Estás en:Novas

A Deputación concede 45 bolsas de 3.500 euros para deportistas da provincia da Coruña

En total destináronse 157.500 euros para o apoio a deportistas que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional
"Un dos propósitos da Deputación é estar ao carón dos nosos deportistas para que poidan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel", afirma a deputada de Deportes, Cristina Capelán

A Deputación concede 45 bolsas de 3.500 euros para deportistas da provincia da Coruña

. A Deputación da Coruña, no seu labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, vén de conceder este ano 45 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destacan en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A través desta convocatoria destináronse 157.500 euros, que foron a parar a deportistas de diferentes disciplinas. Concedéronse 8 de atletismo, 3 de bádminton, 1 de ciclismo, 9 de halterofilia, 1 de esgrima, 2 de judo, 2 de karate, 1 de loita olímpica feminina, 3 de natación, 2 de piragüismo, 3 de remo, 1 de remo olímpico, 1 de surf, 3 de taekwondo, 1 de tiro con arco, 1 de tríatlon e péntatlon moderno, 2 de vela e 1 de ximnasia.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, afirmou que "un dos propósitos da Deputación é estar ao carón dos nosos deportistas para que poidan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel".

Incremento da dotación

Nos últimos anos o goberno provincial incrementou notablemente o importe destinado a bolsas para deportistas, pasando de 30 bolsas de 2.500 euros a 45 bolsas de 3.500 euros. Ademais, ampliouse tamén o rango de idades, permitindo que os deportistas de entre 24 e 30 anos poidan participar na convocatoria.

Entre os requisitos desta liña estaba o de que os e as solicitantes tiñan que practicar un deporte que pertenza a unha das disciplinas incluídas no programa oficial dos Xogos Olímpicos de Tokyo. Ademais, os/as candidatos/as tiñan que acreditar o seu historial deportivo durante o ano 2020, constando as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais e internacionais e o proxecto deportivo da tempada actual.

As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade das persoas solicitantes:
Grupo A: 15 bolsas para deportistas de 12 a 17 anos
Grupo B: 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos
Grupo C: 15 bolsas para deportistas de 24 a 30 anos.

LISTAXE BENEFICIARIOS COAS BOLSAS DEPORTIVAS 2021

DEPORTISTA

CONCELLO

DEPORTE

LAURA RICO BOUZA

NEDA

Atletismo

ALBA CUNS IGLESIAS

NEGREIRA

Atletismo

ELIAN NUMA LÓPEZ IGLESIAS

CEE

Atletismo

MARIA PENA FERREIRO

ORDES

Atletismo

ANA PELETEIRO BRIÓN

RIBEIRA

Atletismo

MARIA BELEN TOIMIL FERNANDEZ

MUGARDOS

Atletismo

CARMEN SANCHEZ PARRONDO

CORUÑA, A

Atletismo

MAURO TRIANA LÓPEZ

CORUÑA, A

Atletismo

ALBA PRADA RODRÍGUEZ

CORUÑA, A

Badminton

SANTOS IGLESIAS, LAURA

CORUÑA, A

Badminton

PAULA NOYA SEOANE

CORUÑA, A

Bádmiton

MARÍA FILGUEIRAS BARCENILLA

MIÑO

Ciclismo

IAGO FERNANDEZ GARRIDO

CORUÑA, A

Esgrima

RUTH FUENTEFRIA SANCHEZ

CORUÑA, A

Halterofilia

VEGA GARCIA PERNAS

CORUÑA, A

Halterofilia

TIAGO LARRAMENDI BALLADARES

BRIÓN

Halterofilia

LUCIA LOPEZ ROMERO

CORUÑA, A

Halterofilia

IRENE BLANCO TARELA

CORUÑA, A

Halterofilia

MARTÍN LISTE VIAÑO

TORDOIA

Halterofilia

IRENE MARTINEZ SANTIAGO

CORUÑA, A

Halterofilia

VICTOR CASTRO MARIÑO

CORUÑA, A

Halterofilia

CARLOS CASTRO MARIÑO

CORUÑA, A

Halterofilia

ESTRELLA LÓPEZ SHERIFF

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Judo

ALBERTO GAITERO MARTÍN

CORUÑA, A

Judo

XAVIER SANTOS VEIGA

TEO

Kárate

RUTH LORENZO COUSO

TEO

Karate

NEREA IGLESIAS CAMPOS

MELIDE

Loita Olímpica Femenina

PAULA OTERO FERNÁNDEZ

CORUÑA, A

Natación

MARIA DE VALDÉS ÁLVAREZ

CORUÑA, A

Natación

JACOBO GARRIDO BRUN

CORUÑA, A

Natación

ADRIÁN MOSQUERA RIAL

RIANXO

Piragüismo

CARLOS ARÉVALO LÓPEZ

BETANZOS

Piragüismo

ÁLVARO ALVEDRO DEL RÍO

CORUÑA, A

Remo

CAETANO XOSE HORTA POMBO

NOIA

Remo

MALENA BARRO CASANOVA

NARÓN

Remo

CANDELA MARTINEZ PERNAS

CEDEIRA

Remo Olímpico

SEBASTIÁN BAMONDE AMENEDO

CORUÑA, A

Surf

YERAY MANUEL SABUGUEIRO MORA

NOIA

Taekwondo

ALMA MARIA PEREZ PARRADO

BOIRO

Taekwondo

DESIREE RIVADULLA LORENZO

BOIRO

Taekwondo

DANIEL CASTRO BARCALA

PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS

Tiro con Arco

ANDRÉS CENDÁN LLORENS

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Triatlón e Pentatlón Moderno

ANTONI RIPOLL GONZALEZ

OLEIROS

Vela

MARCOS FERNANDEZ FUERTES

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Vela

ISMAEL NAVAZA EIRAS

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ximnasia