Estás en:Deporte Programas de axudas ao deporte

Programas de axudas ao deporte

A área de Deportes da Deputación da Coruña deseñou un completo programa de axudas para apoiar ás entidades e clubs deportivos da provincia, axudando así ao mantemento da súa actividade. O fomento do deporte como estilo de vida saudable debe ser un dos primordiais dunha administración e así o entendemos desde a Deputación.


Cun orzamento global de 3,6 millóns de euros, as cinco liñas de axudas lanzadas teñen como obxectivo a promoción da actividade deportiva en todos os seus ámbitos, desde o fomento do deporte base como aposta de presente e garantía de futuro ao apoio, a grandes eventos para axudar á súa consolidación.


A Deputación está a realizar un importante esforzo inversor en materia deportiva para lograr os obxectivos que se propuxo neste eido. Contribuir a manter a actividade e o funcionamento dos equipos coruñeses en competicións de todas as disciplinas e categorias deportivas significa para nós recoñecer o esforzo que fan cada día milleiros de deportistas para colocar aos clubs provinciais na vangarda do deporte galego

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2020

  • Fo104/2020
  • , ORZAMENTO 400.000 €
  • MÍNIMO 1.000 €
  • MÁXIMO 40.000 €

 

Serán obxecto da axuda os gastos por adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións, obra nova, bens inventariables, equipamentos e moblaxe.

Prazo aberto ata o 13 de marzo de 2020.


PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA O DESENVOLVEMENTO DE GRANDES EVENTOS DEPORTIVOS SINGULARES DE ESPECIAL INTERESE NA PROVINCIA DURANTE O ANO 2020

  • Fo103D/2020
  • ORZAMENTO 395.000 €
  • MÍNIMO 6.000 €
  • MÁXIMO 70.000 €


As axudas económicas obxecto deste programa destinaranse a sufragar os gastos inherentes á organización de  grandes eventos deportivos, promovidos por entidades deportivas, de carácter relevante na provincia.
O evento deberá estar incluído no calendario de competicións oficiais. Cada entidade presentará o proxecto dun só  evento.
Prazo aberto ata o 13 de marzo de 2020.


PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DURANTE O ANO 2020

  • Fo103A/2020
  • ORZAMENTO 300.000 €
  • MÍNIMO 1.000 €
  • MÁXIMO 30.000 €


Existen tres modalidades:

  • Realización de actividades conducentes á mellora da condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, o deporte de carácter afeccionado ou popular e a participación en competicións deportivas que non sexan federadas.
  • Promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión e divulgación do deporte e dos valores deportivos.
  • Organización de competicións deportivas federadas ou non federadas.

 

Prazo aberto ata o 13 de marzo de 2020.

PROGR.l\MA DE SUBVENC!ÓNS PAPA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO NACIONAL OU INTERNACIONAL DURANTE O ANO2020

  • Fo103C/2020
  • ORZAMENTO 1300.000 €


O obxecto deste programa é financiar exclusivamente os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional.
Prazo aberto ata o 13 de marzo de 2020.


PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, CON EQUIPOS OU DEPORTISTAS QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO LOCAL, PROVINCIAL OU AUTONÓMICO DURANTE O ANO 2020

  • Fo103B/2020
  • ORZAMENTO 655.000 €
  • MÍNIMO 1.000 €
  • MÁXIMO 60.000 €


O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico. As actividades obxecto deste programa deben realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.
Prazo aberto ata o 13 de marzo de 2020.