comunicar...

non é un gasto, é un investimento
a idea ou o que ofrecemos: mostralo claramente
seducindo, insinuando utilidades, sen tópicos desmotivadores por manidos
buscando unha identidade de marca, de estilo propio, de rápida identificación por parte da cidadanía
apostando polo risco comunicacional, por sorprender
para non só informar, tamén implicar
un labor do equipo técnico municipal, corresponsabilizándose da comuni-cación propia. Saber difundir para gañar complicidades e fidelizar, é tan impor-tante como o deseñar actividades
decidir que e como comunicar debe realizarse en comuñón cos deseñadores gráficos que traballen co municipio ou servizo, o cal deben coñecer e entender
mimar as relacións públicas

soportes...

apostar máis polos canles informais: mobiliario urbano, transportes, merchandising, correos electrónicos, postais, patrocinio, presentacións...
webs interactivas, exhaustivas, integrando a información que xeran os demais axentes locais
o escaparatismo: apenas os hai nos equipamentos de proximidade e, se existen, non son atractivos
as periodicidades e frecuencias son importantes. A información perece
atención ás diversas audiencias e as súas linguaxes
a dispersión na ocupación do territorio, a fenda tecnolóxica, a diferenza formativa, o desigual acceso á oferta cultural das persoas esixen sensibilidade comunicativa

 

   Atrás       Subir