Estás en:Novas

Ana Lamas apoia a Asarga no Día Nacional do Sarcoma

A deputada provincial Ana Lamas acudiu esta mañá á apertura da mesa informativa instalada pola asociación fronte ao Casino Ferrolán

Ana Lamas apoia a Asarga  no Día Nacional do Sarcoma

A deputada de Benestar Social participou na mesa informativa de Asarga

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, colaborou esta mañá coa Asociación Sarcomas de Galicia (Asarga) no labor de divulgación da enfermidade no Día Nacional do Sarcoma.

Acompañada das concelleiras ferrolás María Teresa Deus e Eva Martínez Montero, Ana Lamas acudiu esta mañá á apertura da mesa informativa instalada pola asociación fronte ao Casino Ferrolán, na rúa Real, co fin de concienciar e divulgar o labor da entidade.

Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a afectados dando soporte asistencial, habitacional, psicolóxico e de asistencia social ás persoas que padecen a enfermidade a
aos seu familiares co fin de mellorar a súa calidade de vida e as súas perspectivas sociosanitarias.

A presidenta da entidade, Lara Mantiñán, explicou que se trata dun cancro que "afecta a moita xente moza" e indicou que a asociación naceu para "asesorar aos pacientes, xestionar teleconsultas con hospitais especializados, dar visibilidade a este tipo de cancro e evitar que ningún paciente con sarcoma se sinta só".

Páxinas suxeridas