: Europe Direct Coruña : Agenda : 2023

X Concurso de Fotografía "Ciudadanía Europea en Galicia"

EUROPE DIRECT A Coruña y EUROPE DIRECT Lugo, centros oficiales de información de la Comisión Europea, invitan a las personas residentes en Galicia mayores de edad a participar en el X Concurso de Fotografía Ciudadanía Europea en Galicia: "Un viaje por la Unión Europea".

Con motivo de su décima edición, el Concurso de Fotografía Ciudadanía Europea en Galicia quiere hacer un viaje por la Unión Europea, aprovechando que este año 2023 se celebran dos aniversarios clave:

  • 30 años del Mercado Interior: El mercado interior de la Unión Europea es un mercado único en el que circulan libremente los bienes, los servicios, el capital y las personas, y dentro del cual los ciudadanos europeos pueden vivir, trabajar, estudiar o hacer negocios con libertad.
  • 5 años de DiscoverEU: DiscoverEU es una acción del programa Erasmus+ que ofrece a los jóvenes de 18 años de edad la oportunidad de viajar por toda Europa.

¡Envíanos tu fotografía y comparte con nosotros tu viaje por la Unión Europea!

Toda obra debe incluir un símbolo representativo de la Unión Europea.

PARTICIPA en este concurso y GANA un fantástico premio!!

BASES

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

BASES DO CONCURSO

1. Organización

EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo (de agora en diante “os organizadores”) convocan o décimo concurso de fotografía baixo o lema Unha viaxe pola Unión Europea” (de agora en diante “o Concurso”) a través da páxina de Facebook creada a tal fin en https://www.facebook.com/concursocidadaniaeuropeaengalicia.

2. Persoas participantes

Poderán participar as persoas residentes en Galicia maiores de 18 anos que se animen a desafiar o obxectivo da súa cámara.

3. Tema

O lema do concurso é “Unha viaxe pola Unión Europea”, co obxectivo de destacar que este ano 2023 secelebran dous aniversarios clave:

  • 30 anos do Mercado Interior:O mercado interior da Unión Europea é un mercado único no que circulan libremente os bens, os servizos, o capital e as persoas, e dentro do cal a cidadanía europea pode vivir, traballar, estudar ou facer negocios con liberdade.

  • 5 anos de DiscoverEU:DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos e mozas de 18 anos de idade a oportunidade de viaxar por toda Europa.

A continuación, figuran algunhas ideas sobre os temas que podes reflectir na túa fotografía, pero non esquezas que hai moitos máis:

- Tiveches algunha experiencia de vivir, traballar, estudar ou facer negocios noutro país da Unión Europea?

- Tiveches a sorte de irte de viaxe co DiscoverEU?

Comparte a túa experiencia de viaxe a través da túa fotografía: paisaxes, tradicións, costumes, arte, folclore, visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento, comida, etc.

Toda obra debe incluír un símbolo representativo da Unión Europea.

Utilizarase o hashtag #CidadaniaEuropeaEnGalicia

4. Número de fotos

Cada persoa participante poderá presentar unha ou varias fotografías ou unha ou varias montaxes de fotografías. A fotografía ou fotografías serán orixinais, únicas e inéditas. Poderá(n) ser tomada(s) con cámara dixital, móbil ou outro dispositivo electrónico.

No caso de que nas fotografías aparezan imaxes que permitan a identificación de persoas, será necesario que a persoa participante no concurso obteña o consentimento das persoas interesadas para a súa publicación. EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo quedan exentos de calquera responsabilidade.

5. Formato e tamaño

A técnica de realización será libre. As fotografías deberán enviarse en formato PNG, cunha resolución mínima de 300 píxeles e un tamaño máximo de 400 K.

6. Presentación das fotografías

As fotografías deberán enviarse ao correo electrónico cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com acompañando o formulario de participación. 

As fotografías serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso.

7. Prazo de presentación

Poderás participar desde o 10/03/2023 ata o 10/04/2023, ás 14.00 h.

Non serán válidas en ningún caso as fotografías recibidas antes ou despois do devandito prazo, así como as que non cumpran todos os requisitos do concurso. Igualmente non serán válidas as participacións correspondentes a perfís fraudulentos.

8. Valoración e xurado

O xurado estará composto por 5 persoas: dúas en representación de cada EUROPE DIRECT organizador e unha persoa experta en fotografía.

Para a elección das obras gañadoras teranse en conta os seguintes criterios:

-Adecuación á temática.

-Calidade.

-Orixinalidade.

-Mensaxe transmitida.

Ademais, valorarase a mensaxe europea, a presentación artística e a aplicación pedagóxica do seu contido.

9. Colaboración e difusión do concurso

O Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) da Universidade de Santiago de Compostela colaborará na difusión deste concurso.

10. Data de publicación de persoas gañadoras

Os nomes das persoas gañadoras serán publicados na páxina web do concurso o día 17 de abril de 2023.

As persoas gañadoras deberán remitir a documentación requirida polos centros EUROPE DIRECT co obxectivo de comprobar que reúnen os requisitos esixidos para a participación no concurso. No caso de que non sexa así, a persoa gañadora pasará a ser automaticamente a suplente 1 (elixida previamente polo xurado) e así sucesivamente.

11. Premios

Cada EUROPE DIRECT fará entrega de dous premios e haberá un total de 4 premios individuais a repartir. Os premios concederanse como figura a continuación:

- EUROPE DIRECT A Coruña:

1.º Premio: 1 Cámara de fotos

2.º Premio: 1 Tablet

- EUROPE DIRECT Lugo:

1.º Premio: 1 Cámara de fotos

2.º Premio: 1 Tablet

Cada persoa participante deberá indicar no formulario de participación o centro EUROPE DIRECT ao que presenta a súa fotografía.

Aos autores das fotografías premiadas notificaráselles a súa condición de gañadores a través da dirección de correo electrónico facilitada a efectos de comunicacións.

Os organizadores resérvanse o dereito para substituír os premios por outros de igual ou maior valor se algún ou todos os premios sinalados non estivesen dispoñibles por calquera motivo.

As persoas gañadoras poderán renunciar ao premio, pero, en ningún caso, poderán trocalo por outro distinto nin polo seu importe en metálico.

12. Entrega de premios

A entrega de premios realizarase nun acto para celebrar o 9 de maiode 2023, sempre que as medidas sanitarias o permitan.

Informarase oportunamente ás persoas gañadoras do lugar e hora exactos. As persoas gañadoras deberán recoller o premio persoalmente ou ben a través da persoa que designen.

Se non fose posible poñerse en contacto coas persoas gañadoras nos 3 días hábiles posteriores á comunicación, a persoa gañadora pasará a ser automaticamente a persoa suplente 1 (elixida previamente polo xurado) e así sucesivamente.