LIBROS

Asensio Romero, P. (2006): El libro de la gestión municipal. Claves de éxito para políticos y directivos locales. Madrid, Ediciones Díaz de Santos.

Manual de consellos e exemplos prácticos para a xestión municipal das principais áreas de goberno nas súas vertentes técnica e política.

 
 

 
 

Barba, A. (2006): Versiones de Teresa. Barcelona, Anagrama.

Obra gañadora do XVI Premio Gonzalo Torrente Ballester de Narrativa da Deputación da Coruña.

 
 

 
 
 

Úcar, X.; Llena, A. (coords.) (2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Barcelona, GRAÓ.

Obra que perfila o significado da acción comunitaria dende as súas diferentes perspectivas sociopedagóxicas procedentes do diálogo interdisciplinar e interprofesional.

 
 

 
 
 
Santillán, R.; Ariel, H. (comp.) (2004): El gestor cultural: ideas y experiencias para su capacitación. Buenos Aires: Ediciones CICCUS.

Experiencias de utilidade para a formación no eido da xestión cultural, con achegas aos proxectos e traxectos da acción cultural e das súas implicacións éticas, políticas, sociais e artísticas.

 
 

 
 
 
Gutiérrez Rueda, L. (2001): Métodos para la Animación Sociocultural. Madrid: CCS.

Guía práctica de recursos e actividades de animación sociocultural arredor dos soportes mediáticos e audiovisuais da cultura. De para o quefacer socioeducativo nos tempos de lecer.

 
 
 
 

 
 
 
 
Escola Galega da Administración Pública (2006): Urbanismo e territorio en Galicia: reflexións para o futuro. EGAP: Documentos de traballo.

Voces coñecidas e recoñecidas de distintas disciplinas reflexionan arredor do estado do territorio e propoñen cales son as chaves dun urbanismo para Galicia.

 
 

 
 
 
 
Accións Estratéxicas. Arte actual na Deputación Provincial da Coruña 2006.

Impecablemente editada, esta dobre publicación recolle unha escolma de artistas premiados nos certames Isaac Díaz Pardo, así como levanta acta do I Encontro de Artistas en Mariñán.

 
 

REVISTAS

   
 
 
 
Revistas culturais

http://www.revistasculturales.com/

Espazo web da Asociación de Editores de Revistas Culturais de España (ARCE) que indexa as máis importantes revistas de pensamento e cultura editadas en España, cubrindo un amplo abano temático que vai dende a literatura e a arte, ata as ciencias sociais e o pensamento político, pasando pola arquitectura, o deseño, a fotografía, as artes escénicas e musicais, etc.

 
 

 
 
Revista Galega de Teatro

Opinión, entrevistas, artigos, crónicas, críticas, eventos, textos… A Revista Galega de Teatro é unha publicación cuatrimestral galega consolidada no ámbito das artes escénicas.

 
 

 
 
 
 
 
 
 
Revista Española do Terceiro Sector (RETS)

Nova revista electrónica de reflexion e debate arredor do terceiro sector que recolle análises en profundidade, experiencias prácticas, informes actuais, etc. Dispoñible on-line en http://www.fundacionluisvives.org/rets/

 
 

 
 
 
Saudiña: periódico dos temas transversais do currículo

Publicación da Xunta de Galicia que proporciona interesantes achegas sociopedagóxicas a diferentes temas transversais do currículo escolar, con especial fincapé na educación para a saúde. Dispoñible on-line en http://www.sergas.es/

 
 

 
 
administración & cidadanía

Nova publicación da Escola Galega da Administración Pública en substitución da Revista Galega da Administración Pública (REGAP). Novos formatos, novos contidos.

 
 

 
ADE teatro

Nº 12. Outubro 2006.

Amplo e exhaustivo monográfico dedicado ao teatro galego. Edición para conservar.

 
 
 
 

 
 
 
 
 
Praza das Letras

Nova publicación da Consellería de Cultura e Deporte para a promoción do libro e da lectura, así como xestión documental das bibliotecas na sociedade do coñecemento. Tamén dispoñible on-line en http://www.prazadasletras.org/

 
 


INTERNET

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Axenda Local de Participación

Documento aprobado pola Comisión Executiva da FEMP o 13 de decembro de 2005 que contén as bases e os principios dunha Axenda Local de Participación para a acción política municipal.

 
 

 
 
 
La Fábrica de la Participación

http://www.lafabricadelaparticipacion.org/

Ideas, experiencias e metodoloxías de participación infantil e adolescente arquitectadas en base ao movemento do blogomillo e concretizadas en diversas accións de sensibilización, divulgación, formación, reunión, animación, etc. Innovador!

 
 

 
 
 
Centro para a participación cidadá da Deputación de Barcelona

http://www.diba.es/flordemaig/_PD/index.asp

Servizo especializado para promoción da participación cidadá na acción pública local mediante o estudo e a investigación, o coñecemento e a divulgación de metodoloxías e técnicas participativas, e a formación cidadá en materia de civismo, asociacionismo e participación.

 
 

 
 
 
Observatorio Internacional da Democracia Participativa

http://www.bcn.es/observatori/

O Observatorio Internacional da Democracia Participativa é un espazo aberto a cidades, institucións e organizacións da vida democrática para o intercambio de experiencias de democracia participativa no ámbito local que persigan a democratización dos municipios e a cohesión social da cidadanía.

 
 

 
 
 
Civisme

http://www.bcn.es/civisme/

Portal do Concello de Barcelona para a xestión da convivencia na cidade que conta cun variado dossier de documentos, normativas, plans e ferramentas de traballo en rede.

