LIBROS

Cadernos Temáticos 4 e 5. Dúas novas entregas derivadas do proxecto interea para os responsables políticos e técnicos municipais do ámbito da acción socioeducativa e cultural.
 
 

 
 
VV.AA. (2006): Bordes de mar en Galicia. COAG e Caixanova.
Excelentemente editada, esta publicación é, a súa vez, o catálogo da exposición do mesmo nome que está a percorrer Galicia. Unha visión sociolóxica e arquitectónica dos bordes de mar de moitas vilas galegas.

 
 

 
 
7º Premio de Creación Fotográfica "Luís Ksado". Catálogo da exposición itinerante pola provincia coruñesa. O gañador desta edición foi Miguel Harguindey Vidal.

 
 

Manguel, A. (2007): La biblioteca de noche. Alianza literaria: Madrid. Una xoia da edición e unha agradable visita ao mundo bibliotecario do autor.

 
 

Bouzada, X. (coord.) (2006): Cultura e novas tecnoloxías. Consello da Cultura Galega: Santiago de Compostela. As actas dos Encontros "Cultura e Concellos" do 2004 sobre as posibles aplicaciones na xestión cultural das actuais tecnoloxías.

 
 
 
 

Fernández, P. (2007): Bibliotecas y personas. Hacia un nuevo enfoque en biblioteconomía. Trea: Gijón. Unha suxestiva reflexión sobre a importancia do factor humano na calidade do servizo bibliotecario.

 
 

Vidulli, P. (2006): Diseño de bibliotecas. Guía para planificar y proyectar bibliotecas públicas. Trea: Gijón. Todo o referido á posta en marcha dunha biblioteca pública.

 
 

VV.AA. (2006): El público y la biblioteca. Metodologías para la difusión de la lectura. Trea: Gijón. Reflexión e experiencias aúnanse neste manual de referencia.

 
 

REVISTAS

Revista ADRA do Museo do Pobo Galego Editada para os socios e socias do Museo do Pobo Galego onde atopamos artígos relacionados co patrimonio cultural e os museos.

 
 

Cuadernos de Literatura Infantíl y Juvenil CLIJ Unha publicación de referencia no sector do libro e da lectura

 
 

Fadamorgana
Revista trimestral concebida para o público adulto interesado no coñecemento e a profundización de temas literarios relacionados coa infancia e a mocidade.

 
 

Paraíso
Revista bianual de información e promoción das actividades da Rede Galega de Teatros e Auditorios que se distribúe de xeito gratuíto en espazos escénicos galegos editada polo IGAEM.

 
 


INTERNET

Cartafol do garda livros
Promove a lectura en galego, con diferentes contidos que van dende asociaciones ata revistas, entre outras propostas. http://www.blogoteca.com/gardalivros/index.php?cat=698

 
 
 
 

Centro de Estudios de Promoción de la Lectura y Literatura Infantil de la Universidad de Castilla-La Mancha (CEPLI)
O obxectivo principal é o fomento e a promoción dos estudos, a formación e as investigacións en lectura. www.uclm.es/cepli

 
 

Asociación Cultural ESTEL: Estudio, educación y lectura
Formúlanse obxectivos de traballo relacionados coa educación lectora e o estudo da LIX. Convocan e realizan cursos, talleres, seminarios, catálogos e guías de lectura.
http://www.estel-animacion.com/

 
 

Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil
Ten como finalidade e estudo, a difusión e o fomento da literatura infantil e xuvenil. Realiza diferentes actividades: congresos, seminarios, exposicións, etc. Edita a revista "Lazarillo". http://www.amigosdelibro.com/

 
 

Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (AGABEL)
Publican información sobre os obxectivos da asociación, proxectos, manifestos, documentos, noticias, recursos con seleccións bibliográficas e enlaces. Inclúen o diagnóstico das bibliotecas escolares en Galicia 1999/2000.
http://agabel.net/

 
 

Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix)
O seu obxectivo é defender e promover a cultura e a língua galega a través da literatura infantil e xuvenil.
http://www.oepli.org/galix/indice.htm

 
 

Consell Català del Llibre per a Infants i Joves (CCLIJ)
Federación de organismos constituida para promover e difundir o libro infantil e xuvenil e a lectura. Organiza actividades, convoca o Premio Protagonista Jove, e edita a revista "Faristol". http://www.cclij.org/

 
 

Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI)
Entidade sen ánimo de lucro, encárgase da realización e coordinación de todo tipo de actividades de promoción do libro infantil e da lectura. Convoca o Premio Lazarillo. http://www.oepli.org/

 
 

Biblioteca de Educación
Contén información xeral, acceso ao catálogo, sumario e catálogo de publicacións periódicas. Servizo de novidades semanal a través do correo electrónico cos últimos ingresos na biblioteca. http://www.mec.es/cide/jsp/plantilla.jsp?id=bib01

 
 

