galego | castellano
: Normalización Lingüística

Recursos da lingua

Estamos nun espazo para o galego, con ferramentas, innovación, coñecemento e información.

Desde aquí podemos acceder a algúns avances que nos últimos tempos fixeron da lingua galega unha lingua de futuro e innovación; unha lingua que camiña cara á súa recuperación.

A permanencia das linguas no tempo depende, en gran medida, das ferramentas que as actualizan para achegalas ás novas necesidades. Por iso ofrecemos aquí algúns recursos que hoxe están ao noso dispor para mellorar a escrita da nosa lingua. Esta lingua que é hoxe símbolo da nosa identidade, expresión do noso desenvolvemento económico e social e proxección da nosa imaxe no mundo.

Ao alcance de todos e todas está escribir en galego con certificado de calidade e marca de orixe.
Unha lingua para un tempo novo, a nosa, o galego.

 

Recursos de Lingua:

https://recursosparaogalego.dacoruna.gal/

Kit dixital para a normalización lingüística: Recurso pensado para facilitar o traballo das persoas que están a participar na normalización do galego, especialmente das que realizan o seu labor desde os concellos de Galicia.

ENREDADOS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL