Formulario de inscrición Xornada Defensa Persoal Feminina 2023

INSCRICIÓN NO II SEMINARIO INTENSIVO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA

Concello-sede da celebración do seminario: PONTECESO (20 de maio de 2023)

  • Lugar de realización: Pavillón municipal
  • Data de celebración: 20 de maio de 2023, en horario de 10:00 h a 14:00 h.
  • Prazo de inscrición: do 1-15 de maio de 2023 ambos inclusive

Admitiranse as 70 primeiras inscricións.

Permitirase a inscrición de 10 solicitudes máis que quedarán en lista de garda. Debe realizarse unha solicitude para cada persoa solicitante. No caso de solicitude da menor da idade e imprescindible para formalizar a inscrición achegar a autorización asinada polo pai e a nai ou o/a titor/a e copia do libro de familia e dos DNIs da menor e das persoas autorizantes.

*
*
*
*
*
*

No caso de ser menor

Deberá achegarse asinada a seguinte autorización e documentación: [ PDF | OpenOffice ]. 

Achega neste campo para a asistencia das menoresa autorización asinada polo pai e a nai ou o/a titor/a, e copia do libro de familia e dos DNIs da menor e das persoas autorizantes

*

Os datos serán tratados pola Deputación da Coruña con enderezo en Avenida Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, para xestionar a solicitude e o desenvolvemento da actividade. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais e o consentimento explícito que o asinante outorga á Deputacion Provincial coa súa sinatura e o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obligación legal. Así mesmo, poderán ser comunicados aos servizos sanitarios e á empresa aseguradora no caso de que o menor sufra algún accidente.

A Deputación conservará os datos durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar da finalidade exposta e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se consideran que o presente tratamento incumpre o establecido no RXPD, poden presentar unha reclamación ante a AEPD.
Para calquera outra dúbida relacionada coa protección de datos, as persoas interesadas poden dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal

*
Codigo Captcha

Clic en la imagen para ver otro captcha.