Estás en:Novas

A Deputación homenaxea ao Hockey Club Liceo, gañador da Copa do Rei e a Supercopa de España

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destaca a traxectoria "do club máis laureado de Galicia, un auténtico embaixador da nosa provincia"

A Deputación homenaxea ao Hockey Club Liceo, gañador da  Copa do Rei e a Supercopa de España

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, presidiu esta mañá no Salón de Plenos da Deputación da Coruña a recepción oficial ao Deportivo Liceo, que vén de gañar a súa terceira Supercopa de España. Na recepción participou tamén o deputado Antonio Leira.

Capelán destacou a traxectoria "do club deportivo máis laureado de Galicia, cun palmarés que inclúe varias Ligas e campionatos de Europa e que é un auténtico embaixador da cidade e da provincia da Coruña".

"Durante o seu case medio século de historia, o Liceo contou sempre co apoio da Deputación", afirmou Cristina Capelán, que sinalou que a Copa de Rei e a Supercopa 2021 que desde este ano ocupan as súas vitrinas "engrandecen aínda máis a lenda deste gran club que nos enche de orgullo como coruñeses".

Pola súa banda, o capitán do Liceo, David Torres, agradeceu en nome do equipo "o apoio continuo da Deputación, que é moi importante para o club" e dixo que é "un orgullo" para o cadro de xogadores seguir traendo títulos á Coruña.

Capelán e Leira desexaron aos xogadores moitos éxitos deportivos na nova tempada.

Páxinas suxeridas