Bibliotecas Escolares
Proporciona documentos teóricos, de reflexión e directrices sobre as bibliotecas escolares. http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/

 
 
 
 

Bibliotecaspublicas.info
Con abundante documentación sobre as bibliotecas, estruturada en catro bloques. http://www.bibliotecaspublicas.info/

 
 

Biblioteca Virtual de Literatura Infantil y Juvenil
Naceu co obxectivo de desenvolver, a través da Biblioteca do mesmo nome, a expansión universal das culturas hispánicas a través da utilización e aplicación dos medios tecnolóxicos máis modernos para acceder a obras relevantes da literatura, as ciencias e a cultura española e hispanoamericana. http://www.cervantesvirtual.com/

 
 

BibliotecasVirtuales.com
Comunidade literaria virtual de escritores e de lectores. Área educativa nunha aula virtual con guías de lectura, análise de textos, proxectos e propostas de traballo sobre obras, contos, poesía, etc. http://www.bibliotecasvirtuales.com/

 
 

REBIUN: Red de Bibliotecas Universitarias
Contén información sobre a rede, grupos de traballo, regulamentos, diretorio, publicacións, observatorio TIC, catálogos, biblioteca dixital e web de interese. http://bibliotecnica.upc.es/Rebiun/nova/principal/index.asp


 

Travesía:
É o espazo en Internet das bibliotecas públicas españolas.
http://travesia.mcu.es/

Observatorio del Libro y la Lectura de Estremadura
Ofrece documentación e información de indicadores, censo de actividades de lectura en Estremadura, diretorios e selección de recursos. http://www.observatorio-lectura.info/extremadura

Plan de Fomento de la Lectura
Un elemento destacado do Plan é o seu servidor web, no que se pode consultar toda a información relativa á aquel: programación, traxectoria dos autores, información das exposicións, datos das historias elexidas polos contacontos, etc. http://unlibrounamigo.info
Signos que Cuentan, Cuentos que Signan
Dirixido a profesionais da cultura e da educación para o fomento da lectura na infancia sorda. http://www.fundacioncnse.org/lectura/index.html
Animación a la Lectura
Foro no ámbito da animación á lectura e da dinamización da biblioteca. Dirixido a profesionais do ámbito da educación, a cultura e as bibliotecas de Hispanoamérica e España. http://www.rediris.es/list/info/animacionalalectura.html
@bareque: Revista de biblioteca
Espazo de intercambio e participación de profesionais da educación e das bibliotecas. Contén guías didácticas, experiencias, artígos de opinión, animación lectora, recursos, enlaces, etc.
http://www.educastur.princast.es/cpr/oviedo/abareque
Babar: Revista de literatura infantil y juvenil
Contén noticias, reseñas, premios, artígos, entrevistas, biblioteca de álbumes imprescindibles, novidades e enlaces.
http://revistababar.com/web/
Cornabou: Revista de literatura infantil y juvenil
Inclúe artígos, entrevistas, reseñas, bibliografías, premios literarios, páxinas web de autores, links e informacións diversas relacionadas coa LIX e a lectura. En catalán. http://www.andreusotorra.com/cornabou/index.html
Imaginaria: Revista quincenal sobre literatura infantil y juvenil
Primeira revista electrónica sobre LIX. http://www.imaginaria.com.ar
Peonza: Revista de Literatura Infantil y Juvenil
Contén artígos teóricos, experiencias, entrevistas, noticias e unha sección con amplos comentarios de títulos de LIX. http://www.cervantesvirtual.com/hemeroteca/peonza/catalogo.shtml
Rongorongo: Revista electrónica para la promoción de la lectura y de la literatura infantil y juvenil
Dispón de novidades, seleccións bibliográficas, experiencias, ideas, información de eventos, congresos, conferencias, talleres, etc., sobre a promoción da lectura. http://usuarios.lycos.es/rongorongo/inicial.htm
Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil
Onde consultar os catálogos que reúnen máis de 80.000 referencias de documentos en distintos soportes e se actualizan diariamente. Parte dos artígos ofrécense a texto completo, en formato pdf. O seu contido compleméntase con outras bases de datos de cursos e congresos, publicacións propias, guías de lectura, seleccións bibliográficas, exposicións, programas de lectura, etc. http://www.fundaciongsr.es/salamanca/default.htm
Club de Lectura Kiriko
Proxecto do grupo de librerías Kiriko, asociadas a CEGAL, cos obxectivos de fomentar a lectura entre os cativos e a mocidade, propor desde as librerías libros de calidade e contribuir á formación da biblioteca familiar. http://www.clubkirico.com/home.php
Fundació Bromera per al Foment de la Lectura
Entidade de carácter cultural cuxa finalidade é o fomento da lectura, especialmente literaria e formativa, en todos os sectores da sociedade en xeral, pero cunha atención específica na poboación infantil e xuvenil, no mundo da cultura e do ensino http://www.fundaciobromera.org/Inici.htm
Fundación Bertelsmann
Pretende motivar o desenvolvemento das bibliotecas públicas de España, a mellora da súa xestión, o fomento do hábito lector e o acceso á información por parte da cidadanía. http://www.fundacionbertelsmann.es/








