Estás en:Novas

‘Mulleres nas letras. De onte a hoxe’, cinco audiovisuais didácticos para coñecer as escritoras homenaxeadas no Día das Letras

As cinco escritoras ás que se lles dedicou o Día das Letras son as protagonistas desta iniciativa da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, co obxecto de promover a súa visibilidade e profundar no coñecemento das súas obras e traxectorias

‘Mulleres nas letras. De onte a hoxe’, cinco audiovisuais didácticos para coñecer as escritoras homenaxeadas no Día das Letras

A área de Normalización Lingüística e Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño, vén de completar a totalidade dos recursos audiovisuais da iniciativa 'Mulleres nas letras. De onte a hoxe'. Trátase de cinco micro-vídeos didácticos que xa están dispoñibles en liña para descarga libre para todo dipo de público, e nomeadamente para que, a comezos do vindeiro curso escolar, os centros educativos interesados poidan traballar especificamente sobre a figura da muller escritora e a súa visibilidade ao longo da historia.

A campaña púsoxe en marcha en maio, na contorna do Día das Letras, co duplo obxectivo de homenaxear en poñer en valor tanto obra como traxectoria das escritoras homenaxeadas como para visibilizar que en toda a historia do Día das Letras tan só foron cinco as mulleres escritoras homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).

Así, o primeiro dos vídeos dos vídeos realizados foi o de Xela Arias, no contexto das actividades programadas pola Deputación da Coruña con motivo do Día das Letras deste ano, e nesta mesma semana subiuse o útimo, dedicado a Francisca Herrera Garrido, e completando a totalidade dos recursos. Os micro-vídeos están concibidos cunha estrutura de preguntas e respostas interactivas para achegar á xente moza contidos relacionados coa obra e traxectoria das cinco escritoras de xeito ameno e atractivo.

Os recursos da campaña 'Mulleres nas letras: De onte a hoxe' están accesibles tanto no Youtube da Deputación coma no apartado de Normalización Lingüística da web da Deputación.

Páxinas suxeridas