Estás en:

Servizo de Desenvolvemento Territorial e Medio Ambiente

Coidar e mellorar o medio ambiente, contorna no que desenvolverán a súa existencia as xeracións presentes e as futuras, é unha encomenda para toda a sociedade. Nunha contorna tan globalizada, as entidades locais, pola súa proximidade coa cidadanía, teñen un papel crave nesta responsabilidade. A
administración local desempeña un papel fundamental pois ten nas súas mans unha función motora da concienciación ambiental individual e colectiva.

A participación das Deputacións non debe cinguirse unicamente á concesión de fondos a través de plans ou convocatorias de subvencións. Nesta temática, a asistencia técnica é esencial. Ademais, a promoción de actuacións locais conxuntas e a creación de redes de interese son liñas de traballo que poden incrementar a óptica ambiental nas políticas locais.

"Ao considerar un problema a degradación do medio ambiente global, é fácil sentirse atafegado, completamente indefenso ante os efectos de calquera tipo de cambio. Pero debemos resistirnos a unha resposta así, porque a crise se resolverá só si aceptamos a nosa responsabilidade nela: educándonos a nós mesmos e aos demais, facendo o posible por reducir ao mínimo o consumo e o malgasto dos recursos, adoptando unha actitude política máis activa e esixindo o cambio. E quizá o máis importante: é necesario que xulguemos a nosa relación co mundo natural e renovemos, no nivel máis profundo da integridade persoal, a conexión con el. Isto só será posible si renovamos o que é auténtico e verdadeiro en todos os aspectos da nosa vida".

Al Gore. A Terra en xogo