Premio Xoán Vicente Viqueira
Premio "Xoán Vicente Viqueira" de Investigación en Ciencias Sociais, Humanidades, Sustentabilidade e Innovación
En memoria do filósofo, psicólogo e escritor Xoán Vicente Viqueira Cortón, e coa finalidade de recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado no ámbito das ciencias sociais e humanidades, a Deputación da Coruña convoca a I edición do Premio "Xoán Vicente Viqueira" de Investigación en Ciencias Sociais, Humanidades, Sustentabilidade e Innovación