Estás en:Novas

A Deputación convoca unha liña de axudas de 200.000 euros para que entidades sociais e sociosanitarias adquiran vehículos adaptados

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, sinalou Con esta liña queremos facilitar e apoiar o labor tan esencial que levan a cabo estas asociacións que asisten a persoas problemas de mobilidade ou de avanzada idade"

As solicitudes poden efectuarse ata o 30 de setembro

A Deputación convoca unha liña de axudas de 200.000 euros para que entidades sociais e sociosanitarias adquiran vehículos adaptados

A Deputación da Coruña convoca unha liña de axudas para que entidades sociais e sociosanitarias poidan adquirir vehículos para mellorar o seu equipamento e servizos. O prazo para presentar solicitudes abrirá mañá.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe o anuncio da convocatoria que conta cun orzamento de 200.000 euros e que se dirixe a entes sen ánimo de lucro que se atopen e desenvolvan a súa actividade no territorio provincial coruñés.

"Con esta liña queremos facilitar e apoiar o labor tan esencial que levan a cabo estas asociacións que asisten a persoas problemas de mobilidade ou de avanzada idade", indicou a deputada provincial de Benestar Social, Ana Lamas.

Os organismos interesados poderán solicitar a través destas subvencións un vehículo, entre os que figuran un furgón de carga, furgoneta de nove prazas, furgoneta de nove prazas con plataforma eléctrica para unha cadeira de rodas e chanzo eléctrico na zona da porta lateral dereita, furgoneta con plataforma eléctrica para cadeira de rodas e porta lateral esquerda ou mini bus de 18 prazas.

A presentación a estas axudas é compatible con terse presentado neste ano 2021 ás convocatorias do departamento de Servizos Sociais da Deputación.

O prazo para solicitalas abrirá mañá, 7 de agosto, e poderá realizarse ata as 14:00 horas do 30 de setembro vía telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación https://sede.dacoruna.gal/.

Páxinas suxeridas