Estás en:Novas

Un relato sobre Culleredo gaña o premio ‘Hoxe escribo en’

O segundo premio gañouno un relato sobre Cabanas e o terceiro gañouno un relato sobre A Coruña

Presentáronse máis de trinta obras á convocatoria da área de Turismo e a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Un relato sobre Culleredo gaña o premio ‘Hoxe escribo en’

"As pedras do Xalo", de Verónica Eva Pérez Calvo, é o título do relato gañador do premio "Hoxe escribo en", convocado pola área de Turismo e a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Á convocatoria presentáronse máis de trinta obras compostas por un texto literario e unha fotografía.

Nesta edición, o relato gañador do concurso 'Hoxe escribo en' está ambientado en Culleredo e foi seleccionado por un xurado composto por persoal técnico da Biblioteca e da área de Turismo, presidido polo vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

Ademais as bases da convocatoria deste ano establecen segundo e terceiro premios. Así, o segundo premio recaeu no relato "Noite na casa grande de Cabanas" de Chus Galego e que está ambientado en Cabanas, e o terceiro no relato "El Nordés y la ciudad" de María Teresa Moreno Pena e que está ambientado na Coruña.

A gañadora do concurso recibirá como primeiro premio unha estadía de dúas noites para dúas persoas nun establecemento do tipo cabanas de turismo rural na provincia da Coruña; mentres que o segundo e o terceiro premios consisten nunha estadía dunha noite para dúas persoas nun establecemento do tipo cabanas de turismo rural na provincia da Coruña.

O obxectivo da convocatoria é o de premiar a creatividade e promocionar os recursos turísticos dos concellos da provincia da Coruña. Para participar era preciso redactar un relato e xuntar unha fotografía, ambientados ou referido a un concello en particular e que podía estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.

Páxinas suxeridas