Estás en:Novas

Minuto de silencio na Deputación contra a violencia machista

Corporación e persoal concentráronse este mediodía ante a sede da institución para condenar o asasinato de Mónica Marcos

Minuto de silencio na Deputación contra a violencia machista

Membros do goberno e da Corporación provincial, así como traballadoras e traballadores da Deputación da Coruña concentráronse este mediodía en silencio diante da sede institucional para mostrar a súa rotunda condena á violencia machista tras o asasinato de Mónica Marcos.

Na concentración participaron o presidente e o vicepresidente da Deputación, Valentín González Formoso e Xosé Regueira ademais de representantes dos grupos políticos representados na corporación provincial e persoal da institución.