Estás en:Novas

A Deputación destina 150.000 euros do Plan Único para dotar de abastecemento ao núcleo da Ponte Alvar, en Santiago de Compostela

O proxecto, que permitirá dar continuidade á rede xa existente en Albudiño, está en licitación ata o 10 de agosto

A Deputación destina 150.000 euros do Plan Único para dotar de abastecemento ao núcleo da Ponte Alvar, en Santiago de Compostela

A Deputación da Coruña financia na súa totalidade, a través do Plan Único, un proxecto valorado en 151.655,27 euros para dotar do servizo de abastecemento de auga potable ao núcleo da Ponte Alvar, en Santiago de Compostela.

A obra, que está a licitación no perfil do contratante do Concello de Santiago de Compostela, permitirá dar continuidade á rede de abastecemento de auga potable municipal existente en Albudiño para dar servizo tamén á Ponte Alvar, situados ambos núcleos na parroquia santiaguesa de Fecha (San Xoán).

As obras a levar a cabo consistirán na instalación de 2.710 metros de tubaxes de polietileno de diferentes diámetros, 24 válvulas de comporta, 7 ventosas, 12 bocas de rega coas correspondentes arquetas de aloxamento e, finalmente, a reposición do pavimento afectado.

O prazo para enviar ofertas remata o próximo martes, 10 de agosto, e o tempo estimado de execución dos traballos é de 3 meses desde o inicio das obras.

Páxinas suxeridas