Leer y Vivir Espazo virtual con recursos para a lectura, a aprendizaxe e a creatividade. Dispón dunha base de datos de LIX con 23.000 títulos. http://www.educared.net/
Ricochet
Contén información sobre os autores máis importantes así como as máis belas ilustracións que este xénero producíu nas últimas décadas. Inclue a biblioteca ideal, taller de escrita e ilustración e enlaces a editoriais, revistas e institucións. http://www.ricochet-jeunes.org/es/index.htm
Servicio de Orientación Lectora (SOL)
Iniciativa da Federación de Gremios de Editores de España, desenvolvida coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez e coa colaboración da Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas del Ministerio de Cultura.
http://www.sol-e.com/
The Children's Literature Web Guide
Esta guía sobre a literatura dos cativos en inglés, proporciona unha excelente recopilación de recursos en Internet clasificados sobre lectura, literatura infantil, xuvenil e de adultos, autores, bibliotecas e entidades implicadas no mundo do libro. http://www.ucalgary.ca/~dkbrown/
A Regueifa
A REGUEIFA PLATAFORMA é un Netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexan (independentemente da disciplina na que traballen) podan difundir, distribuir e amosar a súa obra baixo licenza Creative Commons, unha das licenzas Copyleft máis populares.
www.aregueifa.net
Sono-tone
Revista galega de música na que tamén teñen cabida outras disciplinas coma o cinema, o teatro ou a literatura. Con periodicidade semanal e dende unha perspectiva galega e universal fai seguimento tanto do panorama internacional coma da esbourante nova xeración de músicos e grupos galegos.
www.sono-tone.net
Amigos/as del Libro Infantil y Juvenil (ALIN)
Asociación cultural que leva a cabo actividades de animación á lectura. Na súa web encontramos novidades, actividades e recursos.
http://www.alin-almeria.org/indexbueno.html




 
   interea visual. NORMAS PARA A ADMISIÓN DE COLABORACIÓNS

1. A extensión máxima dos artigos presentados para a revista non poderá exceder en 3 páxinas, en DIN A4 numeradas, dobre espazo, en caracteres Times New Roman, incluídos gráficos, cadros ou bibliografía. As imaxes entregaranse por separado indicando con claridade no texto o lugar en que deben ser incluídas. Xunto a unha copia impresa en palpel, enviarase outra en disquete de 3,5 pulgadas, preferiblemente no programa WORD para PC. Na presentación do traballo non se utilizarán tabuladores e sangrías, evitando en todo momento, unha maquetación previa deste, responsabilidade dos editores de interea visual.
 
2. Cada traballo debe ir acompañado duna páxina que conteña o título do traballo, nome completo do autor/a ou autores/as, centro de traballo, enderezo completo.
 
3. Para as referencias bibliográficas, os autores mencionarán en texto o apelido do autor, data e páxina, con remisión a unha bibliografía final das obras citadas, sexan libros (Brook, 1993, 32) ou publicacións periódicas (Pérez Rasilla, 7001, 45). Brook, P. (1993): There are no secrets, London, Methuen Books. Pérez Rasilla, E (2001): "¿Somos tan malos os críticos?", Revista Galega de Teatro 28, Cangas do Morrazo, pp.44-46
 
4. Os autores/as poden utilizar notas a rodapé en función das necesidades de exposición, pero as referencias bibliográficas seguirán sempre a norma anterior, incluindo o apelido ou apelidos do autor/a, ano de publicación da obra e páxina ou páxinas se fose o caso. No caso de varios traballos nun mesmo ano, utilizaranse letras para diferenciala (Brook, 1993º, 1993b). Na bibliografía final tamén se incluirá a mesma letra.
 
5. As citas, cando sexan curtas, irán incluídas entre comiñas no corpo central do texto, precedidas igualmente da referencia bibliográfica (Brook, 1993, 12-13).
 
6. Os artigos que non reúnan estes requisitos, serán devoltos aos seus autores/as para a súa adecuación ás normas de edición da revista.
 
7. Os orixinais recibidos serán sometidos a revisión, cando menos, por dous avaliadores do Consello Científico-Asesor, en función dos seus coñecementos sobre a materia de que trata o traballo, garantíndose o anonimato de todos eles. A aceptación definitiva dos materiais depende do Consello Científico-Asesor de interea visual.
 
8. Os traballos enviaranse ao enderezo da revista: interea visual, Facultade de Educación, Despacho PB08, Campus Elviña, 15071 A Coruña. Tel: 981 167 000 ext. 1897.

 
 

   Atrás       Subir