 
 

 
 
 
 
Ciudadanos2010.net

http://www.ciudadanos2010.net/

Experiencia de democracia participativa que ten por obxecto fomentar a participación cidadá no ámbito municipal a través da apliación das novas tecnoloxías. O proxecto é impulsado por Europa press, en paralelo con iniciativas como a campaña Un blog para cada cidadá (http://www.cuadernosciudadanos.net/) que promociona a creacións de blogs no asociacionismo municipal.

 
 

 
 
 
 
En Red Alicante

http://www.enredalicante.org/

Portal de participación cidadá do Concello de Alicante con numerosos recursos para o sector asociativo, documentos, convocatorias, regulamentos, etc.

 
 

 
 
 
 
 
 
Centro de Recursos para Asociacións de Cádiz e a Bahía

http://www.redasociativa.org/

Proxecto gaditano de incorporación das novas tecnoloxías no ámbito asociativo como ferramenta de traballo en rede dedicada á comunicación, difusión e coordinación entre entidades.

 
 
 
 

 
 
 
http://www.edemocracia.com/

Organización xurdida no ano 2003 que desenvolve o seu quefacer tanto no espazo físico coma no virtual

Referencia política e mediática sobre a democracia dixital.

 
 

 
 
 
 
 
 
Orzamentos participativos de Sevilla

http://www.presupuestosparticipativosdesevilla.org/

Proposta en marcha para a implementación da democracia directa na cidade de Sevilla mediante a incorporación das metodoloxías participativas á xestion dos recursos públicos e, en particular, do gasto municipal.

 
 

 
 
Servizos de internet a prol da cultura galega

http://www.redegalega.org/

Proxecto dedicado á prestación de servizos electrónicos ás entidades do terceiro sector promovido pola Asociación de Fillos de Galicia con fins de conservación da cultura galega na emigración.

 
 

 
 
Democracia.web

http://www.democraciweb.org

Experiencia catalá de e-democracia que ten por obxecto achegar o parlamento á cidadanía mediante a posta en funcionamento de ferramentas de información, procesos de consulta, mecanismos de recollida de sinaturas, etc.


BITÁCORAS

 
 
 
http://www.logroblog.com/

Acción cívica arredor da planificación urbanística da cidade de Logroño.

 
 
 
 
 
Participación Ciudadana Ecuador

http://www.participacionciudadana.org/

Colectivo ecuatoriano que traballa pola transparencia nas consultas electorais a través de escolas para a democracia, clubes para a participación cidadá e observatorios político-electorais.

 
 
 
 
Ágora Nós: Portal galego da comunicación cívica

http://www.agoranos.org/

Asociación para a rede cívica autónoma que persigue o establecemento de sistemas de comunicación, debate e interación cívica ofrecendo unha ferramenta de soporte tecnolóxica á rede social.

 
   interea visual. NORMAS PARA A ADMISIÓN DE COLABORACIÓNS

1. A extensión máxima dos artigos presentados para a revista non poderá exceder en 3 páxinas, en DIN A4 numeradas, dobre espazo, en caracteres Times New Roman, incluídos gráficos, cadros ou bibliografía. As imaxes entregaranse por separado indicando con claridade no texto o lugar en que deben ser incluídas. Xunto a unha copia impresa en palpel, enviarase outra en disquete de 3,5 pulgadas, preferiblemente no programa WORD para PC. Na presentación do traballo non se utilizarán tabuladores e sangrías, evitando en todo momento, unha maquetación previa deste, responsabilidade dos editores de interea visual.
 
2. Cada traballo debe ir acompañado duna páxina que conteña o título do traballo, nome completo do autor/a ou autores/as, centro de traballo, enderezo completo.
 
3. Para as referencias bibliográficas, os autores mencionarán en texto o apelido do autor, data e páxina, con remisión a unha bibliografía final das obras citadas, sexan libros (Brook, 1993, 32) ou publicacións periódicas (Pérez Rasilla, 7001, 45). Brook, P. (1993): There are no secrets, London, Methuen Books. Pérez Rasilla, E (2001): "¿Somos tan malos os críticos?", Revista Galega de Teatro 28, Cangas do Morrazo, pp.44-46
 
4. Os autores/as poden utilizar notas a rodapé en función das necesidades de exposición, pero as referencias bibliográficas seguirán sempre a norma anterior, incluindo o apelido ou apelidos do autor/a, ano de publicación da obra e páxina ou páxinas se fose o caso. No caso de varios traballos nun mesmo ano, utilizaranse letras para diferenciala (Brook, 1993º, 1993b). Na bibliografía final tamén se incluirá a mesma letra.
 
5. As citas, cando sexan curtas, irán incluídas entre comiñas no corpo central do texto, precedidas igualmente da referencia bibliográfica (Brook, 1993, 12-13).
 
6. Os artigos que non reúnan estes requisitos, serán devoltos aos seus autores/as para a súa adecuación ás normas de edición da revista.
 
7. Os orixinais recibidos serán sometidos a revisión, cando menos, por dous avaliadores do Consello Científico-Asesor, en función dos seus coñecementos sobre a materia de que trata o traballo, garantíndose o anonimato de todos eles. A aceptación definitiva dos materiais depende do Consello Científico-Asesor de interea visual.
 
8. Os traballos enviaranse ao enderezo da revista: interea visual, Facultade de Educación, Despacho PB08, Campus Elviña, 15071 A Coruña. Tel: 981 167 000 ext. 1897.

 
 

   Atrás       Subir