 |
LIBROS
|
|
BASSAT,
L. (1999): El libro rojo de las marcas. Como construir marcas con
éxito. Madrid, Espasa.
Unha lectura recomendada
para obter unha visión actual de como comunicar hoxe. O seu autor
é un dos máis prestixiosos publicistas. Moi claro e práctico.
|
|
|
RIES,
A. e L. (2003): La caída de la publicidad y el auge de las relaciones
públicas. Barcelona, Activa.
Suxestivo manual
arredor das relacións públicas, aspecto moi importante na comunicación.
|
|
|
GRUPO
XABIDE (edit.) (2005): La comunicación en la gestión cultural. Xabide,
Vitoria-Gasteiz.
A experiencia
nas estratexias de comunicación global desenvolvidas polo GRUPO
XABIDE avalan unha obra nada a partir das Xornadas Iniciativa Privada
e Sector Público na Xestión da Cultura, que periodicamente veñen
sendo realizadas no País Vasco. |
|
|
CELAYA,
J. y HERRERA, P. (2006): Los blogs en la comunicación empresarial
en España. Grupo BPMO, http://www.grupobpmo.com/.
O estudo presentado
polo grupo BPMO ofrece novas ferramentas de comunicación
aos directivos de marketing e comunicación, para axudarlles
a determinar o papel que poden ter nas súas respectivas estratexias
de comunicación corporativa, nas relacións cos medios
de comunicación e nas súas políticas de comunicación
interna. |
|
|
KOTLER,
N. e Ph. (2001): Estrategias y marketing de museos. Barcelona, Ariel.
Moi útil para
xestores de museos. Repasa as diversas técnicas de comunicación
para este tipo de equipamentos. |
|
|
KOTLER,
Ph. (2003): Los 80 conceptos esenciales de marketing de la A a la
Z. Pearson, Madrid.
Excelente libro
de mercadotecnia. Diáfano e moi práctico para as organizacións
culturais. |
|
|
VERDÚ,
V. (2005): Yo y tú, objetos de lujo. El personismo: la primera revolución
cultural del siglo XXI. Barcelona, Debate.
Na súa obra máis
recente, o xornalista Vicente Verdú amósanos unha particular interpretación
da revolución cultural á que asistimos con perplexidade, reflectindo
a personificación do obxecto cultural que é paralela á cosificación
do suxeito social, ao intercambiar o natural polo seu artificio
e a réplica polo seu orixinal. |
|
|
INNERARITY,
D. (2006): El nuevo espacio público. Madrid, Espasa.
Neste título examínase
a idea do espazo público e as súas transformacións na sociedade
contemporánea, desvelando o actual significado da cultura pública
e a súa relación coas esixencias democráticas dunha sociedade capaz
de configurar a súa identidade plural no escenario común.
|
|
|
MURGA,
M. A. (coord.) (2006): Desarrollo local y agenda 21. Madrid, Pearson
Prentice Hall.
Obra impulsada
dende a Cátedra UNESCO de Educación Ambiental da UNED, co obxecto
de reflectir arredor das contribucións das Axendas 21 ao desenvolvemento
local, entendido como un proceso global, económico, social, educativo,
cultural e político que procura mellorar a calidade de vida de toda
a poboación. |
|
|
CARIDE,
J. A. e VIEITES, M. F. (coords.) (2006): De la educación social
a la animación teatral. Trea, Gijón.
Agardada novidade
editorial que fornece aos seus lectores dun variado conxunto de
materiais cunha natureza teórica, meto-dolóxica e práctica, de utilidade
para poñer en marcha proxectos de animación teatral. |
|
|
GRUPO
XABIDE (edit.) (2005): Acción pedagógica en organizaciones artísticas
y culturales. Xabide, Vitoria-Gasteiz.
