Estás en:Deporte Programas de axudas ao deporte

Programas de axudas ao deporte

A área de Deportes da Deputación da Coruña deseñou un completo programa de axudas para apoiar ás entidades e clubs deportivos da provincia, axudando así ao mantemento da súa actividade. O fomento do deporte como estilo de vida saudable debe ser un dos primordiais dunha administración e así o entendemos desde a Deputación.

Cun orzamento global de 1,3 millóns de euros as cinco Liñas de axudas lanzadas teñen como obxectivo a promoción da actividade deportiva en todos os seus ámbitos desde o fomento do deporte base como aposta de presente e garantía de futuro ao apoio a grandes eventos para axudar
á súa consolidación.

A Deputación está a realizar un importante esforzo inversor en materia deportiva para lograr os obxectivos que se propuxo ao inicio deste mandato neste eido. Contribuir a manter a actividade e o funcionamento dos equipas
coruñeses en competicións de todas as disciplinas e categorias deportivas significa para nós recoñecer o esforzo que fan cada día milleiros de deportistas para colocar aos clubs coruñeses na vangarda do deporte galego.

 

1. Programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2019

FO103D/2019 • Orzamento 150.000 € • Mínimo 6.000 € • Máximo 70.000 €
As axudas económicas obxecto deste programa destinaranse a sufragar os gastos inherentes á organización de grandes eventos deportivos,
promovidos por entidades deportivas, de carácter relevante -pola súa incidencia en termos deportivos, sociais e económicos: xeración de ingresos ou beneficias para os territorios- na provincia.
O evento deberá estar incluído no calendario de competicións oficiais.
Cada entidade presentará o proxecto dun só evento.

2. Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2019FO104/2019 · Orzamento 400.000 € · Mínimo 1.000 € · Máximo 40.000 €

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de investimentos deportivos.
Unicamente serán obxecto de axuda os gastos por adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións, obra nova, bens inventariables, equipamentos e montaxe

3. Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2019

FO103A/2019 · Orzamento 150.000 € · Mínimo 1.000 € · Máximo 30.000 €
Este programa vai dirixido a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, que realicen actividades de fomento da actividade física e do deporte. A realización de actividades conducentes á mellora da condición física,
á ocupación activa do tempo de Lecer, ó deporte de carácter afeccionado ou popular e á participación en competicións deportivas que non sexan organizadas polas federacións deportivas.

A promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión e divulgación do deporte e dos valores deportivos. Poderán consistir en charlas, talleres, cursos, organización de simposios, etc.

1.PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO LOCAL, PROVINCIAL OU AUTONÓMICO DURANTE O ANO2019

FO103B/2019 · Orzamento 150.000 € · Mínimo 1.000 € · Máximo 60.000 €
Este programa vai dirixido aos clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista -no caso de deportes individuais- que participen en competicións oficiais federadas de ámbito Local, provincial ou autonómico durante o ano 2019.
Si algún dos equipos ou deportistas do club participan en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional, non poderán participar neste programa, xa que contan co seu propio programa específico FO103C.
Algúns dos gastos subvencionables son os arrendamentos e canons -arrendamento de vehículos, instalacións deportivas e material deportivo-, transportes, primas seguros -seguros deportivos e outros relacionados coa actividade deportiva-, dereitos da arbitraxe ou cotas a entidades deportivas -licenzas federación-.

 

2.PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO NACIONAL OU INTERNACIONAL DURANTE O ANO 2019

FO103C/2019 Orzamento 447000 € Máximo 240000 €
Este programa vai dirixido aos clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista -no caso de deportes individuais- que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2019 -ainda que algúns dos outros equipas ou deportistas do club participen en competicións oficiais federadas de ámbito inferior a nacional-.
A realización do programa de actividades para a que se concede a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade.
O obxecto deste programa é financiar exclusivamente os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional.
Algúns dos gastos subvencionables son os arrendamentos e canons -arrendamento de vehículos, instalacións deportivas e material deportivo-, servizos profesionais independentes e contratacións externas, transportes,
primas seguros -seguros deportivos e outros relacionados coa actividade deportiva-, soldos e salarios, cotas a entidades deportivas -licenzas federación- ou gastos de participación en competicións deportivas