Maruxa Fernández Llamazares


               
Aí están, tan solemnes; con esa mirada altiva, case
ameazante... de súpeto, fan gracia, mais xustamente
ata o intre en que percebes a burla e a
caricatura que fan da sociedade, coa súa apariencia
de persoas, con ese mirar directo e profundo que non
te pode deixar indiferente.

É a crítica ao enmascaramento ao que esta sociedade
está realmente afeccionándose, a adorar o envoltorio e
primalo por encima do contido. Así, o intento dunha
apariencia conséguese con pequenos matices e o
contido transfórmase como se de maxia se tratase.

Aínda que as galiñas están mortas e sen a súa plumaxe
semellan estaren aínda vivas, posuír unha personalidade
especial que as diferenza e que lles ven dada pola
caracterización, as roupas, as perrucas, as xoias...
En que se distinguen de nós?
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


   Atrás       Subir