Obra que reflicte
as achegas das ciencias da educación ás diversas entidades que desenvolven
o seu quefacer no eido da cultura, e, máis especificamente, nos
sectores das artes plásticas, escénicas, musicais, visuais etc.
|
|
|
Sociedade
Iberoamericana de Pedagogía Social (2006): Pedagogía Social, globali-zación
y desarrollo humano. I Congreso Iberoameri-cano de Pedagogía Social,
noviembre 2004, Universidade Mayor de Chile.
Unha vez máis,
as diversas vertentes sociais, políticas, educativas e propiamente
culturais da Pedagoxía Social son obxecto de reflexión por cantas
persoas conforman a súa comunidade científica. |
|
|
Longueira,M.
e Villalta, L. (2006): Papagaio.
Deputación da
Coruña, Edicións Laiovento. A Coruña.
|
|
|
Pernas
G. (2006): Final de película
Deputación da
Coruña. A Coruña. Premio de Teatro Rafael Dieste 2005.
|
|
REVISTAS |
|
|
BDbanda
http://www.bdbanda.com/
Galardoada en
varias ocasións, BDbanda é unha revista galega dedicada á banda
deseñada que sorprende pola súa ilustración. Imprescindible!
|
|
|
TEMPOS
NOVOS
http://www.vieiros.com/temposnovos
Consolidada revista
mensual de información para o debate que está dedicada ao pensamento
e á opinión. De obrigada lectura. |
|
|
Raigame
http://www.depourense.es/web/cultura/
varios/raigame.htm
Revista de arte,
cultura e tradicións populares editada pola Deputación Provincial
de Ourense, dispoñible on-line en formato pdf. |
|
|
Revista
de Comunicación, Arte y Literatura
www.dosdoce.com
Revista de comunicación,
arte e literatura, nada en marzo de 2004, por iniciativa do Grupo
Dosdoce de Comunicación, que aspira a converterse nun nexo entre
tódolos profesionais do sector da comunicación. |
|
|
Revista
ñaque
http://www.naque.es/
Oferta especializada
no sector das artes escénicas onde se dan cita as diversas complementariedades
e interrelacións entre teatro, expresión e educación. Para especialistas
e amadores. |
|
|
Animación
sociocultural: revista iberoamericana
http://www.lazer.eefd.ufrj.br/
animadorsociocultural/
Xornal electrónico
semestral de recente creación onde son publicadas diversas referencias
e críticas bibliográficas, páxinas de reflexión, boas prácticas
e demais novas relacionadas co quefacer da Animación Sociocultural
no espazo iberoamericano. |
|
|
Chasqui
http://www.comunica.org/chasqui/index.php
Revista Latinoamericana
de Comunicación de periodicidade trimestral dispoñible on-line en
formato pdf, que dedica parte das súas páxinas as relacións entre
xornalismo, cultura e cidadanía, entre outros temas de interese.
|
|
|
Revista
Galega de Educación, publicación da Asociación Pedagóxica Nova Escola
Galega
Sae a rúa o nº
35 desta nova etapa da publicación cun formato actualizado e un
amplo sumario que inclúe seccións dirixidas preferentemente ao mundo
do ensino, pero tamén incorpora algúns espazos pensados desde e
para a perspectiva sociocultural. O tema son Os museos, con distintas
achegas, desde os ámbitos educativo e cultural. |
|

|
CADERNOS
O Equipo interea
vén de editar dúas novas publicacións fundamentalmente dirixidas
a responsables políticos e técnicos municipais de educación e cultura,
que foron tematicamente artellados arredor do planeamento estratéxico
na acción cultural local, por unha banda, e, pola outra, da participación
cidadá na vida municipal da provincia. Ámbalas dúas obras, elaboradas
por diversos especialistas e investigadores, dan continuidade á
colección de cadernos temáticos, emprendida no marco do Proxecto
interea que vén promovendo a área de Cultura, Educación e Patrimonio
Histórico-Artístico da Deputación da Coruña, en conxunto coas universidades
de Santiago de Compostela e da Coruña. |
|
INTERNET
|
|
|
Fundación
Carles Pi i Sunyer de Estudios Autonómicos y Locales
http://www.pisunyer.org/CA/bienvenida.htm
Entidade dedicada
á análise de cuestións relacionadas co Estado das Autonomías e cos
gobernos locais, nada ao abeiro dun conxunto de administracións
locais, como unha plataforma de estudo e debate arredor dos gobernos
municipais. Con descargas de interese… |
|
|
Comunicación
cultural
http://www.comunicacion-cultural.com
Bitácora que pretende
canalizar o diálogo entre tódolos profesionais do sector cultural,
xa sexan xornalistas, libreiros, editores, responsables de comunicación
etc. |
|
|
FORTE
http://www.forteproject.org/eng/
Proxecto europeo
coordinado pola Fundación Interarts que ten por obxecto de promover
a formación, o intercambio e a experimentación no sector da educación
cultural da mocidade. |
|
|
Proxecto-Edición
http://www.proxecto-edicion.net/
Colaboración multifacética,
procesual e evolutiva entre CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane,
dedicada a investigar, producir e distribuír traballos centrados
na información, na edición e na comunicación como soportes creativos.
