
Benvid@!
ClubUE é unha iniciativa de EUROPE DIRECT A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, para unir a mozos e mozas de 18 a 30 anos cun lazo común: o interese por COÑECER, APRENDER e PARTICIPAR das oportunidades que ofrece a Unión Europea.
ClubUE desenvólvese a través de Instagram e Youtube para crear unha comunidade única e viva na que compartir experiencias e coñecementos, inquietudes e a visión que a xuventude ten sobre o futuro de Europa.
Esta comunidade busca conformar un espazo de información, formación e participación de diferentes iniciativas con vocación europea.
Únete e benefíciate de todas as vantaxes de ser membro!
-Serás parte dunha rede local con proxección europea
-Terás acceso directo e preferente a actividades de formación
-Premios, visitas, concursos... e moito máis!
Como unirse?
1. Cubre este formulario
2. Segue o Instagram de @europedirectcoruna
Xa estás dentro!!