Estás en:Cultura Subvencións

Subvencións

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

CONCELLOS. Subvencionamos a contratación do persoal da área de cultura, a través das liña FO206, e do persoal de atención e dinamización dos museos e centros de interpretación municipais, a través da liña FO216. Con elas, en 2017 favorecemos a contratación de 16 técnicos e técnicas de xestión cultural, de 53 animadores e animadoras socioculturais e de 39 técnicos e técnicas para a atención e dinamización dos museos e centros de interpretación dos concellos da provincia.

CONCELLOS. Axudamos economicamente ao funcionamento das Escolas de Música, Escolas de Danza e Conservatorios Municipais, coa liña FO207. En 2017 foron 8 conservatorios e 22 escolas as beneficiadas no presente ano pola liña específica de apoio ao mantemento da actividade destes centros socioeducativos.

CONCELLOS E ENTIDADES. Apoiamos a celebración, consolidación e mellora estrutural dos festivais de artes escénicas, música e audiovisual dos concellos, coa liña FO221, e das entidades sen ánimo de lucro, coa liña FO223. Estas liñas -as economicamente máis relevantes de Galiza para o ámbito dos festivais- serven para favorecer a estabilidade de eventos como o Curtocircuíto, Cineuropa, Cinema Crianza, Carballo Interplay, Chanfaina Lab, S8, FIOT de Carballo, Feito a Man ou Festigal.

ENTIDADES. Apoiamos o desenvolvemento das actividades, proxectos e investimentos culturais das asociacións culturais, das ANPAS e das asociación de natureza social e veciñal, coas liñas FO203 e FO204. Máis de 300 entidades benefícianse anualmente destas axudas.

ENTIDADES. Creamos liñas específicas de apoio para as programacións culturais das fundacións do ámbito cultural, coa liña FO200, e para o campo da cultura popular e tradiconal (bandas de música, entidades de música coral e asociación e colectivos de música e baile tradicional) coas liñas FO213 e FO214. Con elas apoiamos entidades como a Fundación Luís Seoane, a Fundación Torrente Ballester, a Fundación 10 de Marzo ou a Fundación Pondal, nun caso, e colectivos como Xacarandaina, a Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos, Toxos e Froles, a Coral Polifónica El Eco ou a Banda Municipal da Visantoña, noutro.

EMPRESAS E ENTIDADES LUCRATIVAS. En 2018 lanzamos dúas liñas novas de subvencións: a liña FO301 para a distribución de contidos audiovisuais en lingua galega e a liña FO300 de apoio ao desenvolvemento de proxectos singulares de especial interese cultural.

ENTIDADES PROFESIONAIS E SINGULARES. Apoiamos ás asociacións profesionais representativas dos sectores profesionais da cultura galega. A Academia Galega do Audiovisual, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, a Asociación Galega de Editoras ou a Asociación Sindical Galega de Guionistas son algunhas das diferentes entidades que contan co noso apoio económico e colaboración.