|
 |
|
|
|
|
Artigo 1. Fundamento e natureza.
|
|
|
|
Conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co previsto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por instalación de postos, barracas e outros, en terreos de uso público, que se rexerá pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da referida Lei 39/1988.
|
|
|
|
|
Artigo 2. Feito impoñible.
|
|
|
|
Está constituído pola utilización privativa ou os aproveitamentos especiais derivados da ocupación da vía pública ou terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións e industrias ambulantes de rodaxe cinematográfica.
|
|
|
|
|
Artigo 3. Obriga de contribuír.
|
|
|
|
A obriga de contribuír nace no momento de outorgarse a correspondente licencia.
|
|
|
|
|
Artigo 4. Suxeito pasivo.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que resulten autorizadas ou as beneficiadas polos aproveitamentos especiais a que se refire esta ordenanza, incluso cando non obtivesen a oportuna autorización.
|
|
|
|
|
Artigo 5. Base impoñible e a liquidar.
|
|
|
|
A base impoñible do tributo estará constituída polo valor da superficie ocupada, tomada en metros cadrados e polos elementos instalados.
|
|
|
|
|
Artigo 6. Cota tributaria.
|
|
|
|
1. A cota tributaria a aplicar pola taxa reguladora nesta ordenanza será a fixada nas tarifas seguintes: a) Ocupación de terreo público con bares de tempada no piñeiral da Magdalena, por cada m2 ou fracción 0,03 euros día. b) Ocupación na zona do piñeiral e praia da Magdalena con hidropatíns ou embarcación análogas, 12,00 euros por unidade e mes. c) Postos de xeados, churros e análogos que non excedan de 10 m2, 3,00 euros día. d) Outras ocupacións temporais en terreos de uso público, por cada metro cadrado ou fracción 0,03 euros día cun mínimo de 3,00 euros día.
|
|
|
|
|
Artigo 7. Exencións e bonificacións.
|
|
|
|
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
|
|
|
|
|
Artigo 8. Normas de xestión.
|
|
|
|
1. Para ocupar terreos de uso público para o exercicio das actividades sinaladas anteriormente, será preciso como norma xeral que os interesados soliciten previamente e por escrito a correspondente licencia. Na solicitude farase consta-la superficie ou espacio e lugar a ocupar, actividade que se pretende exercer, día no que se levará a cabo a ocupación e día no que finalizará. Asemade acreditarán estar ó día no pagamento do I.A.E. e cotas da Seguridade Social. 2. As licencias serán concedidas pola Alcaldía discrecionalmente e sen prexuízo de terceiro. No acordo de autorización fixarase o prazo de duración da mesma, unha vez rematado ó interesado deberá suprimi-lo aproveitamento, agás cando por causa xustificada alegada por este a ocupación tivese que seguir por mais tempo do sinalado na autorización, suposto que requirirá a aprobación da Alcaldía. 3. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou alugadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da licencia. A licencia poderá ser revogada polo uso indebido, cambio de circunstancias da concesión ou, en xeral, por incumprimento de calquera das obrigas impostas nesta ordenanza.
|
|
|
|
|
Artigo 9. Responsables.
|
|
|
|
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta Ordenanza as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas por persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa competencia, para cumpri-las obrigas tributarias infrinxidas, consintan o incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fagan posibles as infraccións. Os referidos administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que fosen destituídas nas súas actividades. Os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, serán responsables subsidiarios cando por mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias producidas con anterioridade ás referidas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
|
|
|
|
|
Artigo 10. Liquidación e recadación.
|
|
|
|
O pagamento das tarifas desta taxa realizarase: a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería Municipal ou en entidade bancaria na conta a nome do Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia. b) Cando se liquide polo Concello en caso de aproveitamentos non autorizados, unha vez aprobada a liquidación pola Alcaldía e notificada ó interesado., deberá proceder ó ingreso do seu importe na forma que se estableza na correspondente Resolución. As débedas non satisfeitas nos períodos voluntarios esixiranse pola vía de constrinximento, de acordo co que dispón a Lei Xeral Tributaria e o Regulamento Xeral de Recadación, computándose no seu caso, como pagamentos á conta as cantidades pagadas fora de prazo.
|
|
|
|
|
Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias.
|
|
|
|
En todo o relativo a infraccións e sancións tributarias, ademais do previsto nesta ordenanza, aplicarase o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o trece de novembro de dous mil un, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir día un de xaneiro do ano dous mil dous,continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.
|
|
|