Exencións e bonificacións.
|
|
|
|
1.-O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades locais non estarán obrigadas ó pago da taxa polos aproveitamentos especiais referidos no artigo 1 desta Ordenanza, sempre que sexan necesarios para os servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e para outros usos que inmediatamente interesen a seguridade cidadán ou a defensa nacional. 2.-Non se aplicarán bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda, respecto da taxa regulada pola presente ordenanza.
|
|
|
|
|
Artigo 8º. Normas de xestión
|
|
|
|
1. As persoas ou entidades interesadas na concesión da utilización privativa ou do aproveitamento especial do dominio público local regulado nesta ordenanza, terán que solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que consten características do aproveitamento, achegando un plano detallado da superficie que se pretende utilizar e da súa situación dentro do municipio. 2. No momento de presentación da solicitude efectuarase unha liquidación provisional que terá carácter de depósito previo e que se elevará a definitivo unha vez concedida a correspondente licenza ou autorización, previas as comprobacións que procederan por parte dos servicios municipais. 3.Os servicios técnicos do Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, emitindo o correspondente informe sobre a procedencia da solicitude presentada. As licencias serán concedidas pola Alcaldía discrecionalmente e sen prexuízo de terceiro. No acordo de autorización fixarase o prazo de duración e unha vez rematado ó interesado deberá suprimi-lo aproveitamento, agás cando por causa xustificada alegada por este a ocupación tivese que seguir por mais tempo do sinalado na autorización, suposto que requirirá a aprobación da Alcaldía. 4. A licenza poderá ser revogada polo uso indebido, cambio de circunstancias da concesión ou, en xeral, por incumprimento de calquera das obrigas impostas nesta ordenanza. Consideraranse caducadas as licenzas si, depois de concedidas, transcorreran trinta días sen ter comezado o aproveitamento, o cal deberá realizarse sen interrupción unha vez iniciado, agás que se especifique outro prazo na resolución de concesión da respectiva licenza. 5. Salvo que no acordo de concesión da licenza se dispoña outra cousa, a autorización entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado, agás que a falta de pagamento da taxa implicara a caducidade da autorización. A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do mes seguinte o da súa presentación, a non presentación da baixa determinará a obriga de seguir pagando a taxa. 6. Non se permitirá a ocupación da vía pública ata que sexa ingresado o importe da taxa e fose concedida a autorización.
|
|
|
|
|
Artigo 9. Devengo
|
|
|
|
1. A obriga do pagamento desta taxa nace: a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública: cando se inicie o uso, se ben no momento de presenta-la solicitude que inicie a actuación ou expediente deberá realizarse o depósito previo da liquidación. b) Tratándose de concesión de aproveitamentos xa autorizados: dado o carácter periódico desta taxa o devengo producirase o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural. Nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou no aproveitamento especial, en cuxo caso o período impositivo se axustará a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota, que se realizará por trimestres naturais. Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o dereito a utilización ou aproveitamento do dominio público non se preste ou desenvolva, procederá a devolución. 2. O pagamento da taxa efectuarase: a) Cando se trate de concesións de novos aproveitamentos: por ingreso directo na tesourería municipal ou na entidade bancaria que estableza ó efecto, con anterioridade á entrega da correspondente autorización. b) Tratándose de concesión de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados: unha vez incluídos nos padróns ou matrículas da taxa por períodos anuais, nas oficinas de recadación ou por domiciliación bancaria, no período de cobranza que se estableza ó efecto. c) Cando se liquide polo Concello en caso de aproveitamentos non autorizados, unha vez aprobada a liquidación pola Alcaldía e notificada ó interesado., deberá proceder ó ingreso do seu importe na forma que se estableza na correspondente Resolución. As débedas non satisfeitas nos períodos voluntarios esixiranse pola vía de constrinximento, de acordo co que dispón a Lei Xeral Tributaria e o Regulamento Xeral de Recadación, computándose no seu caso, como pagamentos á conta as cantidades pagadas fora de prazo.
|
|
|
|
|
Artigo 10º. Infraccións e sancións tributarias
|
|
|
|
En todo o relativo a infraccións e sancións tributarias, será de aplicación o establecido nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Trigutaria e disposicións que a desenvolvan
|
|
|
|
|
Disposición final
|
|
|
|
A presente Ordenanza fiscal aprobada polo pleno da Corporación en data 8 de maio de 2008, derroga a publicada no BOP do 21 de novembro de 2001, entrará en vigor o día seguinte ó da publicación de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir da súa entrada en vigor, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.
|
|
|