Estás en:Novas

A Deputación recoñece á xornalista de El País, Sonia Vizoso, como a mellor comunicadora en materia de Emprego, Industria e Economía

Hoxe fíxose entrega do recoñecemento no pazo provincial ao non poder asistir a galardoada ao acto de entrega da IV edición dos premios PEL

A Deputación recoñece á xornalista de El País, Sonia Vizoso, como a mellor comunicadora en materia de Emprego, Industria e Economía

A Deputación da Coruña recoñece dentro dos premios PEL o labor da xornalista de El País, Sonia Vizoso, como a mellor comunicadora en materia de Emprego, Industria e Economía.

A galardoada, que recolleu hoxe o recoñecemento no pazo provincial ao non poder asistir a pasada semana ao acto de entrega da IV edición dos premios PEL que se celebrou en Oleiros, conta cunha dilata experiencia profesional neste ámbito.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, cualificou o traballo de Sonia Vizoso como "imprescindible" para "dar a coñecer á sociedade, ademais do que marca a actualidade, unha análise máis ampla e profunda dos cambios de modelo que estamos a vivir no eido laboral e industrial".