Estás en:Lingua O Galego, a miña lingua propia

O Galego, a miña lingua propia

Temos unha lingua que é moi rica e é nosa. Nela pódese facer ciencia, arte, cantar, debuxar e amar. O galego é a nosa lingua propia, un idioma en que se pode facer banda deseñada, rapear, ligar ou viaxar polo mundo enteiro. O galego é a nosa lingua propia e queremos gabarnos dela, porque si, porque nos peta. E temos exemplos abondo nos que nos reflectir!!!!

Potenciar o uso asiduo do galego en todos os ámbitos da vida e afortalar a identidade lingüística da poboación moza, estes son dous dos obxectivos trabe da nova campaña de dinamización lingüística lanzada pola Deputación da Coruña, e que durante os vindeiros meses percorrerá os centros de ensino secundario de 43 concellos da provincia.

A presente campaña diríxese á xente nova á que quere ofrecerlle referentes atraentes para ela, por mor da súa actividade pública e que, ademais, sexan ou poidan constituírse tamén en referentes en canto ao uso da lingua e ás actitudes de compromiso cara a ela. Un proxecto ambicioso e ilusionante e que lle trasladará á mocidade o positivo de empregar o galego, en todos os ámbitos da vida como o fan nos seus respectivos as xentes que forman parte do proxecto en primeira persoa, mais abre a participación a todo o persoal técnico, profesorado, e alumnado que participará de xeito activo, aprendendo e gozando con profesionais de ámbitos tan variados como a música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, todas elas co galego como lingua propia.

As persoas encargadas das actividades son profesionais destacadas, interesantes polos seus respectivos ámbitos e cun recoñecido compromiso coa lingua e levarán un total de 91 actividades ós centros de educación secundaria dos seguintes concellos da provincia da Coruña : A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.

'O galego, a miña lingua propia' pon en valor que temos un idioma propio, para convencer á mocidade de que o incorpore á súa vida cotiá; tamén busca reafirmar o uso da lingua en mozos e mozas que a usan só nalgúns contextos, crear demanda de falantes de galego, promover a sensibilización idiomática e en definitiva fomentar unha actitude positiva dos e das adolescentes fronte á lingua, gozando con ela de todas as actividades propostas.

LUNS 18 XUÑO I MELIDE

11h45 Fran Cañotas I Taller de xornalismo deportivo
Lugar: IES Melide

12h35 Fran Cañotas I Taller de xornalismo deportivo
Lugar: IES Melide

LUNS 18 XUÑO I OROSO

12h30 A raíña vermella I Charla-reflexión sobre o uso do galego na sanidade

Lugar: IES de Oroso

13h20 A raíña vermella I Charla-reflexión sobre o uso do galego na sanidade

Lugar: IES de Oroso

LUNS 18 XUÑO I FRADES

15h35 MONOULIOUS DOP I Música, diversión e participación

Lugar: CPI Ponte Carreira

16h25 MONOULIOUS DOP I Música, diversión e participación

Lugar: CPI Ponte Carreira

MÉRCORES 20 XUÑO I AMES

09h40 Laura Romero I Presentación do proxecto 'As mulleres na música galega'

Lugar: IES Bertamiráns

MÉRCORES 20 XUÑO I RIANXO

11h20 MJ Perez I Música e audiovisual

Lugar: IES Félix Muriel

12h30 MJ Perez I Música e audiovisual

Lugar: IES Félix Muriel

MÉRCORES 20 XUÑO I ABEGONDO

12h00 García MC I Obradoiro de Hip Hop e Rimas

Lugar: IES Viós

13h30 García MC I Obradoiro de Hip Hop e Rimas

Lugar: IES Viós

XOVES 21 XUÑO I ARZÚA

11h00 Xurxo Souto I Somos un pobo de artistas!

Lugar: IES de Arzúa