Estás en:Economía e facenda Consulta Pública

Consulta Pública

CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á ELABORACIÓN DUNHA ORDENANZA XERAL DE SUBVENCIÓNS


No exercicio da potestade normativa desta Corporación e consonte a habilitación legal
específica conferida no artigo 17.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións,
esta Deputación ten previsto tramitar e aprobar unha ORDENANZA XERAL REGULADORA DE
SUBVENCIÓNS E TRANSFERENCIAS.
Co fin de darlle cumprimento ao disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de
Procedemento administrativo común das Administracións públicas, procédese a apertura dun
período de consulta pública por prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, durante os que todas as persoas
interesadas, así como as organización representativas, poidan presentar a través do Rexistro
electrónico xeral (sede.dacoruna.gal) as suxestións ou opinións respecto da
necesidade e oportunidade desta norma, os seus obxectivos, as posibles solución alternativas
regulatorias e, en xeral, sobre as disposicións a incorporar para un mellor desenvolvemento
regulamentario da normativa de rango legal contida tanto na Lei 38/2003, de 17 de novembro,
Xeral de subvencións, como na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.