galego | castellano
: Normalización Lingüística

Normativa ortográfica

NORMATIVA ORTOGRÁFICA

Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e dicionarios da lingua galega, esenciais para a súa normalización: Compendio de gramática gallega-castellana, de Francisco Mirás (1864) e Gramática Gallega, de Saco e Arce, un estudo serio do idioma galego. Case catro séculos despois da do castelán e tres da do portugués. Todos estes séculos a lingua evolucionou sen normativas nin estudos o que deu lugar á grande variedade lingüística do galego, variedades de formas, de terminacións, de pronuncias,... que deron lugar a múltiples problemas á hora de definir unha única normativa para a nosa lingua.

Dende a primeira gramática foron aparecendo diferentes entidades, grupos e colectivos que loitaron pola normalización da lingua.

En 1982 aparecen as primeiras Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega elaboradas conxuntamente pola Real Academia da Lingua Galega e o Instituto da Lingua Galega. Esta será a primeira normativa oficial, promulgada coa aprobación da Lei de normalización lingüística de 1983.

Esta normativa sufriu unhas pequenas modificacións en 1995.

O día 12 de xullo de 2003 o pleno da Real Academia Galega aprobou a proposta de modificación da normativa. Hoxe esta é a normativa oficial do galego: Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega 2003