Estás en:Novas

A Deputación promocionará a máis de 40 artesáns e produtores locais no Festival de La Luz

O ente provincial patrocina o encontro e promove o mercado no que se instalarán postos con produtos locais, artesanais e ecolóxicos da provincia

Valentín González Formoso definiu a feira como "unha oportunidade única para dar a coñecer o mellor do noso territorio e as potencialidades dos concellos do rural no ámbito artesanal, innovador e medioambiental"

A Deputación promocionará a máis de 40 artesáns e produtores locais no Festival de La Luz

Un ano máis, a Deputación da Coruña promocionará os produtos locais, artesanais e ecolóxicos da provincia no Festival de La Luz, que se celebrará en Boimorto os días 10, 11 e 12 de setembro.

"O Festival de la Luz é, ademais dun evento cultural e solidario de referencia, unha oportunidade única para que produtores da nosa provincia dean a coñecer o mellor do noso territorio, así como o potencial que teñen os concellos do rural no ámbito artesanal, innovador e medioambiental", expresou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Nesta edición do Festival serán 42 os produtores e produtoras que instalen os seus postos no Mercado Deputación da Coruña procedentes de concellos como Ames, Cambre, Santiago de Compostela, Sada, Ordes, Santa Comba, Noia, Malpica, Ferrol, O Pino, A Coruña, Camariñas, Cabanas, Valdoviño, Neda, Melide, Vedra, Ponteceso, Arzúa, Miño, Paderne, Abegondo, Culleredo, Curtis ou Oroso.

Como noutros anos, a Deputación reservará un posto propio para promocionar a provincia como destino turístico entre as persoas que asistan ao festival.

O Mercado Deputación da Coruña acollerá, deste xeito, espazos dedicados á artesanía, áreas expositivas, charlas, obradoiros e iniciativas para todos os públicos vencelladas á provincia. Unha feira con vida propia, na que os diferentes produtores asistentes tamén poderán, ademais de dar a coñecer o que ofrecen, crear novas sinerxías con outros establecementos, abrindo a posibilidade de configurar proxectos e fortalecer o comercio local nesta etapa de reactivación despois da crise económica xerada pola pandemia da covid-19.

Listaxe de produtores locais e artesáns participantes no Mercado Deputación da Coruña
SILVEREIRA (Ames)
VIODIVINITYS (Cambre)
NOGA ARTS (Santiago)
JOSÉ RAMÓN ARAGÓN (Sada)
ESTHER FERREIRO (Santa Comba)
CLAUDIA MOAR (Ordes)
O ZUNIDO DOS VAGALUMES (Cambre)
RECUNCHO DE CUCADAS (Noia)
NENE SON (Santiago)
ALFARERÍA LISTA (Malpica)
SANTÍN (Cambre)
VACATOLA (Ferrol)
COMPLEMENTOS LE-LÉ (O Pino)
GEMA SANDÁ (Coruña)
SILVINA MUÑOZ (Camariñas)
ESTILO PURATITI (Ames)
A CASTREXA (Cambre)
CABANAS RURAL (Cabanas)
JATAFARTA (Santiago)
UPALAH Artesanía (Valdoviño)
DAVID VARELA (Cambre)
EUGENIA DOMINGUEZ (Neda)
BULEBULE (Coruña)
LAIA ZAPATEIROS (Melide)
MAILO (Vedra)
REDEIRAS DE CORME (Ponteceso)
ORIXES ARTESANS (Ferrol)
MARÍA VIQUEIRA (Santiago)
MILENA COLELLA (Santiago)
PRADO NIMO (Arzúa)
FADEMUR GALICIA (Santiago)
PAULO MARTIN PM (Miño)
CASPERLOTA ATELIER (Paderne)
ASOCIACIÓN ARRAIANAS (Santiago)
PAZ NAVAS (Coruña)
CARQUEIXAS (Abegondo)
ORBALLO (Paderne)
AGAELA GALICIA (Culleredo)
LORENA BARCIELA (Sada)
BRAZOLINDA (Santiago)
JEROLAS (Curtis)
SOLEDAD MATO (Oroso)