Páxinas
Novas

Concurso: Centro de interpretación da contorna fluvial de Chelo

[ Perfil do contratante | Planos do ámbito de actuación | BOP ]

A Deputación da Coruña, en virtude da Resolución de 13 de xuño de 2008, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, obtivo financiamento de fondos FEDER para o proxecto "Mandeo", que ten como obxectivo final o potenciar o desenvolvemento sustentable dun territorio, a conca do río Mandeo.

O proxecto MANDEO beneficiará de forma directa aos 10 concellos: Aranga,Bergondo, Betanzos, Coirós, Cesuras, Curtis, Irixoa, Oza dos Rios, Paderne e Sobrado, o que supón atender a unha poboación superior ás 40.000 persoas.

O proxecto Mandeo estrutúrase en catro bloques de actuacións:

  • Bloque A: Optimización dos usos da auga
  • Bloque B: Achegamento do río aos cidadáns. Dinamización turística
  • Bloque C: Educación e formación ambiental
  • Bloque D: Xestión, seguimento e avaliación do proxecto

Dentro do bloque B. Achegamento do río aos cidadáns. Dinamización turística, figuran as actuacións á que fai referencia a presente licitación

B.6.- Creación do Centro de Interpretación da contorna fluvial de Chelo

Consultas

Dando cumprimento ao apartado 3.1 das bases, establécese esta sección para a xestión das consultas.

3.1. CONSULTAS

Os interesados poderán realizar todas as consultas que desexen e obter respostas ás mesmas a través da seguinte dirección de internet www.dicoruna.es, onde a Deputación abrirá unha sección específica coa denominación CENTRO DE INTERPRETACION DA CONTORNA FLUVIAL DE CHELO.

As consultas serán anónimas non debendo indicarse nome ou calquera outra identificación.

Todos os concursantes poderán acceder ás respostas a través da dirección indicada no Apartado primeiro.

O prazo para formular consultas finaliza o 10-9-2010

Respostas

  • ¿En qué horario se poden visitar as edificacións do Chelo?

    Todos os días en horario de 11:00 a 19:00 horas

Enviar consulta

Lembre que debe ser anónima