Compañía profesional de danza contemporánea que nace na Coruña no 2003 baixo a dirección de Carlota Pérez. A compañía ademáis de crear e producir espectáculos de danza e de danza-teatro para nenos e adultos, organiza festivais na rúa e en espazos de arte. Tamén ten desenvolvido unha plataforma de danza dedicada á formación.

Coreográfos e directores que traballaron para a compañía foron Damián Muñoz, Guido Tuvery, Chevy Muraday, Santi Prego, Genma Díaz e Armando Marten. Bailaríns que participan nos espectáculos en xira: Alexis Fernández (Cuba), Danae de la Vega (Cuba), José Luis Sacha (Francia), Miguel Fiol (Palma de Mallorca), Thierry Taboni (Francia), Caterina Varela (A Coruña), Armando Marten (Cuba).

Espectáculos producidos ata a data: A Escondidas, Nuestros sueños en un baúl, Mínimas dosis de danza, Meltemi, Tengo Prisa, Y otra vez.

Festivais organizados: Festival danza abierta 2003 e 2004, Macuf en Movimiento 2006, A pie de calle 2005.

Experimentadanza estrea en Santiago de Compostela no Salón Teatro no mes de maio en coproducción co Centro Coreográfico de Galicia o espectáculo ARTE A ESCENA.

No seu novo proxecto a compañía mergúllase no mundo da arte de vangarda creando unha proposta dirixida a un público familiar. Tres personaxes penétranse nun espazo branco para debuxar, par a debater, para xogar coa cor, coas formas, para crear e para aprender coa arte coma se tratásese dun xogo...

A arte crease dende un papel en branco, dende un lenzo ou a partires dun anaco de barro ou dous planos deseñados como se se tratase dun xogo de nenos, dun arquitecto cunha imaxinación inconmesurable. As vangardas artísticas nacen da idea de expresar temas sociopolíticos nun clima bélico entre dúas guerras a 1º e a 2º Guerra Mundial e neste apoxeo das artes nun contexto marcado pola crise existencial do ser humano, o nacemento da máquina... Varios pintores, escultores e arquitectos falan dende o máis profundo dous seus sentimentos sobre: a patria, o home, a velocidade, o mundo apresurado, a realidade da sociedade e berran sen medo desde os seus pinceis o que non poden berrar coa súa voz e iso fai que a arte sexa un medio de expresión infinito e auténtico.

Carlota Pérez  
 

   Atrás       Subir