Estás en:Novas

A Asociación de Municipios do Camiño, a Deputación da Coruña e a Fundación Podoactiva impulsan o programa “Aos pés do peregrino”

O proxecto, presentado esta mañá no Monte do Gozo, está a ser impulsado pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago da man da Fundación Podoactiva, co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia

A Unidade Móbil da Fundación Podoactiva desprázase ata as localidades coruñesas O Pino, Arzúa e Melide e a propia Santiago de Compostela para dar cobertura podolóxica aos peregrinos do Camiño Francés.

A Asociación de Municipios do Camiño, a  Deputación da Coruña e a Fundación  Podoactiva impulsan o programa “Aos pés do peregrino”

O proxecto: "Aos pés do peregrino: Unidade Móbil podolóxica no Camiño de Santiago" coidará da benestar dos peregrinos durante todo o mes de setembro e parte de outubro nos municipios coruñeses de Santiago de Compostela, O Pino, Melide e Arzúa. Así o presentaron este martes a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago ( AMCS), a Deputación da Coruña e a Fundación Podoactiva.
O acto tivo lugar no Albergue de Peregrinos do Monte do Gozo e contou con Antonio Leira, deputado provincial, Manuel Taboada, alcalde do Pino; Xosé Igrexas, tenente de alcalde de Melide; e Miguel Subirá, director xerente da Fundación Podoactiva.

A través desta iniciativa impulsada pola AMCS e financiada pola Deputación da Coruña, a Fundación Podoactiva pon a súa Unidade Móbil completamente equipada e o coñecemento dos seus profesionais ao dispor dos peregrinos do Camiño de Santiago Francés, dándolles consellos prácticos para coidar os seus pés no seu percorrido e tratando de aliviar as doenzas xurdidas como consecuencia do seu longo roteiro.
A Unidade Móbil situarase nas últimas etapas do Camiño, un momento en que os peregrinos adoitan levar moitas xornadas e quilómetros ás súas costas, e a deterioración física dos seus pés pode requirir de coidados podolóxicos e sanitarios que lles permitan concluír, sen demasiado sufrimento, o seu camiñar ata Santiago.

Antonio Leira, deputado de Facenda da Deputación da Coruña manifestou que a afluencia de visitantes do Camiño Francés xustifica a necesidade de atención das necesidades dos peregrinos para mellorar a súa experiencia no Camiño. Ademais, o deputado provincial ha resaltado o apoio da Deputación á Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, que realiza un importante labor de difusión do Camiño e é un exemplo de colaboración entre as distintas administracións.

Manuel Taboada, alcalde do Pino e membro da AMCS agradeceu que esta actividade "que pon o foco de novo nos peregrinos e en ofrecerlles os mellores servizos posibles" recaian en municipios da Coruña grazas á intercesión da Deputación da Coruña por aplicar un proxecto da Asociación de Municipios que integra a 107 municipios de todo o Camiño Francés.

Pola súa banda Xosé Igrexas, tenente de alcalde de Melide indicou que "esta iniciativa afunde as súas raíces no labor asistencial que se realizaba en moitos dos mosteiros e albergues co lavatorio dos pés aos peregrinos". "A acollida tradicional ao peregrino trasladada ao século XXI é o que nos trae hoxe aquí", afirmou.
Miguel Subirá, director xerente de Podoactiva, quixo aproveitar esta oportunidade para mostrar o orgullo que é para a compañía poder participar en actividades de carácter social. Ademais, quixo agradecer o seu bo entendemento con todas as entidades que forman parte do proxecto, facendo ver o importante que é hoxe en día a colaboración entre o sector público e a empresa privada para conseguir os nosos obxectivos como sociedade.

A Unidade Móbil trasladouse desde Aragón, onde durante cada ano presta cobertura podolóxica a unhas 6.000 persoas de máis de 150 localidades con dificultades de acceso a servizos e tratamentos de saúde, ata os albergues dos municipios de Melide, Ribadiso, Arzúa, O Pino e Monte do Gozo. A iniciativa púxose en marcha este pasado domingo e percorrerá os albergues durante un mes, con vocación de chegar a máis lugares e peregrinos do Camiño Francés a través da Asociación de Municipios e o apoio doutras institucións.

Durante este mes a Unidade Móbil atenderá entre 20 e 30 peregrinos diarios de 14 a 20 horas nos albergues públicos do Monte do Gozo, O Pino, Arzúa, Ribadiso e Melide ata o 18 de outubro. Atenderá abrigo urxencias dos peregrinos e realizará tamén traballos preventivos, entre eles ofrecer consellos prácticos para as longas camiñadas que lles esperan ata a súa chegada á tumba do Apóstolo.