|
 |
|
|
|
|
Artigo 1. Fundamento e natureza.
|
|
|
|
No uso das atribucións conferidas polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por distribución de auga, dereitos de enganche e conservación de acometidas e contadores, que se rexerá pola presente ordenanza.
|
|
|
|
|
Artigo 2. Feito imponible.
|
|
|
|
Está constituído pola actividade municipal desenvolvida con motivo da distribución de auga potable a domicilio, enganche na rede xeral e a conservación de acometidas e contadores.
|
|
|
|
|
Artigo 3. Obriga de contribuír.
|
|
|
|
A obriga de contribuír nace no momento de comezo da prestación do servicio logo da correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a correspondente licencia, debendo facerse o previo pagamento dos dereitos de enganche.
|
|
|
|
|
Artigo 4. Suxeitos pasivos.
|
|
|
|
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios a que se refire esta ordenanza. Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, as cales poderán repercutir, se é o caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
|
|
|
|
|
Artigo 5. Base imponible e a liquidar.
|
|
|
|
A base do presente tributo estará constituída por: - Na subministración ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde está instalado o servicio. - No enganche á rede xeral: o feito de conexión á rede por cada local comercial, industria ou vivenda individual. - En conservación da acometidas e contadores: a clase de acometida e contador.
|
|
|
|
|
Artigo 6. Cotas tributarias.
|
|
|
|
1. Abonados domésticos: Consumo mínimo 12 metros cúbicos/mes, a 28 pesetas metro cúbico: 386 pesetas mes. Incremento consumo entre 12 e 20 metros cúbicos/mes, a 35 pesetas metro cúbico. Incremento consumo máis de 20 metros cúbicos/mes, a 60 pesetas metro cúbico. 2.Abonados industriais e obras: Consumo mínimo 40 metros cúbicos/mes, a 31 pesetas metro cúbico: 1.240 pesetas mes. Consumo de máis de 40 metros cúbicos/mes, a 120 pesetas metro cúbico. 3. Dereitos de enganche: Será esixida por unha soa vez e o seu importe é de 12.000 pesetas. 4. Conservación de acometidas e contadores:
Diámetro contador | Conservación contador | Conservación acometida | 13, 15, 20 m/m | 20 pesetas/mes | 24 pesetas/mes | 25 e 30 m/m | 42 pesetas/mes | 24 pesetas/mes | 40 e 50 m/m | 130 pesetas/mes | 24 pesetas/mes |
|
|
|
|
|
Artigo 7. Exencións, reduccións e beneficios aplicables.
|
|
|
|
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, non se recoñecen beneficios tributarios, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de lei.
|
|
|
|
|
Artigo 8. Normas de xestión.
|
|
|
|
1. Cada usuario establecerá un contador individual para a vivenda ou local que dote de servicio. 2. O enganche na rede xeral de abastecemento de auga, será solicitado individualmente para cada vivenda ou local. A referida solicitude será presentada no rexistro xeral do Concello. 3. Na solicitude de enganche, os interesados farán constar o fin a que se destina a auga, coa advertencia que calquera infracción ou aplicación diferente da solicitada, será sancionada cunha multa na contía que acorde o Concello, sen prexuízo da retirarlle a subministración da auga. 4. Ningún abonado pode dispoñer de auga para uso distinto do que lle sexa concedido, quedando prohibida a cesión gratuíta ou a revenda de auga.
|
|
|
|
|
Artigo 9. Autorización do servicio.
|
|
|
|
A concesión do servicio outorgarase por resolución da Alcaldía ou concelleiro-delegado, e quedará suxeito ás disposicións da presente ordenanza e as que se fixen no regulamento do servicio e no correspondente contrato. Será por tempo indefinido mentres que as partes non manifesten por escrito a súa vontade de rescindilo e se cumpran as condicións desta ordenanza.
|
|
|
|
|
Artigo 10. Usos.
|
|
|
|
As concesións serán das seguintes clases: 1. Usos domésticos, para atender necesidades da vida e hixiene privada en vivendas unifamiliares. 2. Usos industriais, considerándose como tales, industrias, hoteis, bares, tabernas, garaxes, fábricas, colexios, perruquerías, residencias, restaurantes e outros locais que realicen actividades industriais ou comerciais. 3. Usos oficiais.
|
|
|
|
|
Artigo 11. Gastos de conexión.
|
|
|
|
Tódalas obras necesarias para conduci-la auga desde a rede xeral ata a toma do abonado, serán de cargo deste, pero os traballos realizaranse baixo dirección dos técnicos municipais e na forma que sinale o Concello.
|
|
|
|
|
Artigo 12. Liquidación e recadación.
|
|
|
|
Os dereitos de enganche liquidaránse no momento da concesión do servicio na forma establecida na correspondente resolución. A oficina do servicio practicará trimestralmente as liquidacións correspondentes ó consumo de auga e de conservación de acometidas e contadores que se poñerán ó cobramento dos abonados por un prazo de vinte días. Transcorrido este prazo, o Concello, logo da notificación ó interesado, poderá suspenderlle a subministración da auga ó abonado que está en descuberto e retirarlle o servicio, dándoo de baixa por falta de pagamento. O cobramento farase preferentemente a través de entidades bancarias colaboradoras, sen prexuízo de que a Administración, en casos que o xustifiquen, poida establecer outra modalidade. As débedas non satisfeitas nos períodos citados esixiranse pola vía de constrinximento, de acordo co que dispón a Lei Xeral Tributaria e o Regulamento Xeral de Recadación, computándose, no seu caso, como pagamentos a conta as cantidades pagadas fóra de prazo.
|
|
|
|
|
Artigo 13. Corte da subministración.
|
|
|
|
O Concello, mediante resolución da Alcaldía, poderá corta-la subministración de auga a un abonado cando este se negue á entrada no domicilio para exame das instalacións, se proceda á cesión gratuíta ou onerosa a outra persoa, non realice o pagamento das cotas de consumo, exista rotura de precintos ou limitadores de consumo. O corte de subministración por falta de pago, levará implícito o pagamento de dereitos de nova acometida para proceder a novo enganche de servicio.
|
|
|
|
|
Artigo 14. Limitacións de consumo.
|
|
|
|
Se por motivos de escaseza de caudal, sequía, reparacións e outras causas semellantes, o Concello tivera que suspende-la subministración de forma parcial ou total, os abonados non terán dereito a reclamación ningunha, nin indemnización por danos ou perdas, entendéndose neste sentido que a concesión se fai a título de precario.
|
|
|
|
|
Artigo 15. Responsables.
|
|
|
|
Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización da infracción tributaria. Os copartícipes ou cotitulares das herencias, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas por persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa competencia, para cumpri-las obrigas tributarias infrinxidas, consintan o incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fagan posibles as infraccións. Os referidos administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que fosen destituídas nas súas actividades. Os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, serán responsables subsidiarios cando por mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias producidas con anterioridade ás referidas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
|
|
|
|
|
Artigo 16. Infraccións e sancións tributarias.
|
|
|
|
En todo o relativo a infraccións e sancións tributarias, ademais do previsto nesta ordenanza, aplicarase o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
|
|
|
|
|
Disposición final.
|
|
|
|
A presente ordenanza aprobada polo Pleno da corporación en sesión celebrada o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito, entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.
|
|
|