Europe Direct A Coruña preparou para os membros do Club UE unha serie de actividades en liña sobre a temática "Información vs. Desinformación".
Nas vindeiras semanas teremos tres sesións (os xoves, xa sabedes) nas que vos convidamos a participar activamente. Atendendo ás preferencias que nos sinalástedes, as actividades darán comezo ás 16:00 horas.
Lembra que recibirás un certificado de participación e terás a oportunidade de seguir ampliando o kit de materiais do ClubUE ;)
ACTIVIDADES
Onde buscar información sobre a UE
Aprende a moverte na inmensidade do universo informativo europeo. Descubre onde atopar información veraz e oficial do teu interese. E, sobre todo, a quen has de chamar para saír de dúbidas.
Data: 18/02/2021
Hora: 16:00 – 17:00
Cres todo o que les nas redes? #UERadarBulos
Un taller con Maldita.es para a verificación de noticias falsas sobre a Unión Europea. Unha iniciativa da rede nacional de centros Europe Direct, coa participación da Representación da Comisión Europea en España.
Data: 25/02/2021
Hora: 16:00 – 17:30
Que non che colen nin un bulo!
Obradoiro práctico para analizar os principais impactos dixitais que hoxe recibimos , e como podemos resultar manipulados/as.
Aprender a analizalos, coñecer as tendencias e ver como acabamos enredados/as en micro-segmentacións que fan que só teñamos acceso a unha información moi sesgada.
Pequenas ferramentas no día a día para evitalo.
Data: 04/03/2021
Hora: 16:00 – 17:00
Soa interesante, non? Anótate xa!

Para poder participar nas actividades do Club UE has de ser membro. Date de alta aquí e volve a esta páxina para inscribirte.
En que actividades queres participar?