Estás en:Economía e facenda Conta doada

Conta doada

29 SETEMBRO E 6 DE OUTUBRO DE 2017: DÚAS EDICIÓNS DO CURSO SOBRE "CONTA DOADA II", A APLICACION INFORMATICA DE CONTABILIDADE POR PARTIDA SIMPLE DA DEPUTACION DA CORUÑA"

Fai oito anos, a Deputación da Coruña puxo a disposición das entidades sen ánimo de lucro da provincia unha apliación informática de contabilidade por partida simple, que, como sabedes, ten asinado o nome de Conta Doada.

No ano 2013, renovamos e melloramos o programa; fixemos un programa novo, en realidade. Conta Doada II non é soio unha apliación de contabilidade, xa que incorpora un xestor documental e unha aplicación de facturación, o que o fai más completo, pero tamen un pouco más complexo que a versión inicial.

No módulo de contabilidade, incorporamos, varias melloras: as mais significativas son a posibilidade de exercicio non coincidente co ano natural, o control de tesourería e opción de traballar en galego ou en castelán.

Como sempre, o programa é de descarga libre e de balde.

Tras os cursos feitos nos anos 2013, 2014, 2015 e 2016, imos facer unha nova tanda de cursiños co fin de que podades comezar a traballar co programa, ou mellorar o seu manexo, sendo o contido do curso similar ó ofertado nos anos pasados. En principio, faremos un único curso, para logo, se temos xente interesada, organizar os que sexan necesarios.

Temos a seguridade de que tanto co programa, como cos cursos, poderemos acadar maiores niveis de transparencia e seguridade xurídica, tanto nas relacións entre as entidades e a administración, como entre os responsables de cada entidade e os seus membros.

A axeitada contabilización e documentación da xestión económica das entidades non é só unha obriga inmediata dos que reciben fondos públicos, senon tamén unha responsabilidade que os xestores asumen fronte ó colectivo que representan ou ó que dirixen as súas accións.

A inscripción no curso realizarase únicamente de xeito informático, cubrindo os datos da ficha colgada no apartado "Conta Doada" da páxina web da Deputación

Entregaráselles un diploma acreditativo da asistencia ós participantes no curso.

O curso terá unha duración de 4 horas.

DATA LUGAR HORARIO
29-09-2017

A CORUÑA

Palacio Provincial, Av. Alférez Provisional 2, A Coruña, 6ª planta.

De16.30 a 20.30
6/10/2017

A CORUÑA

Palacio Provincial, Av. Alférez Provisional 2, A Coruña, 6ª planta.

De16.30 a 20.30 

 

Recomendamos que, antes de asistir ao curso, os alumnos descarguen e instalen a aplicación nos seus ordenadores e se familiaricen coa aplicación.

 

Formulario de inscrición aos cursos de Conta Doada

 
  • Nota:  Con motivo dos problemas de compatibilidade detectados, se desaconxella a instalación de Conta Doada en Windows 10

  • Ultima versión (2.5) en castelán
    Importante: Ler o manual de instalación antes de facer a instalación 
    Pode ocurrir que o navegador mostre unha alerta ó iniciar a descarga. Prema nas opcións da alerta para descargar o arquivo
  • Ultima versión (2.5) en galego
    Importante: Ler o manual de instalación antes de facer a instalación
    Pode ocurrir que o navegador mostre unha alerta ó iniciar a descarga. Prema nas opcións da alerta para descargar o arquivo
  • Actualización desde la versión 2.0 a la versión 2.5
    Actualización para corregir algunos errores de funcionamiento (versión 2.5)
  • Desinstalador do programa
    É conveniente usalo, despois de facer unha copia de seguridade, para desinstalar o programa se precisamos instalalo de novo
  • Versións anteriores