: Europe Direct Coruña : Agenda : 2020

EU♥UE: Conexión Europa 4.0

ACCIÓN EN LIÑA COA MOCIDADE DA PROVINCIA

ConexionEuropa_twitter.png

INSCRÍBETE AQUÍ¡

 

Programa_EU♥UE Conexión Europa 4.0: Galego - Castellano 

Cartel_EU♥UE_Conexion_Europa_4.0: Galego - Castellano

Organiza: Europe Direct A Coruña

Colabora: Centros de Información Xuvenil de concellos da Provincia, encargados da selección de participantes (10 mozos e mozas por concello).

Obxectivos:

-          Dar a coñecer os programas europeos dirixidos á mocidade.

-          Fomentar a participación dos mozos e mozas galegos/as nos programas e iniciativas europeas.

-          Fomentar a participación da mocidade do ámbito rural no debate europeo.

Metodoloxía:

-          Sesións formativas.

-          Sesións de debate.

No desenvolvemento das sesións garantirase a participación activa dos mozos e mozas

Modalidade: En liña.

Datas: Do 27 ao 31 de de xullo de 2020.

Horario: 11:00 a 12:15 horas.

Destinatarios: Mozos e mozas de entre 16 e 25 anos pertencentes a concellos colaboradores: Abegondo, Arzúa, Camariñas, A Coruña, Curtis, Dodro, Dumbría, Mugardos, Oroso, Pontedeume, Santa Comba e Vimianzo, así como a outros concellos.

Participación: Todos os participantes deberán dispoñer de micrófono e cámara

Calendario de obradoiros:

27/07/2020: Oportunidades para a mocidade na UE

Interésache coñecer as oportunidades de mobilidade que tes ao teu alcance na Unión Europea? Pensaches alguna vez en ser voluntario/a europeo/a? Sabes como has de preparar o teu currículo para que te elixan?

Eurodesk a rede de información xuvenil en Europa, dará a coñecer neste obradoiro recursos de información sobre a ampla oferta de oportunidades coa que conta a mocidade para achegarse a Europa.

Relator: Eurodesk A Coruña - Asociación Ingalicia, Antonino Versace

28/07/2020: Eu, Europa

Escoitaches falar das oportunidades que a Unión Europea ofrece á mocidade. Como acceder a elas? Persoas mozas, que xa se subiron ó tren da mobilidade europea, cóntannos as súas experiencias en primeira persoa. Sobre voluntariado europeo, sobre as Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, sobre traballar ou facer prácticas nas Institucións europeas.

Relatores/as:

-          Asociación Xeración, Francisco Sequeiro, coordinador de proxectos internacionais

-          IESP Pedra da Aguia (Camariñas), Jacobo Santos, xefe de estudos, coordinador do proxecto Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, centro educativo gañador do concurso Euroscola

-          Laura Sar, Andrea Rial e Noa Tedín: participantes no programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo no curso 2019/2020, no IESP Pedra da Aguia (Camariñas) e gañadoras do Primeiro Concurso de Ideas das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo en Galicia

-          Europe Direct A Coruña, Cristina Villadóniga, técnica de asuntos europeos e antiga stagiaire da Comisión Europea – DG MARE

29/07/2020: Vivindo sen fronteiras

Imaxinas como sería vivir sen fronteiras? Coñece a experiencia da Eurocidade Chaves-Verín, un referente na cooperación transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal. Neste obradoiro coñeceremos o que supón esta cooperación para a mocidade da “Raia” e como repercute no seu día a día. Como viviu a xente nova a etapa COVID-19 coa reintroducción dos controis fronteirizos?

Relatoras:

-          Comisión Europea - Representación en España, Teresa Frontán, responsable do departamento de comunicación

-           Eurocidade Chaves-Verín, AECT, Nerea Pérez Adriano, técnica de proxectos europeos

-          Alejandro Nieves Rodrigues, mozo residente en Verín

-          Tiago José Neves Ribeiro, mozo residente en Chaves

30/07/2020: Eu fago Europa

Damos voz a persoas que traballan día a día construíndo Europa. Desde as súas institucións e desde a sociedade civil. Ti tamén podes facer a Europa que queres. A opinión da mocidade pode cambiar o futuro de Europa?

Relatores/as:

-          Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, Eurodeputado

-          Axencia Europea de Control da Pesca, Patricia Sánchez Abeal, Xefa de sector - Política e comunicación

-          Asociación xuvenil “Equipo Europa”, Pablo Gesteiro Lobeira, voceiro por Galicia

31/07/2020: EU vs. Desinformación

Queres coñecer o alcance da desinformación nas redes e medios sociais? Dispós das ferramentas para detectar bulos? Neste obradoiro formativo sobre desinformación coñeceremos a acción da UE para atallar a desinformación e presentaremos ferramentas para detectala

Relatora: Pekecha, Verónica Ramallal, CEO


 INSCRÍBETE AQUI!