Deputaci�n da Coru�a Deputaci�n da Coru�a
Unha deputaci�n � servicio da provincia 24 horas � servicio da provincia A Coru�a por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradici�ns e honrar �s nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coru�a
�ltimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Axuda Suxesti�ns

Castellano Gallego

... Ordenanzas y Reglamentos
Nueva Búsqueda

Cabanas - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DO SUBSOLO, SOLO E VOO SOBRE VÍAS PÚBLICAS OU OUTROS TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO LOCAL.

Publicación provisional : 10-12-1998 BOP Nº 282 -- Publicación definitiva : 26-03-1999 BOP Nº 69
Redacción Aplicable desde 01-01-2002

Redacciones Redacciones
 - Artigo 1. Fundamento e natureza.
 - Artigo 2. Feito impoñible.
 - Artigo 3. Obriga de contribuír.
 - Artigo 4. Suxeito pasivo.
 - Artigo 5. Base impoñible e a liquidar.
 - Artigo 6. Cota tributaria.
 - Artigo 7. Exencións e bonificacións.
 - Artigo 8. Responsables.
 - Artigo 10. Liquidación e recadación.
 - Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias
 - Disposición final.
   
  Artigo 1. Fundamento e natureza.  
 

Conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co previsto nos artigos 15 a 19 e 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por ocupación do subsolo, solo e voo sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local que se rexerá pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da referida Lei 39/1988.

   
  Artigo 2. Feito impoñible.  
 

Está constituído pola utilización privativa ou os aproveitamentos especiais por ocupación do subsolo, solo e voo de terreos de uso público local.

   
  Artigo 3. Obriga de contribuír.  
 

A obriga de contribuír nace cando se inicie a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público.

   
  Artigo 4. Suxeito pasivo.  
 

Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que resulten autorizadas ou as beneficiadas polos aproveitamentos especiais a que se refire esta ordenanza, incluso cando non obtivesen a oportuna autorización.

   
  Artigo 5. Base impoñible e a liquidar.  
 

A base impoñible do tributo estará constituída pola superficie ocupada. Cando se trate de aproveitamentos constituídos a prol de empresas explotadoras de servicios de subministracións que afecten a xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, tomarase como base os ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente no termo municipal ditas empresas.

   
  Artigo 6. Cota tributaria.  
 

 cota tributaria a aplicar pola taxa reguladora nesta ordenanza será a fixada nas tarifas seguintes:

Por cada metro cadrado ou fracción de superficie de ocupación de solo, ocupada con mesas e cadeiras, 0,03 euros día, cunha contía mínima anual de 18,00 euros.

Cando se trate da taxa por utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas municipais, a prol de empresas explotadoras de servicios de subministracións que afecten a xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, consistirá, en todo caso e sen excepción ningunha, no 1,5% dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente en cada termo municipal as referidas empresas. Ditas taxas son compatibles con outras que poidan establecerse pola prestación de servicios ou realización de actividades de competencia local, das que as mencionadas empresas deban ser suxeitos pasivos conforme ó establecido no artigo 23 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais.

A contía desta taxa que puidera corresponder a Telefónica de España S.A., está englobada na compensación en metálico de periodicidade anual a que se refire o apartado 1 do artigo 4 da Lei 15/1987, do 30 de xullo.

   
  Artigo 7. Exencións e bonificacións.  
 

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

   
  Artigo 8. Responsables.  
 

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta Ordenanza as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.

Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas por persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa competencia, para cumpri-las obrigas tributarias infrinxidas, consintan o incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fagan posibles as infraccións. Os referidos administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que fosen destituídas nas súas actividades.

Os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, serán responsables subsidiarios cando por mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias producidas con anterioridade ás referidas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

   
  Artigo 10. Liquidación e recadación.  
 

1. As cantidades esixibles de acordo as tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período autorizado, procedendo ó interesado o ingreso do importe na forma que sinale ó Concello no acordo de autorización.

2. As empresas explotadoras afectadas virán obrigadas a presentar a administración municipal, durante os primeiros quince días de cada mes ou de cada trimestre, unha certificación dos ingresos brutos polas operacións practicadas durante o mes ou trimestre anterior, xunto cunha copia autorizada do balance e memoria, así como calquera outro dato que, para comproba-lo total dos ingresos brutos, lle sexa reclamado pola administración. Presentados os documentos indicados, polo Concello practicarase unha liquidación que será comunicada á empresa afectada, a cal virá obrigada a efectua-lo ingreso dentro dos trinta días seguintes a data na que se lle comunicase dita liquidación na conta corrente da entidade bancaria que se indique na referida comunicación.

3. A falta ou demora na presentación de documentación pola empresa afectada, entenderase como actos de ocultación ou actitude negativa da empresa, que poden entorpecer ou imposibilita-lo cobramento da taxa, sendo sancionable esta actitude , estándose ó disposto na Lei 39/1988, do 28 de decembro reguladora das facendas locais.

   
  Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias  
 

En todo o relativo a infraccións e sancións tributarias, ademais do previsto nesta ordenanza, aplicarase o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

   
  Disposición final.  
 

A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o trece de novembro de dous mil un, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir día un de xaneiro do ano dous mil dous,continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Nota Legal Servicio de Asistencia Económica a Municipios