Estás en:Novas

A Deputación licita por 429.803 euros as obras de construción de beirarrúas dende a N-547 ao núcleo de Outeiro, no Pino

A Deputación da Coruña licita por 429.803 euros as obras de construción de beirarrúas na DP 6601, dende o cruce coa N547 ata o lugar de Outeiro, no Concello do Pino.

A DP 6601 é unha estrada de titularidade provincial cunha lonxitude de 3,7 quilómetros que une a N-547 e a N-634, polo que presenta un elevado volume de tráfico, o que fai necesario mellorar a seguridade dos viandantes nesta zona, que actualmente carece de beiravía peonil.

As obras comezarán pola marxe dereita, logo da intersección coa N-547, nun tramo de 220 metros. Nos seguintes 400 metros executaranse beirarrúas por ambas marxes da estrada e nos últimos 170 metros só pola marxe dereita. O ancho das beirarrúas será de 2 metros e construiranse en baldosa de formigón vibrado con bordo.

Tamén se contempla a execución de tres treitos de aparcamento de vehículos, dous na marxe esquerda e un na marxe dereita, cun ancho mínimo de 2,5 metros e novo firme, así como os servizos de recollida de pluviais, saneamento, abastecemento de auga e alumeado e soterramento dos servizos de telefonía.

Continuación da senda peonil

Estas obras continúan as accións de mellora da seguridade viaria levadas a cabo pola Deputación na estrada DP 6601, onde actualmente se están executando as obras de construción dunha senda peonil de 3 quilómetros de lonxitude que une o cruce coa N-643 coas proximidades do lugar de Outeiro, discorrendo polos lugares de Vento e Piñeiro. Uns traballos que supoñen un investimento de 165.000 euros.

Con esta segunda parte das obras que agora sae a licitación, a Deputación completa o seu proxecto para mellorar a seguridade dos veciños destas zonas, que disporán de beiravías peonís en todo o percorrido da vía, o que facilitará os seus desprazamentos sen necesidade de ocupar a calzada.

Páxinas suxeridas