Feira Rosalía 2020

A área de Cultura vén desenvolvendo nos últimos anos diferentes actividades e iniciativas orientadas á posta en valor da obra e da figura de Rosalía de Castro, a figura principal da literatura galega, e que se desenvolveu os fitos principais da súa vida no seo desta provincia.

Nesta liña de traballo enmárcanse accións como a celebración do Día de Rosalía na Coruña, coa representación do espectáculo "Rosalía" no Teatro Colón o día 22 de febreiro, ou o Festival Rosalía en Santiago de Compostela. O Festival Rosalía púxose en marcha despois dun proceso de xuntanzas desenvolvido en 2017 entre a área de cultura da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, a AELG e a Fundación Rosalía de Castro vinculada ao centenario da inauguración da estatua na súa honra da Alameda Compostelá.

O dito Festival celebrarase este ano o día 29 de febreiro en Santiago de Compostela, e contará coa colaboración do Concello de Santiago e do Museo do Pobo Galego.

O Festival contará con actividades artísticas e unha feira cultural ao redor da figura de Rosalía.

O prazo de participación nesta convocatoria é o seguinte:

Inicio: 7 de febreiro de 2020, ás 00:00 h
Fin: 17 de febreiro de 2020, ás 14:00 h

A ficha de inscrición xunto coa documentación requirida enviaranse por correo electrónico ao enderezo cultura@dacoruna.gal