En marcha… |
|
interea visual. NORMAS PARA A ADMISIÓN DE COLABORACIÓNS
1. A extensión
máxima dos artigos presentados para a revista non poderá exceder
en 3 páxinas, en DIN A4 numeradas, dobre espazo, en caracteres
Times New Roman, incluídos gráficos, cadros ou bibliografía. As
imaxes entregaranse por separado indicando con claridade no texto
o lugar en que deben ser incluídas. Xunto a unha copia impresa
en palpel, enviarase outra en disquete de 3,5 pulgadas, preferiblemente
no programa WORD para PC. Na presentación do traballo non se utilizarán
tabuladores e sangrías, evitando en todo momento, unha maquetación
previa deste, responsabilidade dos editores de interea visual.
2. Cada traballo debe ir acompañado duna páxina que conteña o
título do traballo, nome completo do autor/a ou autores/as, centro
de traballo, enderezo completo.
3. Para as referencias bibliográficas, os autores mencionarán
en texto o apelido do autor, data e páxina, con remisión a unha
bibliografía final das obras citadas, sexan libros (Brook, 1993,
32) ou publicacións periódicas (Pérez Rasilla, 7001, 45). Brook,
P. (1993): There are no secrets, London, Methuen Books. Pérez
Rasilla, E (2001): "¿Somos tan malos os críticos?", Revista Galega
de Teatro 28, Cangas do Morrazo, pp.44-46
4. Os autores/as poden utilizar notas a rodapé en función das
necesidades de exposición, pero as referencias bibliográficas
seguirán sempre a norma anterior, incluindo o apelido ou apelidos
do autor/a, ano de publicación da obra e páxina ou páxinas se
fose o caso. No caso de varios traballos nun mesmo ano, utilizaranse
letras para diferenciala (Brook, 1993º, 1993b). Na bibliografía
final tamén se incluirá a mesma letra.
5. As citas, cando sexan curtas, irán incluídas entre comiñas
no corpo central do texto, precedidas igualmente da referencia
bibliográfica (Brook, 1993, 12-13).
6. Os artigos que non reúnan estes requisitos, serán devoltos
aos seus autores/as para a súa adecuación ás normas de edición
da revista.
7. Os orixinais recibidos serán sometidos a revisión, cando menos,
por dous avaliadores do Consello Científico-Asesor, en función
dos seus coñecementos sobre a materia de que trata o traballo,
garantíndose o anonimato de todos eles. A aceptación definitiva
dos materiais depende do Consello Científico-Asesor de interea
visual.
8. Os traballos enviaranse ao enderezo da revista: interea visual,
Facultade de Educación, Despacho PB08, Campus Elviña, 15071 A
Coruña. Tel: 981 167 000 ext. 1897.
|
Atrás Subir
|