Estás en:Deporte Esquí

Esquí

Campaña de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, e 2007, residentes en calquera municipio da provincia. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2018.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

  • Recollida e Regreso:
    • Estableceranse puntos e horarios de recollida que serán indicados nesta mesma web para cada quenda. O autocar estará identificado co logotipo da Deputación da Coruña.
    • O regreso será no mesmo lugar que a recollida. Saímos da Estación o luns despois do xantar.
  • Aloxamento:
    • O aloxamento será no Albergue Bibei, na propia Estación de Manzaneda, en réxime alimenticio de pensión completa, dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous inclusive), polo que todos os gastos están cubertos.
    • Non é necesario que o neno/a leve cartos ( agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos : refrescos, auga…). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.
  • Equipo necesario:
    • Guantes
    • Gorro
    • Gafas de esquí e de sol
    • Anorak térmico
    • Pantalón impermeable ou similar
    • Pixama e zapatillas e roupa interior
    • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros)
    • Equipamento deportivo: camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas ducha, chándal e zapatillas de deporte
    • Útiles de aseo: xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante, crema protectora de labios…
    • Crema protectora de sol, factor 15 como mínimo
    • Chuvasqueiro
    • Mochila pequena
    • Traxe de baño, toalla, gorro , chanclas e gafas para a piscina

O material específico da actividade de esquí entregaráselle a cada participante na Estación.

  •  Medicación e alerxias: Se o/a neno/a participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregalo ao monitorado na saída, xunto co medicamento: LIGAZÓN Ó IMPRESO.

A administración de medicamentos realizarao persoal sanitario. De presentárense casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas… que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.

  • Programa diario: Será o seguinte (programa e horario orientativo que poderá variar en función das condicións climatolóxicas ou do desenvolvemento das actividades):
    • 09.30 h., almorzo.
    • De 10.00 h. a 13.00 h., esquí ou actividades deportivas e de tempo libre.
    • 13:15 h., xantar.
    • De 14:15 a 19.00 h., actividades deportivas e de tempo libre.
    • 20:30 h., cea.
    • 21:00 a 21:30 h., tempo de chamadas.
    • De 21:30 a 23:30 h., velada.

En caso de ausencia de neve, a actividade de esquí será substituída por outra/s xa previstas.

  • Chamadas:Os nenos e nenas que leven teléfono móbil deben identificalo na parte traseira do terminal cun adhesivo co seu nome, xa que o monitorado retirarallo cando cheguen á Estación.Establecese o horario de 21:00 a 21:30 horas para que poidan chamar aos nenos/as .O monitorado entregaralle os móbiles para que poidan realizar e recibir chamadas. Para quen non leve móvil, os pais terán ao seu dispor os móbiles dos monitores que se indican deseguido, para poder falar co neno/a no horario indicado:
    • BUS 1: 676 426 420 (de cada quenda)
    • BUS 2: 659 263 819 (de cada quenda)

 No caso de chamar a través do móbil do monitorado, solicitamos brevidade.

Na viaxe de volta, entregaránselle os nenos/as os móbiles.

Os país/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes: 676 426 420

  • Seguro: Está incluído un seguro con cobertura de asistencia médica ilimitada en Centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e invalidez.En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a. En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados, tanto do contratempo como da súa evolución. O neno/a estará sempre acompañado dun monitor.A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe.
  • Outra información de interese: Por razóns de organización e control, non é posible o cambio do autobús asignado. A cota de 85€ non se reembolsará, agás imposibilidade de iniciar a participación na Campaña por enfermidade grave e previa xustificación documental desta. Se por algunha circunstancia algún neno ou nena ten que abandonar a Estación, deberá sernos comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/representante legal neste impreso: LIGAZÓN Ó IMPRESO.

A web irá actualizándose con fotos das diferentes actividades.