Estás en:Cultura Premios

II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade

A partir da aposta pola igualdade de xénero como unha das prioridades da acción política da Deputación da Coruña e en memoria e co obxectivo de contribuír a divulgar a obra e a figura da poeta e música coruñesa Luísa Villalta, destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical como no literario e do activismo cultural, a área de Benestar Social, Educación e Políticas convoca o II Concurso de ideas "Luísa Villalta" de proxectos culturais pola igualdade, destinado a premiar e favorecer o desenvolvemento de dez propostas artísticas e iniciativas culturais anuais que promovan socialmente a igualdade de xénero.

 

 

Edición 2017: